O Grupo de Emerxencias municipal de Cambados tivo traballo arreo debido aos asolagamentos e grandes balsas de auga rexistrados tanto no centro como nas parroquias. Avenida de Castrelo, Avenida de Galicia, Avenida de Vilariño, Avenida de Vilagarcía, O Pombal, Ribeira de Fefiñáns, Plaza de Abastos, Catro Camiños, zona do Centro de Dia de San Tomé, Rua Lugo, Rio da Ucha e o Colexio de Corbillón foron as zona máis afectadas.Os membros de Protección Civil traballaron en desatascar arquetas, cortar tráfico e sinalización.

O CIAE 112 Galicia rexistra preto de 400 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia vén de rexistrar un total de 373 incidencias relacionadas cos efectos da meteoroloxía adversa que está a afectar a nosa Comunidade desde as 00:00 e as 18:00 horas de hoxe.

Por provincias, a máis afectada foi A Coruña, onde se alcanzaron as 218. Pontevedra sumou 109 incidencias, seguida de Lugo con 33 e Ourense con 13 incidencias contabilizadas. A caída de árbores e pólas nas vías de circulación (55), accións de prevención de risco (48), anegamentos en garaxes (44), bolsas de auga nas estradas (32) e anegamentos en vivendas (32) foron as incidencias que máis se repetiron.
En canto aos concellos, destacan o de Santiago de Compostela e o de Ribeira con 22 incidencias, respectivamente; Porto do Son con 18 e A Pobra do Caramiñal e Ferrol con 12 en cada un deles. Na provincia de Pontevedra, Vigo alcanzou as 12, O Grove sumou 6 e A Estrada e Sanxenxo 4, respectivamente. Por outra banda, no concello de Monforte de Lemos rexistráronse 5 incidencias, en Pantón 3 e en Cervo 2. E, por último, na provincia de Ourense, A Peroxa, A Gudiña e Taboadela rexistraron 1 incidencia en cada un deles.
Rescatan a unha persoa que caeu ao mar no porto de Vilagarcía de Arousa
Unha persoa precisou ser trasladada ao Hospital do Salnés despois de caer esta tarde ao mar no porto de Vilagarcía de Arousa.Os feitos sucederon ao fío das 18:30 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.
Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia. Ademais, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, da Policía Local e Nacional e de Protección Civil da localidade.



No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.