Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
16 de junio de 2019
O C.J. DE CAMBADOS XA TEN NOVA DIRECTIVA
O C.J. de Cambados conta con nova directiva que empezará a traballar desde mañán luns. Así o comunicou esta mañá o presidente demisionario na segunda asemblea extraordinaria que celebraba o clube amarelo en menos dun mes.
Ante us 40 socios Matías Fontán explicou que esta nova directiva estaba conformada por algún dos actuais directivos, membros do equipo técnico da base e do campus de Verán que organiza o clube todos os anos.
Non adiantou nomes pero os asistentes xa facían cábalas sobre quenes son e hai nomes que soan repetidamente. Esta nova directiva carece polo momento dunha cabeza visible polo que aínda non está pechada e incluso piden a axuda de máis persoas ao proxecto que será en gran medida continuista.
Por outra banda a actual xunta directiva está a preparar o "Serán" do clube que será o vindeiro sábado en Torrado para logo pechar o seu traballo coa asemblea onde tomará o relevo a nova xunta directiva.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.