Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta XADREZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XADREZ. Mostrar todas las entradas

18 de septiembre de 2019

O CAMBADÉS LUCA REY, 5º NA SÚA CATEGORÍA NO MUNDIAL DE XADREZ


O cambadés do Clube Xadrez Fontecarmoa, Luca Rey, acadou un novo éxito no Campionato do Mundo Sub-14 de Xadrez Blitz-Lóstrego, celebrado en Salobreña (Granada). O xogador, con tan só 12 anos de idade, clasificouse para os dous campionatos mundiais, Rápido e Relámpago, trala terceira praza no torneo nacional, debutando cunha meritoria vixésima praza no Mundial de partidas rápidas cun total de 5,5 puntos. Tras a boa clasificación, Rey Chimera iniciou o Mundial Relámpago con boas expectativas, xa que a velocidade do xogo é a que máis se adapta ás súas calidades técnicas. Así foi que conseguiu seis vitorias, táboas contra o español Joan Moll e duas derrotas, unha delas contra o vietnamita Pham Vo, que sería finalmente o campión do torneo.
Entre os días 11 e 13 de setembro, un total de 183 xogadores procedentes de 22 países participaron nos Campionatos Mundiais de Xadrez Xuvenil Rápido e Lóstrego no Hotel Salobreña Suites, sede habitual dos Campionatos de España de Idades. A delegación española formárona un total de 118 xogadores. O resumo da participación galega nestes Campionatos é o seguinte; Rubén Fernandez López (Escola Xadrez Pontevedra) obtivo un 3º posto, Luca Rey Chimera (Xadrez Fontecarmoa) un 5º posto e Pablo Lopez Varela (Escola Luguesa) obtivo un 6º posto.


4 de marzo de 2018

A TORRE GÁÑALLE AO ALBARIÑO NO DUELO LOCAL DE XADREZ









Victoria por 4-0 do EXP Torre de Cambados frente ao Clube Xadrez Albariño no derbi cambadés, na cuarta xornada ligueira.
Na mesa 1, Miguel gañou a Brais, que se deixou dúas pezas na apertura.
Na 2, Iago saíu ben da apertura frente a Álvaro e gañou un cabalo que significaría a partida.
Na 3, Sergio venceu a Alejandro, acadando ventaxa coa súa apertura inglesa e castigando o rei non enrocado do rival.
Na 4, Luís, pese a cometer graves erros tácticos, venceu a Pablo nunha partida irregular.
Contundente victoria dos rapaces  que visitarán Vilagarcía a próxima xornada para medirse ao Fontecarmoa Vitaldent.

O pasado sábado 24 de febreiro diputouse a 4ª xornada da Liga Galega e o EXP Torre de Cambados venceu 2,5 - 1,5 ao EXP Chess Cares.
Na mesa 1 Iago acordou tablas nun final de alfiles de distinta cor.
Na 2 Miguel perdeu nunha frouxa partida.
Andrés e Bili debutaban na 3 e na 4, obtendo boas victorias.


Foto de Clube Xadrez Torre de Cambados.O sábado 17 de febreiro, xogouse a terceira xornada da Liga Galega por Equipos. O EXP Torre de Cambados recibía ao Fontecarmoa Sokes Multiservicios, un equipo con xogador@s moi novos, de pouca experiencia pero moita proxección.
Na mesa 1 Iago xogou unha moi boa partida contra Rita, acadando ventaxa e gañando grazas a un ataque contra o enroque.
Na mesa 2, Marta puxo en apuros a Miguel, pero o de Meis gañou peza grazas a un truco e conseguiu levarse o punto.
Na 3, Luís e Juan Carlos protagonizaron a partida máis longa da tarde, na cal o cambades impúxo
se por mor dun erro rival.
Na mesa 4 debutaba Jorge, que pese a ter unha mala posición na apertura frente a Mariña, soupo darlle a volta e pasou a un final gañado.

O sábado 3 de febreiro, o EXP Torre disputou en Marín a segunda xornada da Liga Galega.
Na mesa 1 Iago logrou aguantar nunha posición incómoda de xogar e arrancou unhas valiosas táboas.
Na mesa 2, Miguel Docal gañou calidade na apertura e impúxose nunha partida con graves erros por ambos bandos.
Na 3 Luís tivo opcións de acadar ventaxa decisiva en varios momentos, pero tivo que ser no final de torres onde o cambadés se faría co punto.
Na 4 debutaba Hugo, que fixo un bo papel pese á derrota contra un xogador de máis nivel.
O EXP Torre de Cambados sumaba a segunda victoria para continuar co bo arranque de Liga. Con 6,5 puntos de 8 posibles



Crónica da 1ª xornada


29 de enero de 2018

BO COMEZO DO EXP A TORRE DE XADREZ NA LIGA













O sábado comezou a Liga Galega de Xadrez por Equipos e o EXP Torre de Cambados debutou na categoría de terceira división cunha victoria por 4-0. O encontro tivo lugar na sala de conferencias de ExpoSalnés, en Cambados.
Os rivais foron o EXP Escola Municipal, plantou unha boa resistencia pese á súa xuventude.
Na mesa 1 Miguel gañou a Rafa, quen tras xogar moi ben a apertura, precipitouse e deixouse un cabalo por mover rápido.
Na mesa 2 Iago picou nunha celada de Gabriel, quen acadou peza por 2 peóns e mellor posición, pero o Cambadés soupo remontar a partida gracias a un ataque ao rei.
Na 3, Carmen tivo a partida gañada nun momento pero Miguel desquitouse do ataque da xogadora Pontevedresa e pasou a un final gañado.
Na 4 Sergio acadou unha peza de ventaxa ao inicio da partida frente a Fidel, e conseguiu transformala en victoria.









29 de marzo de 2017

ESTE DOMINGO XADREZ NA RÚA













O Clube Xadrez Torre de Cambados sacará este domingo 2 de abril de 16:30 a 18:30 os taboleiros á praza do Concello!!
O Clube de xadrez A Torre Cambados organiza clases de xadrez para principiantes e amateurs e actividades na rúa, torneos, sesións de simultáneas e xornadas docentes.

Pásate pola praza do Concello e xoga!!!
Animádevos a participar!!!







2 de febrero de 2017

O CLUBE "XADREZ A TORRE" COMEZA AS CLASES DE XADREZ E ACTIVIDADES PRÓXIMAMENTE
















A partir do sábado dia 4 de febreiro o Clube Xadrez a Torre de Cambados organiza clases deste deporte nos niveis iniciación e avanzado os sábados de 11:00 a 13:00 horas e xogos e actividades lúdicas os martes de 16:00 a 18:00 hrs no Salón de Exposicións José Peña, na aula polivalente da 1ª planta. 

O Clube Xadrez A Torre leva dando clases e facendo actividades, e mesmo teñen un alumno xogando a liga galega por equipos.

                                                                                                                                                  





28 de julio de 2016

TORNEO DE XADREZ BLITZ HOXE XOVES EN CAMBADOS






Hoxe xoves 28 celebrarase en Cambados un torneo de Xadrez Blitz o rápido.
Será na praza do Concello ás 20:30 i é necesaria a inscrición. Tedes máis información no cartaz.


O xadrez rápido é unha modalidade de xadrez, onde cada xogador dispón dunha hora ou menos de tempo total (acordada de antemán) para executar todos os seus movementos. O cómputo do devandito tempo leva a cabo mediante un reloxo de xadrez especialmente deseñado. O xadrez rápido é moi popular en moitos sitios da internet dedicados ao tema.

Existe unha certa ambigüidade sobre o termo xadrez rápido, xa que pode referirse a diferentes ritmos de xogo. A FIDE recoñece nas súas leis do xadrez dúas modalidades: xadrez rápido e xadrez relámpago.

Tipos de xadrez rápido[editar]
Segundo o tempo por xogador para toda a partida, as variantes máis coñecidas do xadrez rápido son:

Normal: 60 minutos
Semi-rápido: 25 a 30 minutos
Rápido ou Blitz: 3 a 5 minutos
Bala ou Bullet: 2-3 minutos
Relámpago ou Lightning: 1 minuto

Os controis de tempo con incremento ou bonificación por xogadas realizadas permiten crear distintas modalidades de xadrez rápido. Por exemplo, a modalidade máis común do xadrez Blitz usando o sistema Fischer de bonificación por xogada é de tres minutos para a partida máis dous segundos de incremento (3+2), ou de 4+2. Mesmo hai modalidades aínda máis rápidas que o Lightning, por exemplo a de 0+1 (un xogador debe facer a súa primeira xogada para recibir un segundo inicial).

En países nos que se transmiten partidas de xadrez por televisión, a modalidade máis usada é a de 25 minutos por xogador sen incremento, o que permite destinar os dez minutos restantes dunha hora a publicidade.







1 de julio de 2016

XORNADA DE XADREZ NA RÚA












O concello de Cambados e Xadrez Galego organizan unha xornada de promoción do xadrez na rúa, mañá sábado día 2  na Praza do Concello de 20:30 a 22:00 horas. Será unha xornada aberta a todo tipo de públicos e será de carácter gratuito. Os interesados poderán informarse, aprender as regras básicas, xogar e analizar partidas amistosas, con “handicap”, reloxo, por internet, co móbil, contra o programa de ordenador e, ademais, retar a mestres e campións. Esta xornada estará coordinada por Miguel Palacios.










29 de junio de 2016

TORNEO DE PARTIDAS RÁPIDAS DE XADREZ EN CAMBADOS










O vindeiro 2 de xullo terá lugar na praza do Concello un torneo de partidas rápidas de xadrez. O evento está programado para as 20:30. A organización deste torneo levarase a cabo por parte de Miguel Palacios e José Ramón Rey, contando coa entidade "Xadrez Galego" como coordinadora e co Concello de Cambados como promotor da actividade. Para participar é preciso apuntarse previamente vía móbil ou watsapp no 652544207 ou ben falando por mensaxe privado no facebook de Miguel Palacios González.
Este torneo forma parte do conxunto de novas actividades relacionadas co xadrez que se están a desenvolver na vila. Así ponse fin ao programa do mes de xuño, que contou cun total de 16 horas de clase e dúas simultáneas nos institutos cambadeses. As clases continuarán en xullo polas mañás e o prazo de inscripción ao curso permanecerá aberto.

Cambados contará  tamén o día 2 coa ilustre presencia do Mestre  Internacional de Xadrez e Director de "Xadrez Galego" Roberto Páramos, que coordinará o transcurso do torneo e con quen os participantes poderán charlar nunha merenda programada para o peche da actividade.



22 de junio de 2016

O XADREZ TOMA OS COLEXIOS E SEGUIRÁ ACTIVO NO VERÁN











Os pasados xoves 16 e venres 17 de xuño tiveron lugar nos centros IES Ramón Cabanillas e IES Francisco Asorey,  unhas sesións de partidas simultáneas de xadrez.
A actividade, na que participaron arredor duns 30 alumnos de cada centro e de todas as idades, levouse a cabo a cargo de Miguel Palacios e José Ramón Rey. O obxectivo consistía en promocionar as clases de xadrez que se levan impartindo en Cambados dende principios de mayo e que se impartirán polas mañás durante todo o verán na Fábrica de Peña, e tamén informar da existencia dun torneo de partidas rápidas programado para a tarde do 30 de xuño do que informaremos nuns dias.
Miguel e Joserra son dous Monitores de Dinamización e Tempo Libre. Aspiran a crear un clube oficial de aquí a finais do verán. Vense respaldados polo Concello de Cambados e coordinados por Xadrez Galego (unha das entidades máis importantes vinculadas ao xadrez), quen está a formar a Miguel Palacios nas materias de Monitor Base de Xadrez e de Coordinador de Proxectos.

O programa de verán constará 4 horas semanáis de clase repartidas en 2 días á semana. Tamén incluirá a realización dun torneo e unha sorpresa ao finalizar cada mes.







7 de abril de 2016

SIMULTÁNEAS DE XADREZ PASADO SÁBADO










O pasado sábado 2 de abril tivo lugar en Cambados o evento de xadrez organizado polo Concello de Cambados e Xadrez Galego co obxectivo de promover o xogo ciencia.

A actividade, desenvolveuse de 11:00 a 13:30h, consistiu nunha sesión de simultáneas impartidas polo mestre internacional Roberto Páramos e polo subcambión de España e bicampeón de Galicia na categoría sub-10, Rubén Fernández López.
A experiencia resultou un rotundo éxito dado que o índice de asistencia superou as espectativas, atopándose o cupo de participantes cheo e contando con múltiples recambios que se foron incorporando.
Cambados amosou o gran nivel dos seus xogadores amateurs acadando un total de 6 empates e unha victoria fronte os fortes xogadores vigueses. Cabe destacar as actuacións de Alejandro Prado e de Luca Rey Chimera.

Este evento é o primeiro de varios previstos para mellorar as condicións do xadrez na vila mediante a organización de clases, torneos  e diversas actividades para tódolos públicos, facendo especial fincapé an mellora do xadrez base cambadés.







18 de marzo de 2016

PARTIDAS DE XADREZ NA PRAZA DO CONCELLO






O vindeiro sábado 2 de abril celebraranse na Plaza do Concello unhas partidas simultaneas de xadrez.  No caso se mal tempo serían dentro do propio salón de Plenos

Simultáneas: as partidas simultáneas de xadrez (exhibición simultánea de xadrez) é un evento de promoción onde un destacado xadrecista (Mestre ou superior) xoga múltiples partidás de xadrez á vez contra xogadores novos ou afecioados. Trátase dunha proba que representa un gran esforzo técnico, físico e intelectual.
Este tipo de exhibicións poden organizarse con diversas variables e a sesión máis común é:
Participantes: 20 opoñentes.
Duración: aprox. dúas horas.
Control de tempo: non se otilizan reloxos para evitar maior esixencia deportiva.
Sistema de xogo: o Mestre/exhibidor xoga todas as partidas coas pezas brancas e vai de taboleiro en taboleiro nunha orde fixada; o Retador, efectúa o movemento na súa presenza, así ata a seguinte quenda.
O exhibidor, antes de realizar a súa xogada, adoita tomarse unha pequena pausa para pensar.
Colocación: Os taboleiros adoitan estar ordenados nun gran círculo ou cadrado. Recoméndase situar unha mesa e unha cadeira central con suficiente bebida, para que descanse e se hidrate o Mestre.
Condicións especiais:
-O público pode colocarse por detrás dos participantes, nunca na zona central.
-Ocasionalmente, os Mestres dan exhibicións simultáneas de xadrez "á cega". Neste caso, o exhibidor, cos ollos vendados, é asistido por un árbitro ou intermediario, que indica os movementos dos seus opoñentes e realiza sobre o taboleiro as súas xogadas.






14 de julio de 2015

ESTE SÁBADO PRESÉNTASE O XXXI ABERTO INTERNACIONAL ALBARIÑO








XXXI ABERTO INTERNACIONAL ALBARIÑO 
Do 01 ao 08 de Agosto de 2015
O Sábado, día 25 de xullo ás 12:30 horas no “PARADOR NACIONAL DEL ALBARIÑO”. terá lugar a presentación do  ABERTO INTERNACIONAL ALBARIÑO na sua 31º edición.

1.- A organización do presente torneo correrá A Cargo do CLUB DE XADREZ ALBARIÑO, en colaboración coas Federacións Española e Galega de Xadrez.
2.- Poderán participar neste todos aqueles xogadores que posúan licenza federativa, en vigor. Ademais, a Organización resérvase o dereito de aceptar a inscrición daqueles xogadores que crea oportuno.
3.- O Torneo xogarase polo sistema Suízo, á distancia de 9 roldas, do 1 ao 8 de Agosto. Todas as roldas darán comezo ás 17,00 horas, agás a SEGUNDA (día 2, dobre rolda) que comezará ás 10,00 horas e a ÚLTIMA que comezará ás 15,00 horas. Tempo de espera 1 hora.

As sesións de xogo desenvolveranse no Instituto de Bacharelato "Ramón Cabanillas".
Cada xogador pode solicitar ata 3 byes (0,5 puntos), antes da sexta rolda.
INSCRICIÓNS: Teléfonos 986 52 48 63 e 660 68 78 83. macostafuentes@yahoo.es
4.- Ritmo de xogo: 90 minutos +30 segundos de incremento por xogada realizada.
5.- Empregarase o Sistema Suízo FIDE. Nos empates para a clasificación final, empregarase: a) Puntuación progresiva, b) Sistema BOUCHOLZ, pero contabilizando soamente os sete contrincantes de maior puntuación.
6.- Calquera litixio que se presente, será resolto, polo Arbitro Principal. Esta decisión será definitiva, ao obxecto de non paralizar a marcha do Torneo.
7.- Este Torneo, que está incluído no "CIRCUÍTO GALEGO DE XADREZ INTERNACIONAL" e rexistrado na FIDE, é válido para a obtención de ELO NACIONAL E INTERNACIONAL.
8.- ARBITRO: JUAN B. ARANZABE BALCISCUETA


                                      XXIX Torneo Infantil

LUGAR: INSTITUTO RAMÓN CABANILLAS
SISTEMA SUÍZO A 6 ROLDAS Semirrápidas (30 minutos cada xogador)
MÉRCORES 5: 2 ROLDAS A PARTIR DAS 11:00h
XOVES 6: 2 ROLDAS A PARTIR DAS 11:00h
VENRES 7: 2 ROLDAS A PARTIR DAS 11:00h
NOTA: Poderán participar os nacidos no ano 2000 e posteriores.



MÁIS INFO








10 de octubre de 2014

O XADREZ EN CAMBADOS VISTO DESDE FORA





JUAN JOSÉ ALONSO SÁNCHEZ SECRETARIO DE LA ASOCIACIÓN TABLERO SANTAPOLERO ESCRIBE ESTE ARTIGO NO "PERIÓDICO DE sANTA POLA" (ASTURIAS) PARA DESTACAR A AFECCIÓN AO XADREZ EN CAMBADOS, COMPARANDOA CO SEU.



    Non o traducimos para que manteña a sua orixinalidade.
    Estimados amigos: Después de dos meses de ausencia de mi querida Santa Pola, me encuentro de nuevo entre vosotros. Han sido unos días veraniegos en los que he visitado diversas ciudades por el centro y norte de España. No os extrañará, si os digo que en todos estos sitios en los que estuve, procuré enterarme de como se encontraba la afición local, si había muchos o pocos interesados en el ajedrez, si se celebraban torneos, si disponían de locales y todo lo que tuviera relación con nuestra afición. Y he de deciros que me alegré mucho al comprobar que en cualquier pueblo de los que estuve, por pequeño que fuese, había personas jugando en locales cedidos por los ayuntamientos o asociaciones de diverso tipo. Muy especialmente me llamó la atención la afición que existe en Cambados en la provincia de Pontevedra. Cambados es un pueblo que tiene 13,500 habitantes y está en la ría de Pontevedra. Este pueblo, mucho mas pequeño que Santa Pola, viene celebrando desde hace treinta años un torneo internacional de ajedrez. Este año estaba convocado entre los dias 1 y 9 de agosto, lo que coincidió con mi estancia. El Ayuntamiento había cedido la sala de deportes del instituto Ramón Cabanilles para el torneo, en la que se daban los premios. No sé cuantas personas estaban inscritas en el torneo de este año, pero yo conté más de 40 mesas en la sala que se habían preparado para la celebración y me informaron que en el torneo anterior se clasificaron 81 jugadores de diversas nacionalidades.
    La presentación se hizo en el Parador Nacional que hay en el mismo pueblo. Un edificio soberbio que dio mucho brillo al acto. En este torneo participan jugadores de diversos países.Los ganadores han sido, con frecuencia, procedentes de Cuba, Rumanía, Rusia, Argentina, Perú, etc. y en menor medida de España. Paralelo al anterior, se jugaba también el XXVIII torneo infantil. En otros pueblos de la zona como Mondariz o Ferrol, se estaban preparando torneos que forman el Circuito Gallego del Ajedrez. Antes, os escribía que me alegré al ver tanta afición y organización, pero tampoco os oculto que sentí envidia de como en sitios con mucha menos población se fomenta e impulsa el ajedrez por parte de los ayuntamientos y empresas comerciales e industriales. Siempre me queda la esperanza que nuestros regidores locales le presten una ayuda más efectiva al AJEDREZ de Santa Pola.


    1 de agosto de 2013

    COMEZA HOXE O XXIX TORNEO INTERNACIONAL DO ALBARIÑO DE XADREZ






    Comeza hoxe en Cambados a a XXIX edición do Aberto Internacional do Albariño que se vai a celebra ata o 9 de agosto no salón de actos do instituto Ramón Cabanillas. O cubano Arián González defende o título do ano pasado. Serán un total de 77 os xogadores que entren en liza esta tarde a partir das 17 horas, de entre os que destacan á marxe do cubano, Ibragim Khamrakulov, Ilmars Starostits, Diego Guerra, Rafael Rodríguez, Dragan Paunovic, Toms Kantans, Nikita Meskovs e Ayelen Martínez.
    Repartiranse premios en metálico que roldan desde os 1.100 euros do primeiro clasificado, aos 150 euros para o que se clasifique en 15º lugar, coa peculiaridade de que os premios repártense a partes iguais entre todos os empatados.

    O Club Xadrez Albariño de forma paralela ao Aberto Internacional tamén celebra un torneo infantil mañá. A inscripción permanece aberta e todos os interesados poden anotarse e solicitar información vía telefónica nos números 986 524 863 e660 687 883, ou mediante e-mail na dirección macostafuentes@yahoo.é.
    Cabo recordar que o Aberto do Albariño no seu XXIX edición rende este ano homenaxe a título póstumo a Isidoro Pintos Costa, socio e persoa moi vinculada ao club falecido fai uns meses.