Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de agosto de 2018

XVI CONCENTRACIÓN DO ALBARIÑO DE CLÁSICOS EN CAMBADOS



O Club Clásicos Salnes acollerá o próximo 2 de Setembro a celebración da XVI Concentración do Albariño de Clásicos. Os cerca de 100 autos e máis de 200 asistentes chegados de Madrid, Portugal ou de varios puntos de Galicia a este evento poderán gozar co seguinte programa: 09:30 h.- Apertura Parque Pechado, Pza FEFIÑANES. • 11:00 h.- Peche Parque Pechado. • 11:30 h.- Saída en Ruta con Paseo por Cambados, facendo un percorrido por esta bonita localidade da comarca do Salnés, e
dirixíndose a outros concellos da comarca. No Restaurante Forniños, aparcarán, para dirixirse á zona portuaria. • 12:00 h - Embarque en Catamarán Pelegrín no peirao de Tragove en Cambados, ruta marítima, aperitivo, e degustación dos caldos da adega Paco e Lola (Meaño) (poderase comprar viño no barco). • 14:30 h - Desembarque e ruta a pé cara a Restaurante Forniños (Cambados). 14:55 h – Aperitivo e mariscada no Restaurante Forniños (Cambados).

17:00 h - Saída en ruta cara ao concello de Vilanova de Arousa. 18:00 h - Chegada ao concello de Vilanova de Arousa, visita á Conserveira centenaria “Antonio Perez Lafuente” Pan do Mar. 19:00 h - Entrega Trofeos e Fin da Concentración na Conserveira Antonio Perez Lafuente.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.