

As novidades da presente edición incluían a organización, que se fará a partir de agora a través dunha institución sen ánimo de lucro, o Caravaning Club Yakart, e a visita dos autocaravanistas ás Cíes, que se realizaba por primeira vez. En total, 670 quilómetros que permitiron aos participantes percorrer as catro provincias galegas e facer turismo dun xeito diferente.
Durante a presentacion, no Real Club Náutico da Coruña, o presidente do Caravaning Club Yakart, Antonio Jul, asegurou que "o obxectivo é atraer xente a Galicia e potenciar este tipo de turismo". Jul destacou o éxito que colleita cada edición a ruta: "O primeiro ano fomos 50 autocaravanas; o segundo, 40 e este 65" explicou "e non puidemos levar máis porque temos un tope pola xente que podemos meter para a cea-baile no barco en Cambados; ata se quedaron doce en lista de espera".
Áreas de autocaravanas
A expedición serviu este ano para inaugurar a área de Fisterra, de xestión privada, que se suma deste xeito ao centenar de zonas destinadas a autocaravanas que existen xa en toda Galicia. É a comunidade onde existen máis espazos de estacionamiento deste tipo, coa excepción de Vigo e de Ourense cidade, onde aínda non se crearon.
Con todo, debido á repercusión mediática da ruta, varios municipios mostraron o seu interese en acondicionar este espazo. Neste sentido, o alcalde de Friol, José Anxo Santos, e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, manifestaron ao presidente do Caravaning Club Yakart, Antonio Jul, a súa intención de crear un lugar específico de estacionamiento de autocaravanas. O compromiso destes dous alcaldes produciuse tras recibir no seu concello á III Ruta de Autocaravanas Yakart. "Grazas á ruta, todos os concellos se conciencian de que teñen que facer áreas de estacionamiento para atraer este tipo de turismo, que é o que máis se incrementou durante os últimos anos", afirmou Antonio Jul.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.