Menos de 20 os socios do Club Juventud Cambados acudiron onte en Exposalnés á asemblea xeral extraordinarria convocada pola actual directiva e na que se fixo oficial a renuncia a presidir de novo o clube amarelo.
Matías Fontán e os seus compañeiros de directiva, abren así o proceso electoral para que unha nova directiva entre a dirixir o equipo de fútbol cambadés. Os socios que desexen coller as rendas do clube teñen ata o 26 de maio para presentar as candidaturas. O proceso recórtase en 7 días, co apoio dos asistentes, para que os novos dirixentes teñan máis tempo para traballar en confecionar o plantel cara a tempada 2019/20.
O grupo liderado por Fontán colléu o C.J. de Cambados cunha débeda de 23.000 euros e co equipo cambadés da Segunda Autonómica. Saneadas as arcase e cos ascensos acadados o clube mantívose sen apuros na Preferente Sur.
A directiva queixouse da falla de efectivos e dunha escasa implicación das empresas locáis por axudar ao equipo.
Ábrense agora 7 días de prazo para a presentación de candidaturas e polo momento non soa nadie para coller o relevo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.