Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta MOTOR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MOTOR. Mostrar todas las entradas

9 de marzo de 2020

MAÑÁ ABRE O PRAZO PARA QUE @S MOZ@S SOLICITEN AS AXUDAS PARA O PAGO DO PERMISO DE CONDUCIR DE COCHE E CAMIÓN


A partir de mañá e ata o 31 de xullo as mozas e mozas de Galicia poderán solicitar as axudas para o pago do permiso de conducir tipo B ou tipo C, isto é, de turismo ou camión, respectivamente. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta liña de axudas que forman parte do Plan Estratéxico de Xuventude da Xunta de Galicia.
A Xunta de Galicia, coa finalidade de mellorar a autonomía, mobilidade e empregabilidade da xente moza, pon en marcha esta orde que conta cun orzamento total de máis de 761.000 euros. Así, para a obtención do permiso de condución de clase B, de turismo, o importe da axuda será de 400 euros, e de 650 euros para o de clase C, o de camión.
Estímase que esta medida beneficiará a máis de 1500 mozas e mozos. Ás persoas beneficiarias faráselles un anticipo do 80% da axuda, se así o solicitan, unha vez que teñan notificada a concesión da achega económica. Cómpre sinalar que o prazo de solicitude podería rematar con anterioridade no caso de que se esgote o crédito orzamentario dispoñible.
As persoas interesadas en solicitar esta axuda deberán ter máis de 18 anos, estar empadroadas na Comunidade Autónoma desde hai un ano e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén teñen que estar matriculadas nunha autoescola de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter obtido o permiso entre o 1 de xaneiro e a data da presentación.
As solicitudes poden presentar por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, ou de maneira presencial en calquera rexistro oficial da administración.


6 de septiembre de 2019

XVII CONCENTRACIÓN DO ALBARIÑO DE CLÁSICOS EN CAMBADOS


O Club Clásicos Salnés acollerá o próximo 8 de Setembro a celebración da XVII Concentración do Albariño de Clásicos. Os asistentes a este evento poderán gozar co seguinte programa: Ás 09.00 horas terá lugar a apertura do parque pechado na Praza Fefiñanes, e ás 11.00 horas, peche do parque. Ás 11.30 horas, saída en roteiro pola comarca do Salnés dirixíndose cara á Adega Reitoral do Umia. Ás 12.30 horas está prevista a chegada á adega, onde se realizará unha visita guiada, así como a degustación de caldos, con ricos aperitivos. Ás 13.30 horas, saída en roteiro desde a adega por lugares pintorescos da comarca do Salnés, con dirección cara ao restaurante Forniños en Cambados. Ás 15.00 horas, aperitivo e comida no restaurante Forniños e ás 17.30 horas farase a entrega de detalles dos clubs participantes e ás 18.00 horas, fin da concentración. Máis información http://www.clubclasicosalnes.com




2 de noviembre de 2018

X RALLYE DO ALBARIÑO DE CÁSICOS NA FIN DE SEMANA CON IMPORTANTES NOVIDADES





Nova edición do Rallye do Albariño de Clásicos que ten o seu punto de partida na praza de Fefiñáns de Cambados. Este ano o rallye celebrarase os días 2 e 3 de Novembro, sendo esta última xornada na que leve a cabo o percorrido, o cal estará formado por un circuíto de aproximadamente 250 quilómetros que discorrerán por estradas da provincia de Pontevedra e como novidade tamén na provincia da Coruña (Milladoiro, Bertamiráns e Padrón).
A outra novidade será un circuito urbán nocturno desde a rúa Ourense e percorrerá o paseo marítimo, As Goritas e San Tomé entre outros puntos.
As verificacións administrativas comezarán o venres 2 ás 20.00 horas no Lugar de Cacabelos. Sábado 3, a partir das 08.00 horas proseguirase coas verificacións administrativas na Adega Martín Codax, mentres que a saída do rallye efectuarase desde a citada praza cambadesa ás 10.30 horas. O prezo da inscrición, para dúas persoas, será: -Socios de clubs, asociacións e escuadras baixo norma FEVA: 135 euros (ata o 22 de Outubro) e 155 euros (a partir do día 23 do citado mes) -Resto de participantes: 150 euros (ata o 22 de Outubro) e 170 euros (a partir do día 23 do citado mes) A inscrición incluirá a comida e cea, para dúas persoas. Máis información www.clubclasicosalnes.com
Tfno. Contacto: 666 143 144






11 de octubre de 2018

X RALLYE DO ALBARIÑO DE CLASICOS 2 E 3 NOVEMBRO “CAMBADOS”




Os vindeiros días 2 e 3 de Novembro, o Club Clásicos Salnés organiza o X Rallye do Albariño de Clásicos, xa o décimo aniversario do evento, e que como sempre parte da bonita vila de Cambados. O rallye constará de 280 kms aproximadamente, circulando por estradas da provincia de Pontevedra e de A Coruña.
Vai ser un rallye diferente ao doutros anos, al mesturar múltiples opcións, como tramos con intensa navegación, planos, circuito e un tramo especial que vos contaremos máis adiante . E como non, a parte social está asegurada como sempre con, avituallamento ao iniciar en Panaderia A Modia, descansos en Kartodromo de Valga, en Valga, comida para recuperarse para a tarde, en Galipark Multiaventura, en Padrón, volvemos máis tarde outra vez para recuperarnos coller forzas, y tomar algo en Galipark Multiaventura, en Padrón, e a tradicional mariscada nos bonitos salóns da Bodega Aquitania, en Cambados.
PROGRAMA
  • Verificacións: Bodega Martín Códax.
  • Parque pechado: Praza de Fefiñáns, Cambados.
  • Parada a media mañá: Kartodromo de Valga, en Valga.
  • Comida: Galipark Multiaventura, en Padrón.
  • Aperitivo a media tarde: Galipark Multiaventura, en Padrón.
  • Cea: Mariscada na Bodega Aquitania, en Cambados.
(Adxúntanse os Regulamentos do evento)
Podedes descargar a folla de inscrición, e consultar máis información na nosa páxina web www.clubclasicosalnes.com
Enlace directo INSCRIPCION ONLINE “NOVO”: https://goo.gl/forms/6uwHkbNlnuMm89h83
Enlace directo folla de inscripción en Doc: http://www.clubclasicosalnes.es/images/rallye/X2018/inscripcionX.doc

10 de noviembre de 2017

IX RALLYE DO ALBARIÑO DE CLÁSICOS EN CAMBADOS







Nova edición do Rallye do Albariño de Clásicos que ten o seu punto de partida na praza de Fefiñáns, na vila de Cambados. Este ano o rallye celebrarase na xornada de mañán sábado 11 de Novembro e estará formado por un percorrido de aproximadamente 280 quilómetros que se desenvolverán en estradas da provincia de Pontevedra. 

As verificacións administrativas levarán a cabo desde as 08.00 horas nas Adega Martín Codax, mentres que a saída do rallye efectuarase desde a citada praza cambadesa ás 10.31 horas. 

O prezo da inscrición, para dúas persoas, será: 
-Socios de clubs, asociacións e escuadras baixo norma FEVA: 130 euros (ata o 2 de Novembro) e 155 euros (a partir do día 3 do citado mes) 
-Resto de participantes: 145 euros (ata o 2 de Novembro) e 170 euros (a partir do día 3 do citado mes) 


A inscrición incluirá a comida e cea, para dúas persoas. 





31 de agosto de 2017

CONCENTRACIÓN CLÁSICOS DO SALNÉS















Club Clásicos Salnés celebrará o seu décimo quinto aniversario, os próximos días 2 e 3 de Setembro, con tal motivo, realizarán a XV Edición da Concentración do Albariño de Clásicos, nun formato ampliado de dous días de duración. O sábado darán a coñecer a ruta "Ruta do Pai Sarmiento", e o domingo a tradicional  "Concentración do Albariño de Clásicos".

Programa:

2 de Setembro de 2017  Ruta Pai Sarmiento (Inicio desde Vilanova de Arousa).

Coñece, descobre e aventúrate pola comarca do Salnés conducindo o teu Clásico, pola "Ruta do Pai Sarmiento".

Trátase dunha ruta na que coa axuda dun mapa, e  indicacións da organización, realizarase a Ruta que fixo este monxe no medievo,  ao voso ritmo, realizando paradas nos sitios mais pintorescos e emblemáticos, da comarca do Salnés, ao mesmo tempo que iredes resolvendo un cuestionario. Para coller forzas degustaredes un magnífico aperitivo na ruta.  Por suposto, haberá premios para os mellores equipos. 

Programa

    15:30 h.- Apertura Parque Pechado, en Vilanova de Arousa
    16:30 h.- Entrega de acreditacións e documentación (ata esta hora).
    16:45 h.- Saída do primeiro participante para realizar o Camiño do Pai Frai Sarmiento.  
    18:30 h.-  Punto intermedio onde degustaremos un aperitivo cun viño Albariño.
    20:30 h -  Fin do Camiño en Sanxenxo.
    21:30 h -  Cea e aloxamento en Hotel Restaurante Ardora (Sanxenxo), e entrega de Premios.

3 de Setembro de 2017   XV Concentración do Albariño de Clásicos  

Visita Adega Paco e Lola

A clásica concentración do Albariño de Clásicos, chega ao seu XV Edición, e para celebralo visitarán unha das Adegas de Albariño mais importantes da Comarca do Salnés , Adega Paco e Lola, situada no concello de Meaño.  

Programa

    09:00 h.- Apertura Parque Pechado, Praza FEFIÑANES
    11:00 h.- Peche Parque Pechado.
    11:30 h.- Saída en Ruta con Paseo por Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcia de Arousa.
    12:30 h - Chegada a Adega Paco e Lola, Visita guiada e degustación. 
    14:30 h - Aperitivo e Comida en Restaurante Forniños (Cambados) Con moito marisco da ría e    bo viño Albariño como todos os anos.
    18:30 h - Entrega de Premios e Fin da XV Concentración do Albariño de Clásicos.



E para calquera dúbida ou máis información:

Telf. de contacto e Whattsapp: 639.21.44.41
Dirección da internet:www.clubclasicosalnes.com
Correo electrónico: clubclasicosalnes@gmail.com






25 de agosto de 2017

ACCIDENTE GRAVE EN SANXENXO E OUTRO LEVE EN CAMBADOS








Unha colisión entre tres vehículos, rexistrada esta tarde en Sanxenxo, deixa dúas persoas feridas. Unha das vítimas quedou atrapada no interior do seu vehículo. Tivo que ser excarcerada polos efectivos de emerxencia.
O sinistro tivo lugar no quilómetro 20 da VG-4.1, preto da saída de Noalla, en dirección O Grove.
Unha persoa particular deu a voz de alarma ao 112 Galicia ás 14:20 horas desta tarde. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias e dos Bombeiros do Salnés, que se desprazaron ao punto cun equipo de excarceración. Ademais, tamén se informou ao Servizo de Emerxencias Municipal de Sanxenxo e á Garda Civil de Tráfico.

O ferido de maior consideración foi o condutor dun dos vehículos, no que viaxaba só, ao quedar atrapado e necesitar a intervención de Emerxencias Sanxenxo e Bombeiros do Salnés para liberalo, cortando o teito do coche, antes de proceder á súa evacuación. Segundo os servizos de emerxencias o home permaneceu consciente en todo momento.
No outro turismo viaxaban dúas persoas máis, que tamén foron trasladas ao hospital polos efectivos de Urxencias Médicas.
A aparatosidade do choque obrigou a cortar a Vía Rápida do Salnés na súa totalidade, habilitando desvíos para o tráfico rodado por estradas secundarias. Este corte mantívose ata as 17:00 horas aproximadamente debido aos labores de limpeza da calzada.
Por outra banda en Cambados pouco antes das sete da tarde tivo lugar outro accidente no que se viron involucrados unha moto e un coche.
O suceso tivo lugar na rúa o Pombal no que colidiron os dous vehículos sen lamentar danos de consideración nos ocupantes dos mesmos.
O conductor da moto presentaba feridas leves e non foi trasladado polos servicios médicos a ningún centro asistencial. 




PROTECCION CIVIL DE CAMBADOS ACODE A UN ACCIDENTE CON TRES FERIDOS












Tres persoas resultaron feridas –de carácter leve- ao colidir tres turismos que circulaban pola PO-549, en Vilanova de Arousa. Aínda que nun primeiro momento, o alertante que chamou ao 112 Galicia para informar do suceso, ás 09:30 horas, indicou que non había feridos, solicitou igualmente, asistencia para unha muller que sufrira unha crise de ansiedade.
Por iso, decontado, pasouse a alerta ao persoal sanitario. Ademais, informouse dende o CIAE aos axentes de Tráfico, Policía Local, Bombeiros do Salnés e a Protección Civil da localidade e de Cambados.
Finalmente, a muller e os dous mozos feridos rexeitaron a asistencia sanitaria. 




23 de agosto de 2017

PRESENTADAS AS 4 RUTAS MOTEIRAS DA PROVINCIA












O deputado delegado de Turismo Rías Baixas, Santos Héctor Rodríguez, presentou hoxe en rolda de prensa o catálogo que permitirá descubrir As Rías Baixas a través de rutas en moto. Santos Héctor sinalou que se trata "do primeiro folleto que se edita nesta categoría na nosa provincia e permitirá descubrir As Rías Baixas dunha maneira diferente". Baixo o nome de "Apaixonante. Rutas en moto, sinte Rías Baixas", a guía repartirase nas oficinas de turismo da institución provincial e tamén entre os clubs de motoristas de todo o Estado. O catálogo, que tamén estará dispoñible na páxina web www.turismoriasbaixas.com, propón catro rutas distribuídas ao longo de toda a provincia para gozar da beleza natural e da cultura milenaria de Pontevedra.
A primeira das rutas é a "Ruta Costa longa", que transcorre entre A Guarda e Catoira. Deste xeito, sinalou Santos Héctor, os e as motoristas coñecerán "os muíños do Folón e do Picón, as Pozas de Mougás, os concellos de Baiona, Vigo, Redondela, Pontevedra e Sanxenxo, a praia da Lanzada, O Grove, a Illa da Toxa, Cambados, A Illa de Arousa e Vilagarcía de Arousa", ademais dos concellos de inicio e de chegada.
A segunda das rutas é a "Ruta Costa curta", nesta ocasión entre Baiona e Pontevedra. Dentro do seu trazado os e as apaixonadas das motos poderanse deter "nas praias de Panxón, Patos e Prado, ademais de nos concellos de Vigo, Moaña e Cangas, onde poderán visitar Cabo Home mailo núcleo de Aldán, e tamén as vilas de Bueu e Marín", asegurou o deputado delegado de Turismo.
A terceira proposta chámase "Ruta Interior-Costa" e parte da Cañiza para chegar á Guarda. As persoas que escollan esta opción poderán "coñecer os concellos de Arbo, Salvaterra de Miño, Tui e a parroquia de Goián, en Tomiño", afirmou Santos Héctor.
A cuarta e última ruta, baixo o nome de "Ruta Interior", transcorre entre os concellos de Silleda e Poio. Tras deixar atrás lugares como o mosteiro de Carboeiro ou a fervenza do río Toxa, pasarán "por Lalín, Forcarei e Pontevedra", sinalou o deputado, para chegar ata o punto de chegada co conxunto histórico de Combarro como protagonista.
Santos Héctor sinalou que "no folleto inclúense os mapas de cada unha das rutas propostas, con información turística detallada de cada unha das localidades polas que transcorren". Ademais, tamén "algunhas pistas de actividades que se poden facer detendo unhas horas a motocicleta, como visitar as Illas Cíes, escapar ata Cabo Udra, bañarse na praia fluvial de Goián ou percorrer a senda do río Lérez, na capital pontevedresa", lembrou o deputado. A maiores, a guía tamén "facilita unha serie de consellos para facer viaxes longas en moto, que indican cuestións que se deben ter en conta antes de saír e tamén durante a viaxe".
A blogueira motorista Alicia Sornosa plasmará as rutas nunha guía online
Para a presentación da guía, a Deputación de Pontevedra contou coa presenza da xornalista, blogueira e influencer motorista Alicia Sornosa, "que xa pasou á historia por ser a primeira muller de fala hispana en dar a volta ao mundo en moto", asegurou Santos Héctor. Alicia Sornosa estes días está a percorrer a provincia de Pontevedra neste medio de transporte co obxectivo de "dar a coñecer o interesantes que son As Rías Baixas para visitalas a dúas rodas", sinalou o deputado, que lembrou que "Alicia Sornosa xa percorreu os cinco continentes relatando as súas experiencias na súa páxina web e nas súas redes sociais", nas que conta con entre 33.000 seguidoras e seguidores en Facebook ou os preto de 7.000 en YouTube, "e colabora tamén na guía Repsol".




13 de junio de 2017

V CONCENTRACIÓN "O MELLOR DE CADA CASA"












O vindeiro sábado 24 e domingo 25 de Xuño o municipio de Cambados acollerá a celebración da IV Concentración O Mellor de Cada Casa. Os asistentes a este evento que terá lugar no complexo deportivo de O Pombal,  poderán gozar de toda clase de espectáculos. 


O evento contará co seguinte programa:
Sábado 24:
14:00 apertura de inscripcións
17:00 xogos populares
19:00 concurso moto lenta e escape ruidoso
20:30 exhibición acrobática “CAJÖ STUNT”
22:00 cea moteira para inscritos
00:30 ruta nocturna polas rúas da vila cambadesa
01:00 festa nocturna na discoteca GALIMOVIL
Domingo 25:
9:30 almorzo para inscritos
11:30 ruta turística con parada para pincho, polos concellos vecinos
14:00 gran pinchada final, entrega de trofeos e regalos

Realizarase un sorteo de 2 entradas para o Gran Premio de Cheste.




8 de noviembre de 2016

O SÁBADO CELÉBRASE O VIII RALLYE DO ALBARIÑO DE CÁSICOS










Nova edición do Rallye do Albariño de Clásicos que ten o seu punto de partida na praza de Fefiñáns, na vila pontevedresa de Cambados. Este ano o rallye celebrarase na xornada do sábado 12 de Novembro e estará formado por un percorrido de aproximadamente 300 quilómetros que se desenvolverán en estradas da provincia de Pontevedra. 

As verificacións técnicas e administrativas levarán a cabo desde as 08.30 horas nas Adega Martín Codax, mentres que a saída do rallye efectuarase desde a citada praza cambadesa. 

As inscricións cerráronse a semana pasada toda vez que se completou o tope de participantes.

O prezo da inscrición, para dúas persoas, era: 
-Socios de clubs, asociacións e escuadras baixo norma FEVA: 125 euros (ata o 3 de Novembro) e 145 euros (a partir do día 4 dese mes) 
-Resto de participantes: 145 euros (ata o 3 de Novembro) e 170 euros (a partir do día 4 dese mes) 


A inscrición inclúe a cea, para dúas persoas, que se celebrará unha vez finalizado o evento. 





11 de octubre de 2016

CURSOS DE CONDUCIÓN SEGURA












A  Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia convoca cursos de formación en condución segura co obxectivo de achegar á mocidade actitudes seguras no uso do vehículo baseada no coñecemento dos factores de risco,  dos sistemas de seguridade do automóbil e da técnica de condución.
Destinatarios:

Mozos e mozas entre 18 a 30 anos, imprescindible que saiban conducir.
Non é preciso que sexan titulares de permiso, xa que, a escola dispón de homologación da DGT.

Lugar de realización:

Os cursos impartiranse nas instalacións da Escola Galega de Condutores San Martín SL
Plataforma de Estacionamento nº 2
Polígono Industrial de Teixeiro
15310 Teixeiro - Curtis (A Coruña).
Datas de realización: 29 e 30 de outubro de 2016

Inscricións:

Número de prazas máximo de 15 por día.
Número de prazas mínimo por día: 8
A inscrición será mediante envío de correo electrónico.

Selección:

A selección dos/as participantes realizarase por rigoroso orde de inscrición ata cubrir a totalidade de prazas por día.
A confirmación da obtención de praza realizarase por correo electrónico. No caso de que o/a solicitante non reciba un correo de confirmación de praza con anterioridade das 13:00 horas do día anterior de data solicitada para a realización do curso, considerase que non obtivo praza.
Programa, normas  e horario de desenvolvemento da actividade:
O curso desenvolve unha parte teórica de clases teóricas e técnicas de condución e aula virtual para a concienciación e socialización  e clases prácticas con manexo de vehículo tipo turismo.

Horario:

08:55 h Recepción de participantes e entrega de documentación.
09.00 h Clase práctica: simulador de superficies esvaradías.
10.00 h Clase teórica.
12.00 h Clase práctica: Freada con ABS.
12:45 h Clase práctica: Freada con avaría.
13:30 h Clase práctica: Slálom.
14:30 h Clase práctica: Círculo de Kann.
15:30 h Aula técnica
15:45 h Fin da xornada

Ao comezo da actividade os monitores/formadores solicitarán, a cada participante, o DNI ou documento acreditativo semellante.

Cobertura: O curso é gratuíto. O transporte ata o lugar de realización do curso e a manutención correrá a cargo do/a participante.
Recomendacións: Levar calzado axeitado e roupa de abrigo.

Para máis información:  xuventude.xunta@xunta.gal

Teléfonos : 981 545 822 e 981 545 937

Cristina Sánchez
OMIX - Concello de Cambados
La Merced- 1º piso
Tel. 986542663  // 673533331
Fax: 886090492




15 de septiembre de 2016

SEIS AROUSÁNS DETIDOS NA OPERACIÓN ALIGUSTRE-ORSO









Un dos detidos na operación



A Garda Civil, nunha operación conxunta coas policías italiana e belga, desartellou unha banda internacional que se adicaba ao roubo de coches de alta gama en distintos países europeos.

No marco da chamada operación Aligustre-Orso foron detidas 38 persoas, sete delas Pontevedra e Vilaboa, ademais doutras cidades españolas como Grabada ou Barcelona, e a incautación de 47 vehículos, precisan as fontes.

O subdelegado do goberno en Pontevedra, Antonio Coello, acompañado do coronel xefe da Comandancia da Garda Civil e os membros do equipo de investigación ofreceron detalles da operación este xoves en rolda de prensa.


Seis das 31 persoas que, finalmente, figuran como detidas no marco da operación Aligustre-Orso residían na provincia de Pontevedra, principalmente na comarca do Salnés. Eran, segundo a Garda Civil, "membros destacados" dunha rede internacional dedicada ao roubo de vehículos de luxo en Europa, coches que posteriormente enviaban ao norte de África.
Así o destacou o coronel xefe da Garda Civil en Pontevedra, Miguel Estévez, que detallou que estas detencións leváronse a cabo nas últimas horas en Vilanova de Arousa, Cambados, A Illa de Arousa e Pontevedra. Ademais, realizáronse rexistros en Paredes (Vilaboa), onde tiña residencia un destes detidos, un home de orixe marroquí.




11 de agosto de 2016

XIX CONCENTRACION MOTOS VELLAS DO SALNÉS










Quedan xa só uns dia. O domingo 28 de agosto,  concentración anual de Motos Vellas do Salnés", lembramos os puntos mais destacables:

-Só para motos de modelo anterior a 1970.
-Se a moto é anterior a 1950 o condutor esta convidado.
-Saída ás 11 en punto da Praza de fefiñans.
-Comida no parador de Cambados, este ano novo e mellor menú.
-Prezo con comida 30 euros, sen comida 12 euros.
-Preinscripcion obrigatoria.
-Percorrido: saldrá desde Cambados para achegarnos ata "O Muiño da Conda" onde teremos un bo petisco, desde aí, pasando por Barrantes e Ribadumia, subiremos ata o monte Lobeira, de alí continuaremos por András e Caleiro, praia das Sinas, Vilanova, a Illa e finalmente cambados.

Para encher a preinscripcion, ir a esta ligazón

Inscricion






11 de junio de 2016

IV CONCENTRACIÓN DE MOTOS "O MELLOR DE CADA CASA"









25 e 26 de Xuño IV CONCENTRACIÓN O MELLOR DE CADA CASA 

SÁBADO 25:
14:00h apertura inscricións
17:00h xogos populares
19:00h concurso moto lenta e escape ruidoso
20:30h exhibición acrobática JAQUE STUNT & NELSON PINA
22:00h cea moteira para inscritos
00:30h ruta nocturna polas rúas da vila cambadesa
01:00h festa nocturna con discoteca GALIMOVIL

DOMINGO 26
9:30h almorzo para inscritos
11:30h ruta turística con parada para petisco,
polos concellos veciños
14:00h gran picada final, entrega de trofeos e agasallos.

25 e 26 de xuño 2016

CAMBADOS  Na nova localización do Complexo Deportivo O Pombal

INSCRICIÓN 20€ POR PERSOA
CONTA MOTOCLUB ABANCA: ES20 2080 5044 3430 0006 6619
IMPORTANTE: en concepto poñer o nome e apelidos do inscritos

Tel. 698 159 844

omellordecadacasa.motoclub@gmail.com







25 de mayo de 2016

II CONCENTRACIÓN ESCARAVELLOS DO SALNÉS










Os días 25 e 26 de Xuño celebrarase por segundo ano Concentración - Caravana de vehículos clásicos marca VW refrigerados por aire na Comarca do Salnés.

PROGRAMA:
Dia 25

Recepción de Vehículos na Praza dá Feira (Concello Meaño) Entrega de Dorsais aos participantes.

Visita ao Concello do Grove, percorrido polo centro con parada en fronte ao Concello, parada na Estatua do Floreano, saída cara ao Museo do Mar Salgadoiras de Punta Moreiras, subida a Miradoiro de Siradella (espectaculares vistas á Ria). Baixada pasando pola praia dá Lanzada e parada na Capela de Ntra.Sra dá Lanzada.

Final primeira Etapa... Rumbo a Meaño de novo con Cea de Benvida e acompañamento ata o Hotel onde se celabrará a Cea.

Dia 26

Saída desde a Praza do Concello de Meaño cara a Sanxenxo Praza do Mar, (parada no Porto Deportivo),fotos e recepción de Prensa.

Despois rumbo cara á o conxunto Histórico Monumental de Combarro, Praza do Concello no Porto.

Mini Excursión: CATAMARAN Desde o porto de Combarro - Illa de Tambo

Desembarco e....  Rumbo a Meaño, Pazo de Lis
VISITA Guiada " Museo dá Muller Labrega" e posteriormente á beira mesma COMIDA DESPEDIDA, con grandes Sorpresas.









12 de noviembre de 2015

PRESENTACIÓN DO VII RALLY DO ALBARIÑO DE VEHÍCULOS CLASICOS







O sábado 14 de novembro celébrase o VII Rally do Albariño de Clásicos este ano "Memorial Manuel Alfaro" en recordo do desaparecido piloto, aínda que tamén haberá lugar para un recordatorio das vítimas de Carral e as nenas de Moraña, organizado polo Club Clásicos Salnés, e como vén sendo habitual con centro neurálxico en Cambados en cuxa praza de Fefiñans estará situado o parque pechado, a onde chegarán os coches logo de pasar as verificacións na Bodega Martín Códax. Este ano haberá a inscrición máis numerosa de todas as edicións, con participantes de toda Galicia, Zamora, Madrid e Portugal.

O rally constará de 258 km, circulando por algúns dos coñecidos tramos do Rally de Velocidade e dalgúns tramos novos, coas súas ampliacións, modificacións, bucles... Volverá ter bastante navegación, desde o primeiro tramo, con algún máis relaxado para gozar das preciosas paisaxes da zona, este ano como novidade e para pechar o rally haberá un tramo "Semiurban" no Tramo Especial CAMBADOS, no núcleo urbano de Cambados, este tramo, deseñouse para poder ver de cerca aos participantes, dirixido aos veciños de Cambados, así como a todos os que os queiran achegarse doutros municipios a velos. En si é unha posta en valor do Concello de Cambados con respecto aos eventos do motor. E para que non todo sexa o stress da condución e a regularidade na ruta, a parte social está asegurada con descansos na acolledora Cafetería VINTAGE en Moraña, comida para recuperarse e preparar a intensa etapa da tarde no Restaurante LOTUS de Caldas de Reis, xa a media tarde unha visita á Bodega Mar de Frades, na que poderemos degustar os seus ricos caldos e espumosos de Albariño, e para rematar como punto final, e como non podería ser doutro xeito, a tradicional mariscada en Cambados.
Dende a organización queren dar as grazas pola colaboración aos patrocinadores, ao concello de Cambados, Mancomunidade do Salnés, Protección Civil, Bodega Martín Códax, Bodega Mar de Frades e todos os voluntarios, que traballan todo o dia sen descanso, sen cuxa axuda non se podería celebrar este evento.

- *Zona Verificacións:* Bodega Martín Códax - A partir das 08:30 h.
- *Zona Parque Pechado:* Praza de Fefiñanes, Cambados - A partir das 09:00 h.
- Parada a media mañá: Cafetería VINTAGE, Moraña - A partir das 11:30 h.
- *Comida:* Restaurante LOTUS, Caldas de Rides - A partir das 14:00 h.
- *Aperitivo* a media tarde: Bodega Mar de Frades - A partir das 17:20 h.
- *Tramo Especial Cambados*: Praza Fefiñáns e Diante do Concello de Cambados - A partir das 19:30 h.
- *Cea*: Mariscada nun Restaurante de Cambados- A partir das 20:00 h.




11 de septiembre de 2015

ÉXITO DA RUTA AUTOCARAVANAS










A Ruta de Autocaravanas Yakart celebrou o pasado mes de agosto a súa terceira edición con récord de participación: 65 vehículos e 150 persoas sumáronse á experiencia. Esta ruta arrincou o venres 31 de xullo na Coruña e concluíu o 9 de agosto en Santiago, tras percorrer 18 concellos, con Fisterra, Muxía, Guitiriz, Ribadavia, A Garda, Vigo e Cambados como puntos finais e de saída. Tralo éxito, tanto de participación como en medios de comunicación, a organización xa pensa na cuarta edición, que se celebrará do 1 ao 10 de xullo de 2016.

As novidades da presente edición incluían a organización, que se fará a partir de agora a través dunha institución sen ánimo de lucro, o Caravaning Club Yakart, e a visita dos autocaravanistas ás Cíes, que se realizaba por primeira vez. En total, 670 quilómetros que permitiron aos participantes percorrer as catro provincias galegas e facer turismo dun xeito diferente.

Durante a presentacion, no Real Club Náutico da Coruña, o presidente do Caravaning Club Yakart, Antonio Jul, asegurou que "o obxectivo é atraer xente a Galicia e potenciar este tipo de turismo". Jul destacou o éxito que colleita cada edición a ruta: "O primeiro ano fomos 50 autocaravanas; o segundo, 40 e este 65" explicou "e non puidemos levar máis porque temos un tope pola xente que podemos meter para a cea-baile no barco en Cambados; ata se quedaron doce en lista de espera".

Áreas de autocaravanas



A expedición serviu este ano para inaugurar a área de Fisterra, de xestión privada, que se suma deste xeito ao centenar de zonas destinadas a autocaravanas que existen xa en toda Galicia. É a comunidade onde existen máis espazos de estacionamiento deste tipo, coa excepción de Vigo e de Ourense cidade, onde aínda non se crearon.

Con todo, debido á repercusión mediática da ruta, varios municipios mostraron o seu interese en acondicionar este espazo. Neste sentido, o alcalde de Friol, José Anxo Santos, e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, manifestaron ao presidente do Caravaning Club Yakart, Antonio Jul, a súa intención de crear un lugar específico de estacionamiento de autocaravanas. O compromiso destes dous alcaldes produciuse tras recibir no seu concello á III Ruta de Autocaravanas Yakart. "Grazas á ruta, todos os concellos se conciencian de que teñen que facer áreas de estacionamiento para atraer este tipo de turismo, que é o que máis se incrementou durante os últimos anos", afirmou Antonio Jul.