Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de septiembre de 2013

PONTEVEDRA DA FACILIDADES DE PAGO A OS SEUS VECIÑOS. PARA CANDO NOUTROS CONCELLOS?




O concello de Pontevedra, governado en coalición polo B.N.G. e P.S.de G. ven de facilitar a os seus veciños a maneira de facer fronte a un dos pagos de impostos municipais máis costoso. O pago do I.B.I. poderá ser fraccionado.
Para cando esto será posible en concellos coma o de Cambados onde o Alcalde axfisia a os veciños coa desculpa de que o I.B.I. ven "imposto" dende Madrid.

Faltan por concretar algúns aspectos pero a decisión xa está tomada e será efectiva no Concello de Pontevedra. A partir do próximo ano, anunciou o portavoz do Goberno Local e concelleiro de Facenda, Raimundo Gonzalez.
"Haberá que solicitalo, pero de momento aínda non se concretaron os prazos", dixo Gonzalez tras reiterar que en calquera caso haberá que pagar, aínda que sexa en dous prazos, dentro do mesmo exercicio económico.






ALFONSO CORDAL VAI PRESENTAR A SUA OBRA






Alfonso Cordal Rodríguez vai presentar os seus cinco títulos editados entre o 2012 e o 2013.

-Un canto ao kamasutra na festa do viño albariño; Unha historia erótica, baseada na festa do viño Albariño do 2011.


-An Ode to Kamasutra in the Albariño wine festival; Versión en inglés americano do título anterior.

-O Kamasutra Galego; Móstrase gran parte dos éxitos obtidos, na carreira profesional de Dana Mandatova.

-Nunca máis; 
A historia sobre as miñas primeiras visitas ao hospital, e os posteriores 24 anos.

-A fabula do elefante branco e outros versos;
Poesías que fai á historia de España, desde a prehistoria ao 23 de febreiro de 1981, a sua nenez, e a Cambados.



As obras están editadas e á venda en Amazón ou en Bubok.


 A presentación terá lugar o vindeiro venres 4 de outubro, ás 8:30 pm no Restaurante A Traiña (Ribeira de fefiñans 20, Cambados/Pontevedra). 


Debido a o pequeno aforo so se poderá acceder con invitación e ata completar dito aforo.

O asistentes disfrutarán ademáis dun viño albariño xentileza do anfitrión.



CAMBADOS VI. UN LUGAR FERMOSO (GASTRONOMÍA)






Cambados é un destino ideal para o viaxeiro que goza do bo xantar con produtos de primeira calidade. Recoñecido como Capital do Viño Albariño, tamén o é por ser o único porto de Galicia onde se permite a extracción de vieira, sendo este molusco outro produto estrela da vila, ao que se dedican unhas xornadas de exaltación na época estival. A ría de Arousa, a máis extensa de Galicia, é moi rica en peixes e mariscos. Cada día, mariñeiros e mariscadoras traen á lonxa cambadesa os mellores produtos do litoral, onde os restaurantes adquírenos para elaborar os seus exquisitos menús.

Cambados conta con numerosas taperías, marisquerías e restaurantes de longa tradición, aos que se van unindo outros de cociña elaborada e de deseño. Todos utilizan sempre os mellores produtos do mercado, os máis frescos e os de mellor calidade.


O viño albariño, o peixe, o marisco, as conservas e os produtos da horta son imprescindibles para os nosos restauradores, quen logran que os padais máis esixentes recorden Cambados como un lugar onde comer non é unha necesidade, senón un pracer.


O B.N.G. CONTRAATACA CON ARGUMENTOS , ALGO DO QUE CARECE ARAGUNDE






Trala resposta que dou Aragunde a petición do B.N.G. de transparencia nas contratacións do Obradoiro de Emprego os nacionalistas contraatacan.


Hai certas realidades que nin en Cambados, nin en Galiza, nin no Estado se poden negar. Este é o caso da estratexia do PP por asegurarlle un posto de traballo aos seus achegados e simpatizantes. Ademais, onde goberne o PP, isto está sempre de actualidade. Se falamos de Madrid, pensemos nos postos de Traballo para Ángel Carromero (“Nuevas Generaciones”),  para a sobriña do Ministro de Economía ou para a filla do Ministro de Agricultura. Se falamos de Galiza non hai máis que pasar un listado de empregados das Deputacións de Ourense ou Pontevedra. E se falamos de Cambados non hai máis que observar a maioría dos postos de traballo que se asignan no noso concello. Luís Aragunde non pode ocultar nin negar a evidencia e se aínda non se enterou, que bote unha ollada entre quen coloca a propaganda ou entre os interventores do PP todas as eleccións, haber se non lle soan as caras.


A forma de facer as cousas do PP en materia de contratacións laborais é un modelo instaurado desde hai moitos anos (desde que existen) e que consiste en transmitirlle á sociedade que se alguén quere un posto de traballo, xa sabe a que partido ten que votar. Trátase dunha lamentable forma de actuar que resulta totalmente criticable e, actualmente, moi dolorosa e desesperanzadora  para os milleiros de parados e paradas que comproban como co PP o único “curriculum” que se precisa é o da afiliación ou submisión ao seu grupo (non contan nin inglés, nin “máster”). E o que debería facer Luís Aragunde, é ser consecuente co que fai e ter a valentía suficiente de aceptar á crítica das cousas que son coñecidas por todo o mundo; ter a valentía de asumir o modelo de xestión de contratación que aplica o seu partido no noso concello.

E estou dacordo con el en que non deben decidir os políticos quen traballa e que non, pero os políticos deben estar presentes nos foros onde se deciden as contratacións e velar pola limpeza das mesmas. Se no concello de Cambados hai unha Comisión Informativa de Persoal, constituída por representantes de todos os grupos políticos, compre que sexa útil e que vele pola limpeza das contratacións do concello. Que a esa comisión se lle facilite toda a documentación e as decisións razoadas dos técnicos que formen parte das comisións de avaliación.


Porque manipular as contratacións a conveniencia dun partido político é unha forma máis de corrupción e a sociedade chegou a un punto en que xa non pode soportar máis este modelo de facer política do PP.

28 de septiembre de 2013

PRONTO COMEZARÁ O ESPECTACULO DA LEB PRATA EN CAMBADOS






O Conservas de Cambados inicia o vindeiro dia 12 de outubro a súa primeira tempada na Adecco Prata tras navegar durante oito anos na EBA, o último deles logrando un ascenso rotundo e histórico. O club que preside Jorge Castiñeiras manterá o 80% do persoal, incluído o técnico, que logrou a proeza de forma autoritaria nas fases de ascenso fai uns meses. Ilusión por milleiros nun debutante con sabor cubano e cunha mestura autóctona e internacional, que pode volver dar bos réditos na súa nova aventura. 
O sólido ascenso de fai uns meses, en que o equipo galego arrasou no seu grupo de ascenso de liga EBA e proclamouse campión da categoría, terá continuidade nuns días co merecido e soñado debut na Adecco Prata. O conxunto de Cambados ha ter obviamente que lidiar coa crise e facer como todos xogos malabares para cadrar un orzamento digno, buscando patrocinadores debaixo das pedras. A ilusión de todo un debutante será a mellor tarxeta de presentación dun grupo homogéneo, pese á súa variedade racial. Con algo de sabor internacional, Conservas de Cambados arrinca co 80% do persoal da campaña anterior e disposto a loitar cada vitoria en Ou Pombal.



CASAL REPITE
Yago Casal volverá repetir no banquiño dirixindo a boa parte dos heroes do ascenso, os cales realizaron unha completa pretemporada. Seis amistosos na axenda, dúas deles lógicamente ante o veciño e rival, Marín Peixe Galego. A destacar a súa participación na Copa Galicia, na que puxo en moitos aprietos a o Ourense da Adecco Ouro. Mato e Alberto Rodríguez volverán poñer a nota de veteranía nun grupo, que pese a non coñecer prácticamente a categoría, si ten os seus principais mecanismos automatizados. 

PATIÑO, NA RECÁMARA
Javier Patiño, pese a ser cedido a algún Primeira Autonómica da zona, seguirá contando para o club, que seguirá a súa evolución e contará co seu concurso cando sexa necesario. Noutro caso similar pero á inversa e mercede á nova e necesaria vinculación co Rio Natura Monbus de ACB, o senegalés Diop chega para botar unha man no xogo interior de Cambados. Na cuarta tempada de Casal á fronte do equipo, o apoio da "marea amarela" volverá ser vital. Tamén o será o papel de Alberto "Chufi" Rodríguez, MVP nas fases e peza crave pola súa veteranía e experiencia anterior na LEB-2.




PRETEMPADA:
Arrancaron o día 2 de setembro. 
De momento, 6 amistosos previstos.
Marín Peixe Galego – Conservas Cambados (a porta pechada)
Conservas Cambados 80 – O Porto 70
Conservas Cambados 65 – COB 68
O Porto 74 - Conservas Cambados 76
Oliveirense – Conservas Cambados
Conservas Cambados – Estudiantes de Lugo
Conservas Cambados – Marín Peixe Galego




NombreALTEDADPOSICIONNACPROCED
Juan Martín Orellano1,9924baseARGCambados
Lucas Vaquero1,8524baseESPCambados
Taylor Douglas1,8226base-escoltaCUBCambados
Emilio Oubiña1,8223escoltaESPCambados
José Luis Merino1,9624aleroESPCambados
Ander García1,9224escoltaESPNatra Oñati
Juan Mato1,9733ala-pívotCUBCambados
Rafael Caetano2,0721ala-pívotPOREstud. Lugo
Norman Rey2,0326pívotESPCambados
Alberto Rodríguez2,0438pívotESPCambados
Mbagne Diop2,0920pívotSENPau-Laq-Orthez
Javier Patiño1,920escoltaESPCambados
Entrenador: Yago Casal    Cambados 

Fonte: ACB.COM





A CAMBADESA MÓNICA GUILLAN ACADA UN NOVO ÉXITO





Mónica Guillán e María Viqueira foron as gañadoras do certame de deseñadores noveis Mara Martín PONMONOVO, celebrado este venres no Recinto Ferial no marco da segunda xornada da pasarela PONMO. Ambas seduciron ao xurado do concurso cunhas propostas arriscadas e innovadoras. Foron as elixidas entre os doce deseñadores seleccionados para participar na primeira edición deste certame.

O premio á mellor microcolección, valorado en 900 euros, foi para Mónica Guillán, unha deseñadora nada en Cambados hai 27 anos. Presentou a concurso a súa última colección "All the queen's men" que nos levaba ata 1813 onde a maquinaria párase e permítenos tomar contacto cos seus amplos volumes e riqueza. A colección toma aspectos da inocencia de Isabel II, raíña de España, e a reinterpreta adaptándoa ata o século XVI.



O B.N.G. PIDE TRANSPARENCIA NO OBRADOIRO DE EMPREGO







O  B.N.G. de Cambados pide ter acceso a os expedientes dos contratados para a Obradoiro de Emprego que vai empezar a funcionar en Cambados en próximas semáns.  O vindeiro martes coñecerase a lista definitiva, tras duas cribas. Así se desprende da nota presentada no Concello no dia de onte.

Hai uns días un veciño de Cambados  transmitiulle ao BNG unha queixa que xa  escoitamos  noutras ocasións, pois  lamentábase de que no último Obradoiro de Emprego da Consellería de Traballo no cal o Concello vai contratar a 20 persoas, hai moitas delas relacionadas, dalgún xeito, co partido político ao que vostede pertence (PP) ou directamente coas xuventudes políticas do seu grupo (“Nuevas Generaciones”). Non é a primeira vez que veciños/as de Cambados transmiten publicamente as súas queixas sobre o favoritismo do concello por persoas afíns ao PP, á hora de contratar persoal. 


Tampouco é a primeira vez que o BNG se achega ao concello a coñecer a documentación presentada polos/as  solicitantes, comprobando que as bases para concursar a estes postos dependen, sobre todo, da subxectividade na preselección e nas entrevistas realizadas polas teoricamente “Comisións de técnicos”. Comprenderá o Alcalde que nun momento onde 1 de cada 3 persoas do Salnés está no paro e onde conseguir un posto de traballo semella máis un milagre ca unha realidade, desde a Administración, neste caso o Concello, debería transmitírselle ao desesperado cidadán, a máxima transparencia na selección pública a un posto de traballo. 


Está claro que isto non se está a facer no concello de Cambados (tampouco se fixo na contratación das brigadas “anti-incendios”) polo que sería necesario comezar a por transparencia neste asunto para que os veciños e veciñas, actualmente en paro, non desesperen na súa procura e non perdan a confianza no Concello que vostede preside. O BNG defende que as contratacións de persoal deberían depender de criterios o máis obxectivos posibles evitando que as entrevistas sexan determinantes, como o de agora, na elección do persoal e, ademais, de haber “comisións avaliadoras”, deberían estar presentes, nelas, membros dos diferentes grupos políticos da corporación  que velen pola limpeza do acto de selección do persoal.
No dia de onte realizouse a segunda das cribas na que faltaron varios candidatos.



ASI o B.N.G. SOLICITA:
1º.- Que aos concelleiros do noso grupo político se lle permita consultar os expedientes da contratación de persoal  do último obradoiro de emprego.

2º.- Que de agora en diante, para calquera proceso selectivo de persoal no cal sexa creada unha comisión avaliadora, haxa nela presenza de representantes de todos os grupos políticos da corporación municipal.





27 de septiembre de 2013

O PROGRAMA INFANTIL DE ACTIVIDADES 2013-14 COMEZA O MARTES







O vindeiro martes comezan as actividades lúdicas e formativas do curso 2013-14, programadas dende a concellería de Cultura para disfrute dos escolares e para apoiar ós seus pais na conciliación da vida familiar coa laboral polas tardes.
O Concello presenta unha oferta ampla e novidosa dentro da programación lúdico-formativa infantil para este curso, no cal se vai empregar a biblioteca municipal da Casa dos Fraga, ademais dos centros culturais das parroquias. Cada ano lectivo procúrase garantir un tempo de lecer de calidade para os nenos, baseado na educación en valores tales como a cooperación, a solidariedade, ou a sensibilización con determinados grupos sociais, entre outros.
Como principais novidades dentro da programación de actividades na Casa dos Fraga, cabe salientar:
Taller de Ábaco: Programa aritmétrico que volve estar en auxe para o desenrolo do cálculo mental e outras habelencias. Para nenos de 5 a 13 anos. O taller impartiráo a escola Aloha Mental Arithmetic (os luns de outubro a maio, en horario de 16 a 18 h e de 18 a 20 hs).
-Taller de maxiaChrystyan Magic descrubriranos como facer trucos con panos, corchos, cordas, barallas… do xeito máis divertido. (Os venres 11, 18, 25 de outubro, e 8, 15, 22, 29 novbro, de 16 a 17 h).
Tamén este curso, tras demandar dalgunas nais e pais actividades conxuntas, vanse levar a cabo dous talleres para nenos acompañados de un adulto (sexa familiar ou amigo), o cal servirá para o inculcar os valores da cooperación:
-Taller DIY para familias (Do it yourself!, faino ti mesmo!: Para darlles en equipo un toque personal a camisetas, zapatillas, etc. (Os sábados 10, 24 e 31 de maio 2014, de 11,30 a 13,30 horas)

-Taller de fotografía alternativa, para rapaces –mínimo 8 anos-acompañados de un adulto (sexa familiar ou amigo) da man de Papel Salado, expertos en fotografía minutera. (Os sábados 22 e 29 de marzo, de 11 a 13,30 horas).
Tamén compre salientar, dado o éxito acadado este verán, a continuación do taller de iniciación á cociña e de animación á lectura Pequechefs de conto! que volverá a realizarse no Salón José Peña (os xoves de outubro, novembro e decembro, ata o día 19 incluido, de 17 a 18,30 horas). A través deste taller os nenos descubrirán contos de outono e inverno ó tempo que disfrutan da elaboración de sinxelas receitas con castañas, uvas, cabaza, etc.

Horarios das outras actividades
Repaso e estudo: Para alumnos de 1º, 2º e 3º de primaria. Os luns de outubro a maio, de 17 a 18 horas.
English and Fun!: Alumnos de 1º e 2º, todos os martes, 3º e 4º, os mércores , 5º e 6º, os xoves.Todos son de 16 a 17 horas de outubro a maio.

Enredamos cos Ordenadores: Para alumnos de 1º e 2º primaria, todos os martes de outubro a maio, de 17 a 18 horas. Alumnos de 3º e 4º, os mércores de outubro e maio, mesmo horario.
Creamos un blog: Para alumnado de 5º e 6º primaria, os xoves de outubro a maio, de 17 a 18 horas.
L-emos!: Para escolares de 1º e 2º primaria, os martes de outubro a maio, de 18 a 19 horas.
Français pour les petites: Alumnos de calqueira curso, os mércores e os xoves de outubro a maio, de 18 a 19 horas.
Xadrez: Calqueira curso, os luns de outubro a maio, de 16 a 17 horas.
Pintura con acuarelas: Calqueira curso, os venres de febreiro, marzo e abril 2014, de 16 a 17,30 horas.



CAMBADOS V. UN LUGAR FERMOSO (LECER)





A información relativa ás ofertas de lecer de Cambados.
Museo do Viño



Muíño das Mareas
Ademais de belos edificios e atractivos paseos, como o Marítimo, tamén se poden coñecer en cambados diversos museos, como o Etnográfico e do Viño, onde se atopan datos interesantes sobre a produción do Albariño.
Tamén cabe citar a casa museo Ramón Cabanillas, dedicada ao poeta local; e o curioso muíño das Mareas.


Parador
Hai boa hostelería (encabezada polo Parador Nacional) e interesantes restaurantes, propicios para gozar das especialidades da zona, tanto as empanadas como os magníficos peixes e mariscos.



A pesares de non ser o seu forte conta Cambados con pequenas praias:  Mouta, Saiñas ou a Torre.



A Torre

O lugar é coñecido como o centro do Albariño, e ten a súa propia ruta do viño, con diversas bodegas productoras de viños con denominación de orixe

A festa do Albariño, cunha tradición de máis de 60 anos, foi declarada de Interese Turístico Nacional. 



Festa do Albariño
Ten lugar en agosto. É boa para saborear o viño, 
tapas galegas e gozar de eventos culturais. É unha das citas estivais máis típicas de Galicia.









26 de septiembre de 2013

A INCREDULIDADE POR TODO O QUE RODEA A MORTE DE ASUNTA CHEGA A VILANOVA





En Vilanova de Arousa, onde a familia de Rosario Porto tiña un piso con vistas ao océano no Edificio do Mar, no que veraneaba desde nena -este agosto tamén estivo alí coa súa filla, coa que daba paseos case todas as mañás pola praia do Campamento-, insisten no mesmo. A "sorpresa" é "total" ante a detención.

Os adxetivos que utilizan as coñecidas dos seus pais para referirse a Rosario Porto son todos positivos e moitos en grado superlativo: "moi intelixente", "moi educada", "moi amable", "agradable e atenta", "moi activa", "unha muller culta, preparada", "viva", "dinámica", "equilibrada e moi simpática". Coñécena desde que era unha nena e recórdana entón "dicharachera" e "estudiosa".
A dependenta dun local próximo á súa casa soamente coñecía de vista, pero asegura que ten dela unha impresión "normal", unha afirmación que comparten os habitantes de Vilanova. Coñecidos máis novos de Santiago apuntan tamén que é unha persoa "reservada" e "seria" e sinalan que as noticias que lles chegan sobre a súa detención parécenlles "incribles".


A DEPUTACIÓN FACILITA QUE OS CONCELLOS SIGAN CO ENCHUFISMO E O AMIGUISMO







O 1 de novembro é a data límite que os concellos da provincia de Pontevedra teñen para contratar persoal no marco do II Plan de emprego da Deputación. Así o lembrou esta mañá o presidente da Administración provincial, Rafael Louzán, quen lles comunicou ós alcaldes que xa está en marcha este II Plan; poderán presentar as correspondentes solicitudes ata o 10 de outubro.
Así os Concellos poden contratar ou enchufar a quen lles apeteza.
Na solicitude os concellos deberán indicar os servizos para os que demandan o persoal así como o perfil das persoas desempregadas que precisan contratar, tendo en conta que deberán ir destinadas obrigatoriamente á prestación ou ó desenvolvemento de servizos, tarefas e funcións de carácter prioritario.

870 novas oportunidades
O obxectivo da Administración provincial é darlles unha oportunidade de traballo ás persoas que nestes momentos se atopan nunha situación precaria. Por iso a iniciativa vai dirixida especialmente ás persoas de máis de 30 anos que non só se atopan en situación de desemprego senón que carecen de prestacións ou dispoñen unicamente de prestacións sociais básicas coma a RISGA.
Os contratos serán a tempo parcial e terán unha duración de seis meses; con isto búscase darlle unha oportunidade ó maior número de persoas e, ó mesmo tempo, dotar os concellos de recursos humanos para a prestación de servizos básicos.
Nesta liña, cada Concello disporá de entre 8 e 17 traballadores, segundo o número de habitantes.
Financiamento íntegro dos custos salariais
Os Concellos beneficiarios terán que solicitar os traballadores a través da Oficina Pública de Emprego, e encargaranse tanto de facer a selección do persoal de entre os candidatos remitidos pola dita oficina coma de formalizar os contratos. 
Mentras sexan os Concellos quenes elixan a os traballadores, o proceso sempre será cuestionado. Por moito que digan que é o Servizo Galego de Emprego que escolle a os traballadores, esto non é de todo certo. O antigo INEM pasa un listado de nomes e os Concellos van facendo as cribas. Polo tanto uns dan nomes e os outros elixen a quen consideran oportuno.
A Administración provincial correrá cos custos salariais íntegros destas contratacións, para o cal dispón dun orzamento de 3.010.953,60 euros; o salario de cada traballador será de 700 euros. Este salario non é neto a Deputación so se encarga de divulgar a parte amable.