– Concello, Zona Centro e a Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos participan este fin de semana nas Xornadas da Ostra.
– As Ostras terán un prezo de 10 euros a ducia e 5 euros media ducia, a recadación ira en beneficio do Club Juventud Cambados e van ser vendidas na Rúa Real, Praza de Rodas e a Praza Alfredo Brañas.
A Concellaría de Economía e Facenda do Concello de Cambados, xunto con máis dunha ducia de locais de hostalaría da asociación de Comerciantes de Cambados, Zona Centro e seis depuradoras de Tragove da Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos presentaron no día de hoxe as Xornadas da Ostra que se van celebrar este sábado e domingo en horario de 12:30h a 15:30h no casco histórico de Cambados, e na que contaremos coa musica tradicional a cargo das Asociacións de Cambados, Volandeira e Xironsa, que tamén van participar no evento.
Esta cita gastronómica, que vai servir para recadar fondos para o Club Juventud Cambados, xa que os ingresos pola venta das Ostras ira en beneficio do club deportivo, nace en Cambados con vocación de continuidade, xa que permitirá degustar a un prezo asequible un dos extraordinarios produtos da gastronomía local, e a vez, axudar economicamente a un club deportivo ou asociación municipal; neste caso vaise recadar fondos para o club de fútbol, pero tense previsto realizar noutras datas con outras asociacións ou clubs que mostren o seu interese en participar nesta iniciativa.
Segundo informaron dende a organización, o consumo deste produto cambades de acuicultura sostible vai aumentando progresivamente en Galicia e en toda España, aínda que segue sendo especialmente valorado nos nosos restaurantes locais. Con estas xornadas, Agade insiste no seu empeño de popularizar o consumo das Ostras de Cambados e “transformar a súa antiga aureola de produto elitista nun pracer ao alcance de todos”. Ostras e albariño resultan ser unha combinación perfecta e un motivo máis para, a partir de agora, visitar Cambados. A capital do Albariño pretende con esta iniciativa, que se vai celebrar este fin de semana, poñer en valor a súa capacidade produtiva de Ostra. Outrora, Cambados, unha vila na que ir de viños é un costume moi arraigado, xa combinaba esta tradición coa degustación das Ostras. E agora recuperar costumes é unha boa razón para dinamizar un sector, o da hostalería, e colaborar a súa vez cunha entidade, nesta edición co Club Juventud Cambados.
Para o edil de Promoción Económica, Xurxo Charlín, “espera que a de este fin de semana sexa unha experiencia positiva, xa que a temperatura prevista vai ser moi agradable, e na que esperamos que a proposta de maridaxe entre o viño e as ostras, consiga que moitos cambadeses, e tamén os visitantes que empezan a chegar ao Salnés, se sumen a gozar desta proposta”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.