Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de septiembre de 2013

O B.N.G. CONTRAATACA CON ARGUMENTOS , ALGO DO QUE CARECE ARAGUNDE






Trala resposta que dou Aragunde a petición do B.N.G. de transparencia nas contratacións do Obradoiro de Emprego os nacionalistas contraatacan.


Hai certas realidades que nin en Cambados, nin en Galiza, nin no Estado se poden negar. Este é o caso da estratexia do PP por asegurarlle un posto de traballo aos seus achegados e simpatizantes. Ademais, onde goberne o PP, isto está sempre de actualidade. Se falamos de Madrid, pensemos nos postos de Traballo para Ángel Carromero (“Nuevas Generaciones”),  para a sobriña do Ministro de Economía ou para a filla do Ministro de Agricultura. Se falamos de Galiza non hai máis que pasar un listado de empregados das Deputacións de Ourense ou Pontevedra. E se falamos de Cambados non hai máis que observar a maioría dos postos de traballo que se asignan no noso concello. Luís Aragunde non pode ocultar nin negar a evidencia e se aínda non se enterou, que bote unha ollada entre quen coloca a propaganda ou entre os interventores do PP todas as eleccións, haber se non lle soan as caras.


A forma de facer as cousas do PP en materia de contratacións laborais é un modelo instaurado desde hai moitos anos (desde que existen) e que consiste en transmitirlle á sociedade que se alguén quere un posto de traballo, xa sabe a que partido ten que votar. Trátase dunha lamentable forma de actuar que resulta totalmente criticable e, actualmente, moi dolorosa e desesperanzadora  para os milleiros de parados e paradas que comproban como co PP o único “curriculum” que se precisa é o da afiliación ou submisión ao seu grupo (non contan nin inglés, nin “máster”). E o que debería facer Luís Aragunde, é ser consecuente co que fai e ter a valentía suficiente de aceptar á crítica das cousas que son coñecidas por todo o mundo; ter a valentía de asumir o modelo de xestión de contratación que aplica o seu partido no noso concello.

E estou dacordo con el en que non deben decidir os políticos quen traballa e que non, pero os políticos deben estar presentes nos foros onde se deciden as contratacións e velar pola limpeza das mesmas. Se no concello de Cambados hai unha Comisión Informativa de Persoal, constituída por representantes de todos os grupos políticos, compre que sexa útil e que vele pola limpeza das contratacións do concello. Que a esa comisión se lle facilite toda a documentación e as decisións razoadas dos técnicos que formen parte das comisións de avaliación.


Porque manipular as contratacións a conveniencia dun partido político é unha forma máis de corrupción e a sociedade chegou a un punto en que xa non pode soportar máis este modelo de facer política do PP.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.