Jhon Rios dirixirá o CJC ata final de tempada.
O adestrador que leva moitas tempadas integrado no staff técnico da base e foi segundo adestrador nas últimas dúas tempadas, colle o timón do equipo co gran reto de acadar a permanencia o antes posible. Para substituír a Eduardo Charlín barallábanse varios nomes pero finalmente será o seu segundo quen asuma o reto de acadar a salvación.
Edu Charlín foi destituído a semana pasada polo que non se sentou onte no banquiño do C.J. de Cambados para dirixir ao equipo amarelo no partido que os enfrontaba ao Barbadás de Ourense e que rematou cunha nova derrota.
Os amarelos levan un so punto dos últimos 21, e dicir, non foi quen de acadar máis que un empate no que vai de segunda volta. Pero si imos máis atrás comprobamos que so gaña un partido desde hai dous meses e medio, desde o 15 de decembro no que derrotara por 2 a 1 ao Velle. Desde esa data, 10 partidos e tan so dous empates e a victoria contra o Arnoia.
Desexarlle moita sorte a Jhon que eso será bo para o C.J. de Cambados.
Por outro lado decir que baixan revoltas as augas no clube amarelo. Edu Charlín sigue sin entender o seu cese e a forma na que se produxo e así o manifestou en varias entrevistas. Desde aquí, a pesares de que estamos a favor dun cambio na dirección, non entendemos as formas.
Por outro lado unhas declaracións dun directivo tiveron unha contundente resposta o pasado venres por parte dun colaborador de Arousa Sí Radio e que compartimos na nosa páxina de facebook.
Por outro lado unhas declaracións dun directivo tiveron unha contundente resposta o pasado venres por parte dun colaborador de Arousa Sí Radio e que compartimos na nosa páxina de facebook.
Polo que respecta a Cores do Salnés nada temos que dedicarlle ao directivo. So que si non lle gusta ou hai algún erro no que escribimos neste blog pode porse en contacto con nos que o atenderemos e daremos resposta as suas preguntas.
Non ten que sacar a lengua a pacer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.