Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de marzo de 2018

A TORRE GÁÑALLE AO ALBARIÑO NO DUELO LOCAL DE XADREZ









Victoria por 4-0 do EXP Torre de Cambados frente ao Clube Xadrez Albariño no derbi cambadés, na cuarta xornada ligueira.
Na mesa 1, Miguel gañou a Brais, que se deixou dúas pezas na apertura.
Na 2, Iago saíu ben da apertura frente a Álvaro e gañou un cabalo que significaría a partida.
Na 3, Sergio venceu a Alejandro, acadando ventaxa coa súa apertura inglesa e castigando o rei non enrocado do rival.
Na 4, Luís, pese a cometer graves erros tácticos, venceu a Pablo nunha partida irregular.
Contundente victoria dos rapaces  que visitarán Vilagarcía a próxima xornada para medirse ao Fontecarmoa Vitaldent.

O pasado sábado 24 de febreiro diputouse a 4ª xornada da Liga Galega e o EXP Torre de Cambados venceu 2,5 - 1,5 ao EXP Chess Cares.
Na mesa 1 Iago acordou tablas nun final de alfiles de distinta cor.
Na 2 Miguel perdeu nunha frouxa partida.
Andrés e Bili debutaban na 3 e na 4, obtendo boas victorias.


Foto de Clube Xadrez Torre de Cambados.O sábado 17 de febreiro, xogouse a terceira xornada da Liga Galega por Equipos. O EXP Torre de Cambados recibía ao Fontecarmoa Sokes Multiservicios, un equipo con xogador@s moi novos, de pouca experiencia pero moita proxección.
Na mesa 1 Iago xogou unha moi boa partida contra Rita, acadando ventaxa e gañando grazas a un ataque contra o enroque.
Na mesa 2, Marta puxo en apuros a Miguel, pero o de Meis gañou peza grazas a un truco e conseguiu levarse o punto.
Na 3, Luís e Juan Carlos protagonizaron a partida máis longa da tarde, na cal o cambades impúxo
se por mor dun erro rival.
Na mesa 4 debutaba Jorge, que pese a ter unha mala posición na apertura frente a Mariña, soupo darlle a volta e pasou a un final gañado.

O sábado 3 de febreiro, o EXP Torre disputou en Marín a segunda xornada da Liga Galega.
Na mesa 1 Iago logrou aguantar nunha posición incómoda de xogar e arrancou unhas valiosas táboas.
Na mesa 2, Miguel Docal gañou calidade na apertura e impúxose nunha partida con graves erros por ambos bandos.
Na 3 Luís tivo opcións de acadar ventaxa decisiva en varios momentos, pero tivo que ser no final de torres onde o cambadés se faría co punto.
Na 4 debutaba Hugo, que fixo un bo papel pese á derrota contra un xogador de máis nivel.
O EXP Torre de Cambados sumaba a segunda victoria para continuar co bo arranque de Liga. Con 6,5 puntos de 8 posibles



Crónica da 1ª xornada


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.