Mónica Guillán e María Viqueira foron as gañadoras do certame de deseñadores noveis Mara Martín PONMONOVO, celebrado este venres no Recinto Ferial no marco da segunda xornada da pasarela PONMO. Ambas seduciron ao xurado do concurso cunhas propostas arriscadas e innovadoras. Foron as elixidas entre os doce deseñadores seleccionados para participar na primeira edición deste certame.
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta MONICA GUILLAN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MONICA GUILLAN. Mostrar todas las entradas
28 de septiembre de 2013
A CAMBADESA MÓNICA GUILLAN ACADA UN NOVO ÉXITO
26 de septiembre de 2013
A CAMBADESA MÓNICA GUILLÁN PREPARADA PARA "PONMO"
Chega PONMO. En apenas 24 horas estréase este evento de moda que, segundo os seus organizadores, superou todas as expectativas de participación e de asistencia. Do xoves 26 ao sábado 28 de setembro, Pontevedra converterase "na capital da moda galega". Serán, "tres días de creatividade, talento e imaxinación".
Ás 21.30 horas do venres terá lugar o certame Mara Martín PONMONOVO. Poderanse contemplar as 12 coleccións dos novos diseñadores seleccionados sobre un total de 76 propostas chegadas á organización no prazo establecido. Trátase de Clara Beltrán, Óscar González, Irene Varela, Leyre Valiente, Alberto Neves, Verónica Ouro, Mónica Guillán, Érase que se era, Sandra Fuente, María Viqueira, Alejandra Lorenzo e Charry Lamprea.
Mentres o xurado delibera ofreceranse dous desfiles adicionais a cargo de dúas firmas: "Nicanora", unha marca galega que crea tiradas limitadas e continuas de pezas, rescatando teas descatalogadas e botóns antigos en mercadiños, sempre con técnicas e cortes sinxelos; e "Krack", que mostrarán os últimos deseños en zapatos desenvolvidos pola marca afincada en Pontevedra en colaboración con Tania Pardo.
6 de septiembre de 2013
MÓNICA GUILLÁN PRESENTE NA 1ª EDICIÓN DE PONMO
A primeira edición de Pontevedra Moda (Ponmo) trasladará
algúns dos seus desfiles a espazos públicos como as prazas da Ferrería,
Curros Enríquez ou Barcelos. O evento, que se celebrará en varios
puntos da cidade de Pontevedra do 26 ao 28 de setembro, conxugará
pasarelas ao aire libre con outras máis tradicionais en recinto pechado,
así como iniciativas como un concurso para novos deseñadores, un
'showroom' e actividades paralelas na rúa.
O vienres 27 celebrarase o certame Mara Martín Ponmonovo,
no que doce deseñadores mostrarán as súas coleccións co que aspirarán a
gañar o concurso que se desenvolverá no Recinto Feiral de Pontevedra a
partir das 21.30 horas. Os vencedores optarán aos galardóns de mellor
colección e mellor estilismo, dotados con 900 e 200 euros,
respectivamente. Os creadores elixidos para este evento son Clara
Beltrán, Óscar González, Irene Varela, Leyre Valente, Alberto Neves,
Verónica Ouro, Mónica Guillán, Érase que se era, Sandra Fonte, María
Viqueira, Alejandra Lorenzo e Charly Lamprea.


