O B.N.G. de Cambados pide ter acceso a os expedientes dos contratados para a Obradoiro de Emprego que vai empezar a funcionar en Cambados en próximas semáns. O vindeiro martes coñecerase a lista definitiva, tras duas cribas. Así se desprende da nota presentada no Concello no dia de onte.
Hai uns días un veciño de Cambados transmitiulle ao BNG unha queixa que xa escoitamos noutras ocasións, pois lamentábase de que no último Obradoiro de Emprego da Consellería de Traballo no cal o Concello vai contratar a 20 persoas, hai moitas delas relacionadas, dalgún xeito, co partido político ao que vostede pertence (PP) ou directamente coas xuventudes políticas do seu grupo (“Nuevas Generaciones”). Non é a primeira vez que veciños/as de Cambados transmiten publicamente as súas queixas sobre o favoritismo do concello por persoas afíns ao PP, á hora de contratar persoal.
Tampouco é a primeira vez que o BNG se achega ao concello a coñecer a documentación presentada polos/as solicitantes, comprobando que as bases para concursar a estes postos dependen, sobre todo, da subxectividade na preselección e nas entrevistas realizadas polas teoricamente “Comisións de técnicos”. Comprenderá o Alcalde que nun momento onde 1 de cada 3 persoas do Salnés está no paro e onde conseguir un posto de traballo semella máis un milagre ca unha realidade, desde a Administración, neste caso o Concello, debería transmitírselle ao desesperado cidadán, a máxima transparencia na selección pública a un posto de traballo.
No dia de onte realizouse a segunda das cribas na que faltaron varios candidatos.
ASI o B.N.G. SOLICITA:
1º.- Que aos concelleiros do noso grupo político se lle permita consultar os expedientes da contratación de persoal do último obradoiro de emprego.
2º.- Que de agora en diante, para calquera proceso selectivo de persoal no cal sexa creada unha comisión avaliadora, haxa nela presenza de representantes de todos os grupos políticos da corporación municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.