Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de julio de 2019

ASEMBLEA DO C.J. DE CAMBADOS ESTE XOVES


O Club Juventud Cambados anuncia a convocatoria da asamblea ordinaria para o vindeiro xoves, día 11 de Xullo ás 12:00 horas en primeira convocatoria e 12:15 horas en segunda convocatoria. A asamblea terá lugar en Exposalnés.
Orde do día:
1. Valoración deportiva tempada 18/19.
2. Estado de contas do Club.
3. Presentación nova xunta directiva.
4. Presentación do acordo como equipo filial do UDSM Deiro.
5. Rogos e preguntas.

Moitos socios estaban a impacientarse pola non convocatoria desta asemblea que é moi importante por tratarse da confirmación da existencia dunha nova directiva que rexerá os destinos do clube amarelo as vindeiras 4 tempadas.
A non confirmación dun ou dunha presidente/a ata esta asemblea deixaba tamén preguntas no aire que así nolas fixeron saber a este blog.
Quen liderará a directiva?
Quen está fichando ou renovando xogadores sen unha cabeza visible na directiva?
Están as contas pechadas?
Están ao día os xogadores e adestradores do equipo sénior?
Están ao día de cobro os adestradores da base?
Estas preguntas serán respostadas nesta asemblea, á que hai xente que non poderá acudir por atoparse traballando fora de Cambados donde non é festivo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.