Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de marzo de 2020

SOAN VARIOS NOMES PARA SUBSTITUÍR A EDU CHARLÍN Á FRONTE DO C.J. DE CAMBADOS

Edu Charlín xa non se sentará no banquiño do C.J. de Cambados o vindeiro domingo para dirixir ao equipo amarelo no partido que o enfronta ao Barbadás de Ourense. A partir de agora e de forma provisional pasará a levar o equipo Jhon Ríos, actual segundo adestrador.
Unha mala nova en canto a marcha dun adestrador supón que o equipo non está a altura do agardado e neste caso nunha situación moi perigosa que de non correxirse levaría a un posible descenso.
Os amarelos levan un so punto dos últimos 18, e dicir, non foi quen de acadar máis que un empate no que vai de segunda volta. Pero si imos máis atrás comprobamos que so gaña un partido desde hai dous meses e medio, desde o 15 de decembro no que derrotara por 2 a 1 ao Velle. Desde esa data, 9 partidos e tan so dous empates e a victoria contra o Arnoia.
Edu Charlín levaba no cargo desde a mitade da tampada 17-18 sustituíndo a Róber, cando pelexaba polo ascenso a Preferente, ascenso que finalmente conqueriu.
O curso pasado o C.J. de Cambados fixera unha primeira volta de tempada  a do regreso do Cambados a Preferente,moi boa incluso moita xente pensaba nun posible ascenso a Terceira División Nacional. Algo que esbaeceuse ao firmar una segunda volta horrible facendo tan so 20 dos 57 puntos posibles para finalmente quedar na 5ª posición con 61puntos.
Agora soan varios candidatos ao banquiño amarelo. O recambio podería vir desde dentro do propio clube (dous candidatos en concreto) ou buscar fora para o que soan dous adestradores. Un xa estivo non hai moito tempo no clube e a pesares da sua xuventude xa percorreu varios banquiños como segundo e nos últimos tempos como primeiro adestrador e o outro xa adestrou a varios equipos da comarca.

Comunicado do clube na súa páxina de facebook


Sexa quen sexa o elexido esperemos que a mala xeira de resultados mude pronto para que o Cambados se manteña sen problemas nesta categoría.

HALA CAMBADOS!!!



O párrafo en negriña é a correción a información publicada o luns e que foi a seguinte:

Os amarelos levan un so punto dos últimos 18, e dicir, non foi quen de acadar máis que un empate no que vai de segunda volta. Pero si imos máis atrás comprobamos que non gaña partido desde hai dous meses e medio, desde o 15 de decembro no que derrotara por 2 a 1 ao Velle. Desde esa data, 9 partidos e tan so dous empates.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.