Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de junio de 2019

O JUVENTUD DE CAMBADOS EN PERIGO


Pasados 15 días da asemblea na que o actual presidente, Matías Fontán e o resto da súa directiva abriran o proceso electoral para que unha nova directiva entrase a dirixir o equipo de fútbol cambadés non hai novidades e polo que parece non se agarda movementos por parte dos socios. Os socios que desexen coller as rendas do clube tiñan ata o 26 de maio para presentar as candidaturas. O proceso recortárase en 7 días, co apoio dos asistentes a asemblea, para que os novos dirixentes tiveran máis tempo para traballar en confecionar o plantel cara a tempada 2019/20. 
Así as cousas de non aparecer nadie que se faga cargo do clube a directiva saínte veríase na obriga de entregar as chaves no concello.
Agora é cando, si non aparece ningún candidato, alguén ten que dar un paso ao frente.
Facemos desde Cores de Cambados un chamamento a todos os socios e simpatizantes a presentar unha candidatura. Compre recordar que a pesar de que o clube sénior non tivera continuidade, os 200 rapaces da base poderían seguir a competir pero sin o aliciente de que pasadas as idades formativas non haberá un equipo que recolla os frutos do traballo de rapaces, adestradores e familias.

Cecáis sería bo tomar exemplo do San Martín de Vilaxoán, onde un grupo de nais apoiados por algún ex directivo colleu as rendas do clube.

O grupo liderado por Fontán colléu o C.J. de Cambados cunha débeda de 23.000 euros e co equipo cambadés da Segunda Autonómica. Saneadas as arcase e cos ascensos acadados o clube mantívose sen apuros na Preferente Sur.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.