Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores". CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
13 de marzo de 2015
DOUS ACCIDENTES ONTE POLA TARDE EN CAMBADOS
Un autobús de transporte escolar da empresa Monbús e unha furgoneta colidiron esta tarde xunto o Colexio Salesiano "A Merced" en Castrelo. Ata alí deprazouse @Pc_Cambados. O percance so ocasionou danos materiais de escasa consideración e o susto dos rapaces que volvían para a casa trala xornada escolar.
Imaxes: P.C. Cambados
Duas horas máis tarde tres menores de idade resultaron feridos leves nun accidente de tráfico que se rexistrou no lugar de Sineiro en Vilariño. No sinistro víronse implicados dous vehículos: un camión e un turismo no que viaxaban tres menores. A consecuencia do impacto resultaron feridos os tres menores, que referían dores cervicais, sendo trasladados ao centro de saúde de Cambados. Participaron no operativo, entre outros equipos, a Garda Civil e a Policía Local. Dase a circunstancia que o lugar onde se produxo o segundo sinistro e xa demasiado normal que acontezan cada certo tempo accidentes
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.