Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta COCHES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COCHES. Mostrar todas las entradas

29 de agosto de 2018

XVI CONCENTRACIÓN DO ALBARIÑO DE CLÁSICOS EN CAMBADOS



O Club Clásicos Salnes acollerá o próximo 2 de Setembro a celebración da XVI Concentración do Albariño de Clásicos. Os cerca de 100 autos e máis de 200 asistentes chegados de Madrid, Portugal ou de varios puntos de Galicia a este evento poderán gozar co seguinte programa: 09:30 h.- Apertura Parque Pechado, Pza FEFIÑANES. • 11:00 h.- Peche Parque Pechado. • 11:30 h.- Saída en Ruta con Paseo por Cambados, facendo un percorrido por esta bonita localidade da comarca do Salnés, e
dirixíndose a outros concellos da comarca. No Restaurante Forniños, aparcarán, para dirixirse á zona portuaria. • 12:00 h - Embarque en Catamarán Pelegrín no peirao de Tragove en Cambados, ruta marítima, aperitivo, e degustación dos caldos da adega Paco e Lola (Meaño) (poderase comprar viño no barco). • 14:30 h - Desembarque e ruta a pé cara a Restaurante Forniños (Cambados). 14:55 h – Aperitivo e mariscada no Restaurante Forniños (Cambados).

17:00 h - Saída en ruta cara ao concello de Vilanova de Arousa. 18:00 h - Chegada ao concello de Vilanova de Arousa, visita á Conserveira centenaria “Antonio Perez Lafuente” Pan do Mar. 19:00 h - Entrega Trofeos e Fin da Concentración na Conserveira Antonio Perez Lafuente.





5 de noviembre de 2016

O CAMBADÉS PABLO LÓPEZ NECESITA O NOSO APOIO









Preto de conseguir un soño, o cambadés Pablo López necesita todo o noso apoio. 
Máis que nunca, para poder ser seleccionado para o Mazda RoadTo24 Shootout e ter a oportunidade de conseguir unha bolsa de 100.000$ 
Clasificouse a través de iRacing e a pelota esta sobre a mesa dos xuíces, que martes decidirán que simracer viaxa a USA para pilotar os novos Mx5 Cup

Calquera apoio é válido, dar like, comentar ou compartir 



GRAZAS!




11 de octubre de 2016

CURSOS DE CONDUCIÓN SEGURA












A  Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia convoca cursos de formación en condución segura co obxectivo de achegar á mocidade actitudes seguras no uso do vehículo baseada no coñecemento dos factores de risco,  dos sistemas de seguridade do automóbil e da técnica de condución.
Destinatarios:

Mozos e mozas entre 18 a 30 anos, imprescindible que saiban conducir.
Non é preciso que sexan titulares de permiso, xa que, a escola dispón de homologación da DGT.

Lugar de realización:

Os cursos impartiranse nas instalacións da Escola Galega de Condutores San Martín SL
Plataforma de Estacionamento nº 2
Polígono Industrial de Teixeiro
15310 Teixeiro - Curtis (A Coruña).
Datas de realización: 29 e 30 de outubro de 2016

Inscricións:

Número de prazas máximo de 15 por día.
Número de prazas mínimo por día: 8
A inscrición será mediante envío de correo electrónico.

Selección:

A selección dos/as participantes realizarase por rigoroso orde de inscrición ata cubrir a totalidade de prazas por día.
A confirmación da obtención de praza realizarase por correo electrónico. No caso de que o/a solicitante non reciba un correo de confirmación de praza con anterioridade das 13:00 horas do día anterior de data solicitada para a realización do curso, considerase que non obtivo praza.
Programa, normas  e horario de desenvolvemento da actividade:
O curso desenvolve unha parte teórica de clases teóricas e técnicas de condución e aula virtual para a concienciación e socialización  e clases prácticas con manexo de vehículo tipo turismo.

Horario:

08:55 h Recepción de participantes e entrega de documentación.
09.00 h Clase práctica: simulador de superficies esvaradías.
10.00 h Clase teórica.
12.00 h Clase práctica: Freada con ABS.
12:45 h Clase práctica: Freada con avaría.
13:30 h Clase práctica: Slálom.
14:30 h Clase práctica: Círculo de Kann.
15:30 h Aula técnica
15:45 h Fin da xornada

Ao comezo da actividade os monitores/formadores solicitarán, a cada participante, o DNI ou documento acreditativo semellante.

Cobertura: O curso é gratuíto. O transporte ata o lugar de realización do curso e a manutención correrá a cargo do/a participante.
Recomendacións: Levar calzado axeitado e roupa de abrigo.

Para máis información:  xuventude.xunta@xunta.gal

Teléfonos : 981 545 822 e 981 545 937

Cristina Sánchez
OMIX - Concello de Cambados
La Merced- 1º piso
Tel. 986542663  // 673533331
Fax: 886090492




31 de agosto de 2016

XIV CONCENTRACIÓN DE COCHES CLÁSICOS DO ALBARIÑO










Cambados acollerá o próximo 4 de setembro a celebración da XIV Concentración do Albariño de Clásicos. Os asistentes a este evento poderán gozar co seguinte programa: 

Domingo 4 de Setembro, ás 09.30 horas terá lugar na praza de Fefiñanes a apertura do parque pechado. Ás 10.45 horas procederase ao peche do citado parque e ás 11.10 horas dará comezo a ruta con paseo polos belos lugares da vila pontevedresa. Ás 11.45 horas os asistentes embarcarán no Gran Catamarán Pelegrín no peirao de Tragove, para realizar unha ruta marítima, onde degustarán un aperitivo acompañado dos viños da adega Bouza do Rei. Ás 14.30 horas poñerán rumbo ao Restaurante Forniños, onde a partir das 14.55 horas serviráselles un aperitivo e a continuación unha exquisita comida. 
Pola tarde, ás 17:00 horas terá lugar a saída en ruta cara ao concello da Illa de Arousa onde visitarán o Museo da Conserva. Ás 19:00 horas no auditorio da Illa de Arousa, procederase á entrega de trofeos aos clubs participantes e fin da concentración. 



Máis información
www.clubclasicosalnes.com 










12 de noviembre de 2015

PRESENTACIÓN DO VII RALLY DO ALBARIÑO DE VEHÍCULOS CLASICOS







O sábado 14 de novembro celébrase o VII Rally do Albariño de Clásicos este ano "Memorial Manuel Alfaro" en recordo do desaparecido piloto, aínda que tamén haberá lugar para un recordatorio das vítimas de Carral e as nenas de Moraña, organizado polo Club Clásicos Salnés, e como vén sendo habitual con centro neurálxico en Cambados en cuxa praza de Fefiñans estará situado o parque pechado, a onde chegarán os coches logo de pasar as verificacións na Bodega Martín Códax. Este ano haberá a inscrición máis numerosa de todas as edicións, con participantes de toda Galicia, Zamora, Madrid e Portugal.

O rally constará de 258 km, circulando por algúns dos coñecidos tramos do Rally de Velocidade e dalgúns tramos novos, coas súas ampliacións, modificacións, bucles... Volverá ter bastante navegación, desde o primeiro tramo, con algún máis relaxado para gozar das preciosas paisaxes da zona, este ano como novidade e para pechar o rally haberá un tramo "Semiurban" no Tramo Especial CAMBADOS, no núcleo urbano de Cambados, este tramo, deseñouse para poder ver de cerca aos participantes, dirixido aos veciños de Cambados, así como a todos os que os queiran achegarse doutros municipios a velos. En si é unha posta en valor do Concello de Cambados con respecto aos eventos do motor. E para que non todo sexa o stress da condución e a regularidade na ruta, a parte social está asegurada con descansos na acolledora Cafetería VINTAGE en Moraña, comida para recuperarse e preparar a intensa etapa da tarde no Restaurante LOTUS de Caldas de Reis, xa a media tarde unha visita á Bodega Mar de Frades, na que poderemos degustar os seus ricos caldos e espumosos de Albariño, e para rematar como punto final, e como non podería ser doutro xeito, a tradicional mariscada en Cambados.
Dende a organización queren dar as grazas pola colaboración aos patrocinadores, ao concello de Cambados, Mancomunidade do Salnés, Protección Civil, Bodega Martín Códax, Bodega Mar de Frades e todos os voluntarios, que traballan todo o dia sen descanso, sen cuxa axuda non se podería celebrar este evento.

- *Zona Verificacións:* Bodega Martín Códax - A partir das 08:30 h.
- *Zona Parque Pechado:* Praza de Fefiñanes, Cambados - A partir das 09:00 h.
- Parada a media mañá: Cafetería VINTAGE, Moraña - A partir das 11:30 h.
- *Comida:* Restaurante LOTUS, Caldas de Rides - A partir das 14:00 h.
- *Aperitivo* a media tarde: Bodega Mar de Frades - A partir das 17:20 h.
- *Tramo Especial Cambados*: Praza Fefiñáns e Diante do Concello de Cambados - A partir das 19:30 h.
- *Cea*: Mariscada nun Restaurante de Cambados- A partir das 20:00 h.




31 de agosto de 2015

XIII CONCENTRACIÓN DO ALBARIÑO DE CLÁSICOS DO SALNÉS







Cambados acollerá o próximo 6 de setembro a celebración da XIII Concentración do Albariño de Clásicos. Os asistentes a este evento poderán gozar co seguinte programa:

Domingo 6 de Setembro, ás 09.30 horas terá lugar na praza de Fefiñanes a apertura do parque pechado. 

Ás 10.45 horas procederase ao peche do citado parque e ás 11.10 horas dará comezo a ruta con paseo polos belos lugares da vila pontevedresa. 
Ás 11.45 horas os asistentes poderán gozar cunha visita á adegaBouza do Rei, en Ribadumia, con degustación incluída, e ás 14.30 horas poñerán rumbo ao Restaurante Forniños, onde a partir das 14.55 horas se lles servirá un aperitivo e a continuación a comida.
Pola tarde, ás 18.30 horas, procederase no citado lugar á entrega de trofeos aos clubs participantes, e media hora máis tarde a concentración chegará á súa fin.

A nota musical da xornada estará a cargo do grupo Noite Fechada, que ofrecerá un concerto acústico.



Máis información

18 de agosto de 2015

XIII CONCENTRACIÓN DE CLÁSICOS DO ALBARIÑO











O Club Clásicos Salnés informa que o próximo dia 6 de Setembro se celebrará a "XIII Concentración Turística do Albariño de Clásicos na localidade Pontevedresa de Cambados. " O parque cerrado será na mítica "Praza de Fefiñáns".


Programa:

. "09:30 h.- Apertura Parque Pechado, Praza Fefiñáns

. 10:45 h.- Peche Parque Pechado.

. 11:10 h.- Saída en Ruta con Paseo por Cambados, facendo un percorrido por esta bonita localidade da bisbarra do Salnés, e dirixíndose a outros concellos da bisbarra como o de Meaño, visitando a zona de furanchos mais coñecida de Galicia, miradoiros. De ahi iremos cara ao concello de Ribadumia, dando un paseo e dirixíndose a Adega Bouza do Rei, en Ribadumia.

. 14:00 h - Saída en ruta cara ao Restaurante Forniños en Cambados.

. 14:30 h - Aperitivo e Comida en Restaurante Forniños(Cambados).

. 18:30 h - Entrega de Premios.

. 19:00 h - Fin da Concentración. "


A ficha de inscrición está dispoñible en www.clubclasicosalnes.com




13 de marzo de 2015

DOUS ACCIDENTES ONTE POLA TARDE EN CAMBADOS





Un autobús de transporte escolar da empresa Monbús e unha furgoneta colidiron esta tarde xunto o Colexio Salesiano "A Merced" en Castrelo. Ata alí deprazouse @Pc_Cambados. O percance so ocasionou danos materiais de escasa consideración e o susto dos rapaces que volvían para a casa trala xornada escolar.

Imaxes: P.C. Cambados
Duas horas máis tarde tres menores de idade resultaron feridos leves nun accidente de tráfico que se rexistrou  no lugar de Sineiro en Vilariño. No sinistro víronse implicados dous vehículos: un camión  e un turismo  no que viaxaban tres menores. A consecuencia do impacto resultaron feridos os tres menores, que referían dores cervicais, sendo trasladados ao centro de saúde de Cambados. Participaron no operativo, entre outros equipos, a Garda Civil e a Policía Local.
Dase a circunstancia que o lugar onde se produxo o segundo sinistro e xa demasiado normal que acontezan cada certo tempo accidentes






10 de septiembre de 2014

CONCENTRACIÓN DE COCHES CLÁSICOS






Cambados acollerá o próximo 14 de setembro a XII Concentración do Albariño de Clásicos. Os asistentes a este evento poderán gozar co seguinte programa: 

Domingo 14 de Setembro, ás 09.30 horas terá lugar na praza de Fefiñanes a apertura do parque pechado. Ás 10.45 horas procederase á pechadura do citado parque e ás 11.10 horas dará comezo a ruta con paseo polos belos lugares da vila pontevedresa. Ás 11.45 horas os asistentes poderán gozar cunha visita ás bodegas Terras de Lantaño, en Portas, con degustación incluída e xa, ás 14.30 horas, dará comezo no Restaurante Forniños o aperitivo e a comida da concentración. 
Chegada a tarde, ás 17.30 horas, comezará a ruta cara á antiga fábrica de conservas de Goday, na Illa de Arousa, lugar onde ás 18.30 horas levarase a cabo a entrega de premios da concentración.     





11 de noviembre de 2013

V RALLYE DO ALBARIÑO DE CLÁSICOS





Este vindeiro fin de semán o Club Clásicos Salnés celebra pola comarca a quinta edición do seu Rally do Albariño de Clásicos. O centro neurálxico da proba será Cambados, e os pilotos percorrerán un total de 320 quilómetros durante a xornada. Os coches pasarán por varios tramos do coñecido rally de velocidade e visitarán tamén o kartódromo de Valga. Na proba, que está dedicada a Manuel Contiñas, "Herco", parte como favorito o cambadés Jesús "Suso"  Míguez, con un BMW.


En O Salnés existe unha gran afección polo mundo do motor de época, e de feito hai clubes tanto de propietarios de turismos como de motos, que celebran varias actividades ao longo do ano.

Todo o prograna AQUÍ