ACTIVADO O PLAN ESPECIAL POR RISCO DE INUNDACIÓNS DEBIDO AO AUMENTO DO CAUDAL EN VARIOS RÍOS
Ver documento CH Galicia-Costa(Ábrese nunha nova xanela)
Ver documento CH Miño-Sil(Ábrese nunha nova xanela)
Ver documento río Ladra en Begonte(Ábrese nunha nova xanela)
Ver documento CH Miño-Sil(Ábrese nunha nova xanela)
Ver documento río Ladra en Begonte(Ábrese nunha nova xanela)
As chuvias rexistradas ata o momento farán aumentar as posibilidades de desbordamentos nas bacías dos ríos Ouro, Landro, Covo , Parga, Ladra (provincia de Lugo), Eume, Mandeo, Mero, Xallas, Ulla (provincia da Coruña), Umia e Verdugo (provincia de Pontevedra) e Arnoia (provincia de Ourense).
Así o indican os sistemas de observación e control de Augas de Galicia, en colaboración con Meteogalicia, e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, polo que a Xunta de Galicia mantén activo o Plan Especial para o Risco de Inundacións en Galicia (Inungal) en fase de alerta. Isto quere dicir que poderán producirse inundacións puntuais nas bacías citadas, aínda que algunhas delas, como o caso do Parga, Arnoia, Ladra, Covo, Eume, Mero, Xallas, Ulla, Umia e Verdugo, poderán estar condicionadas pola xestión dos encoros correspondentes.
Deste xeito, cómpre prestar atención a estas medidas, que nos poden axudar a reducir riscos.
ACTUALIZACIÓN DA ALERTA LARANXA POR COSTEIROS
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun episodio adverso costeiro de nivel laranxa, que traerá ondas de 5 a 7 metros e vento moi forte a todo o litoral de Galicia. Segundo a previsión, os efectos deste fenómeno manteranse ata as primeiras horas do sábado día 14.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.