Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta MOTOS VELLAS DO SALNÉS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MOTOS VELLAS DO SALNÉS. Mostrar todas las entradas

11 de agosto de 2016

XIX CONCENTRACION MOTOS VELLAS DO SALNÉS










Quedan xa só uns dia. O domingo 28 de agosto,  concentración anual de Motos Vellas do Salnés", lembramos os puntos mais destacables:

-Só para motos de modelo anterior a 1970.
-Se a moto é anterior a 1950 o condutor esta convidado.
-Saída ás 11 en punto da Praza de fefiñans.
-Comida no parador de Cambados, este ano novo e mellor menú.
-Prezo con comida 30 euros, sen comida 12 euros.
-Preinscripcion obrigatoria.
-Percorrido: saldrá desde Cambados para achegarnos ata "O Muiño da Conda" onde teremos un bo petisco, desde aí, pasando por Barrantes e Ribadumia, subiremos ata o monte Lobeira, de alí continuaremos por András e Caleiro, praia das Sinas, Vilanova, a Illa e finalmente cambados.

Para encher a preinscripcion, ir a esta ligazón

Inscricion






20 de agosto de 2015

18 CONCENTRACIÓN "MOTOS VELLAS DO SALNÉS"





O Club Motos Vellas do Salnés organiza a 18 Concentración de Motos Vellas e así o publicaban no seu blog.....

Fai xa 18 anos que un grupo de persoas, amantes dos ferros con dúas rodas, se puxeron de acordo (e non é doado), para fundar un club de motos clásicas, e entre outras cousa facer unha concentración anual. É aínda máis difícil continuar facéndoa 18 anos despois, hai moitos "elementos" en contra. Non obstante un ano máis temos o pracer de darvos toda a información sobre a nosa concentración, a XVIII, (a da maioría de idade).


As nosas normas ao igual que todos os anos só permiten inscribir motos cuxo modelo sexa anterior ao ano 1970.
A nosa intención é evitar facer unha concentración, que se encha de motos que non son nin clásicas nin modernas. Para estas outras motos, moi respectables, algunhas excepcionais, e dos que todos temos algunha, hai outras concentracións.
Repetimos que só podemos aceptar motos anteriores ao ano 1970.
Como detalle da organización, e ao igual que outros anos, todas as que veñan e estén matriculadas con anterioridade ao ano 1950, non pagan inscrición.
O prezo da Concentración é de 30 euros por persoa, no caso de que só queiras vir a dar a volta e tomar os pinchos serán 12 euros por persoa.



Detalle do percorrido -------------}}}}

Reunirémonos na Praza de Fefiñans a partir das 9:30 da mañá, para saír ás 10:30, polo que pedimos a máxima puntualidade.
Sairemos de acordo ao percorrido que podedes ver a continuación, pararemos en pouco máis de media hora no MUIÑO dá CONDA, onde teremos un pincho "completo", despois continuaremos co percorrido facendo un stop no miradoiro de Lobeira a facer unhas fotos, dende aí pasando por Vilagarcia acabaremos parando de novo a repoñer forzas na Estación Maritima de Villanova de Arousa, e dende aí sairemos para dar unha volta rápida pola Illa de Arousa e finalmente volver a Cambados, para aparcar na Praza de Fefiñans, e ir andando á comida que será no Parador de Cambados.

Despois da comida haberá brinde, alocucións varias e entrega de regalos e por suposto despedirémonos ata o ano seguinte.



Info e Imaxes- CLUB MOTOS VELLAS DO SALNES




24 de agosto de 2014

MOTOS VELLAS 2014















































Encontro e primeiro tramo do recorrido da Concentración de Motos Vellas 2014.
 Non faltou o recordo a Rafael Blanco, en forma de corazón de frores na moto que levaba a sua muller Rosi.

22 de agosto de 2014

XVII CONCENTRACIÓN DE MOTOS VELLAS EN CAMBADOS





O domingo, a partir das 10.45, a praza de Fefiñáns acollerá unha nova edición da concentración e exposición de motos vellas, organizada pola asociación Motos Vellas do Salnés.
Este ano como volven a querer incentivar a asistencia motos da maior antiguedade posible, por iso igual que xa fixeran noutras ocasións, para todo o que veña nunha moto anterior a 1950, o condutor terá a inscripción gratis.

Xa sabedes o domingo 24 de Agosto, os aficcionados ás motos gozarán de motos de antes de 1970 na praza de Fefiñanes en Cambados, onde os que queiran participar necesitarán a preinscripción obligatoria. Ás 11.00 horas sairán da praza para realizar un percorrido polas rúas do Salnés. 
Máis información CLUB MOTOS VELLAS DO SALNÉS

30 de julio de 2014

INFORMACIÓN DA CONCENTRACIÓN DE MOTOS VELLAS EN CAMBADOS






Os que vaiades participar xa podedes descargar a folla de preinscripción AQUÍ
Programa 2014: O domingo 24 de Agosto, os afeicionados ás motos gozarán de motos de antes de 1970 na praza de Fefiñanes en Cambados, onde os que queiran participar necesitarán a preinscripción obligatoria. Ás 11.00 horas sairán da praza para realizar un percorrido polas rúas do Salnés.

 Un ano mais , e con este , xa vai pola 17ª edición , xa está preparado  o cartel anunciando a Concentración do Club Motos Vellas do Salnes 2014 .
O reglamento como é habitual , non muda :
- Só admítense motos cuxo modelo de fabricación sexa anterior ao 1970 .
- A PREINSCRIPCION é OBLIGATORIA (sobre todo se tendes pensado quedarvos a xantar , as prazas no restaurante son limitadas)
- As motocicletas estarán en posesión de toda a súa documentación en regra (Seguro , ITV.....).


Seguiremos informando en vindeiros dias.


Info: MOTOS VELLAS DO SALNES