Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de febrero de 2020

ALERTA LARANXA EN TODA A COSTA GALEGA


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de ampliar a alerta laranxa por temporal costeiro a todo o litoral galego.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a alerta laranxa actual no noroeste e oeste da provincia da Coruña e no litoral lucense ampliarase a partir do mediodía tamén ao suroeste da Coruña e á provincia de Pontevedra. Agardase mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros, que no noroeste da Coruña e en Lugo poden chegar aos 7 metros.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Debido ao temporal costeiro, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. É preciso tamén evitar aproximarse e vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns e fiestras.
Ademais, aconséllase extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (https://www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.