O cambadés do Clube Xadrez Fontecarmoa, Luca Rey, acadou un novo éxito no Campionato do Mundo Sub-14 de Xadrez Blitz-Lóstrego, celebrado en Salobreña (Granada). O xogador, con tan só 12 anos de idade, clasificouse para os dous campionatos mundiais, Rápido e Relámpago, trala terceira praza no torneo nacional, debutando cunha meritoria vixésima praza no Mundial de partidas rápidas cun total de 5,5 puntos. Tras a boa clasificación, Rey Chimera iniciou o Mundial Relámpago con boas expectativas, xa que a velocidade do xogo é a que máis se adapta ás súas calidades técnicas. Así foi que conseguiu seis vitorias, táboas contra o español Joan Moll e duas derrotas, unha delas contra o vietnamita Pham Vo, que sería finalmente o campión do torneo.
Entre os días 11 e 13 de setembro, un total de 183 xogadores procedentes de 22 países participaron nos Campionatos Mundiais de Xadrez Xuvenil Rápido e Lóstrego no Hotel Salobreña Suites, sede habitual dos Campionatos de España de Idades. A delegación española formárona un total de 118 xogadores.
O resumo da participación galega nestes Campionatos é o seguinte; Rubén Fernandez López (Escola Xadrez Pontevedra) obtivo un 3º posto, Luca Rey Chimera (Xadrez Fontecarmoa) un 5º posto e Pablo Lopez Varela (Escola Luguesa) obtivo un 6º posto.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.