Artista visual e poeta, ademáis de Premio Nacional de Fotografía e representante no Pavillón de España da Bienal de Venecia no 2007, primeiro fotógrafo en ter esta honra.
Estades todos convidados este venres a achegarvos á inaguración da súa exposición La Rama Dorada, ás 20:00 no Pazo Torrado do artista Manuel Vilariño
Manuel Vilariño, artista visual e poeta, nace en A Coruña no ano 1952. Moi pronto sente a atracción polo entorno natural, a montaña e o océano, e as vivencias experimentadas durante esta etapa marcarán en gran medida o seu traballo futuro.
Durante a súa estancia como estudante en Santiago de Compostela adéntrase a través da bioloxía no coñecemento animal científico. A fotografía, a poesía e a natureza fusiónanse dando orixe ás súas primeiras exposicións individuais nos anos oitenta. O non ser, a morte, aparece dende os inicios da súa traxectoria como a gran protagonista, o elemento necesario que permite a continuidade da vida.
Pronto comeza a ser coñecido o seu traballo internacionalmente. No ano 1990 Londres e Nova York achegaranse a súa poética visual a través de exposicións individuais, ao igual que numerosas cidades europeas ao longo da década.
A pegada deixada na súa memoria polas viaxes á India marcarán unha nova etapa artística que perdurará ata finais da década do 2000. As especias e o seu cromatismo, as aves e a morte, a influencia brahmánica e a simboloxía relixiosa conxúganse creando a súa mitoloxía persoal.
No 2007 o seu Paraíso Fragmentado estará presente no Pavillón de España da 52º Bienal de Venecia, e a súa traxectoria artística será recoñecida no mesmo ano co Premio Nacional de Fotografía concedido polo Ministerio de Cultura. A reflexión filosófica e poética da súa obra conquista tamén America do Sur: Sâo Paulo, Río de Janeiro e Montevideo acollen a súa mostra Terra em Transe.
A traxectoria artística e vital de Manuel Vilariño transformarase no 2009, cando a morte se fai presente. Dende este momento, a súa poética fotográfica volve a mirada cara a montaña e o abismo do océano, na procura de atopar o silencio da aurora, do incorrupto.
Agora o animal está máis presente ca nunca na súa obra, elevado á categoría de ser simbólico e mítico. En palabras do propio Manuel Vilariño, o animal sinte, o animal ve, e o meu compromiso moral co el fai que intente ver a paisaxe cos ollos do animal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.