Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta RURAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RURAL. Mostrar todas las entradas

21 de enero de 2020

A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "CON MANS DE MULLER" CHEGA A CAMBADOS


O salón de plenos do concello de Cambados alberga estos días a exposición de fotografía "Con Mans de Muller" 25 imaxes que mostran as historias da vida das mulleres no noso rural.
A exposición estará visible ata o vindeiro 3 de febreiro.
25 imaxes coas historias de vida de mulleres do rural galego conforman a exposición Con mans de muller, coa que a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur) reivindica o territorio rural como un ámbito para a innovación a partir da historia real de mulleres galegas.
A mostra, que poderá visitarse no Claustro Alto de Fonseca de luns a venres de 09:00 horas a 21:00 horas, dá conta de traballos cotiáns elaborados en primeira persoa por mulleres diversas en idades e procedencias que evocan o saber popular e a tradición pero que tamén contribúen á modernidade, ao sustento de Galicia tanto a nivel económico como medioambiental e social.
Coa montaxe tratan de espallar a mensaxe de que as mulleres rurais están tamén implicadas na modernización e valorización da contorna. O futuro do rural non se pode construír, non se pode entender sen a nosa contribución pasada e presente.


10 de octubre de 2019

A EXPOSICIÓN "DESCUBRINDO O RURAL" DO GDR, CHEGA A CAMBADOS


O Concello de Cambados inaugura mañá venres a exposición itinerante «Descubrindo o rural», que está organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural ( GDR) O Salnés-Ulla-Umia. A mostra é o resultado do concurso de fotografía organizado por esta entidade co fin de animar a participación pública e privada no proceso de desenvolvemento e coñecemento do medio rural. Os gañadores do concurso levaron os seus correspondentes premios económicos pero, ademais, as súas imaxes forman agora esta exposición que percorrerá todos os municipios que forman parte do GDR.

A exposición poderá visitarse en Exposalnés dende o 11 ao 27 de outubro con entrada de balde en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:00; Sábados de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 e Domingos de 10:30 a 13:30h.


6 de junio de 2017

A XUNTA CONCEDE A CAMBADOS 43.000 € PARA ACONDICIONAR CAMIÑOS RURAIS













Os concellos de Pontevedra recibirán unha axuda total de 3,2 millóns de euros para o acondicionamento de camiños rurais de titularidade municipal. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, e polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, presentou esta mañá os detalles desta iniciativa aos alcaldes da provincia. Ángeles Vázquez destacou que esta intervención nos camiños enmárcase no obxectivo xeral do Goberno galego de fixar poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, a través de diferentes iniciativas que buscan entre outros obxectivos o da cohesión territorial. Intégrase no Plan de fixación dotado cun total de 231 millóns de euros.
A posta en valor de vías rurais permitirá actuar nuns 650 quilómetros en toda a comunidade ao longo dos vindeiros dous anos, segundo explicou a conselleira aos rexedores municipais. Trátase, dixo, de facilitar a accesibilidade a fincas e explotacións agroforestais, así como aos núcleos de poboación, unhas actuacións para as que se dedicarán 16 millóns de euros no conxunto de Galicia, cunha porcentaxe de axuda do 100% dos gastos subvencionables, agás o IVE, que correrá a conta dos concellos.
A titular de Medio Rural explicou ademais que o reparto destes fondos fixóse de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tendo en conta criterios obxectivos, como a poboación ou a ruralidade. Na seguinte táboa indícase o orzamento por concellos na provincia de Pontevedra:









24 de octubre de 2016

CAMBADOS CONTA CON NOVOS REPETIDORES DE INTERNET RURAL












Cambados é un dos concellos que contan con novos repetidores, o que mellorará o acceso a Internet Rural de toda a zona rural, sobretodo. O acceso mediante wimax é o ideal para moitos concellos de Galicia que non teñen oportunidade de contar con grandes núcleos con cobertura de fibra óptica ou tecnoloxías móbiles 4G. Xa non é necesario resignarse a un acceso deficiente baseado en tecnoloxías do par de cobre, onde debido á distancia coas centrais o servizo vai empeorando considerablemente. Se necesitas un mellor acceso a Internet, usa redes wimax, a proporcionada por estes novos repetidores en Cambados.

Se necesitas mellorar o teu acceso a Internet Rural desde Cambados agora telo moi fácil grazas á tecnoloxía wimax proporcionada polos novos repetidores instalados por Intermax. Deixa o teu teléfono no formulario de contacto e eles chamarán para resolverche calquera dúbida sobre o servizo que che poida xurdir, como puidese ser das tarifas, cobertura, instalación etc.

Información de contacto

24 horas.  900 866 972 
Correo electrónico: 
intermax@intermax.com.es 

Dirección de correo postal: 
Alexandre Bóveda Nº 5 C.P. 15800, Melide – A CORUÑA (GALICIA)