O sábado comezou a Liga Galega de Xadrez por Equipos e o EXP Torre de Cambados debutou na categoría de terceira división cunha victoria por 4-0. O encontro tivo lugar na sala de conferencias de ExpoSalnés, en Cambados.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiMJCw_mjPdBX7ERYb9kFq6vjiBaS5zdbOczbTAwmQcGp-hhOIPw9FlZQU99snzG4KKrV0zVf4-KO8X0Qxt9FcI7-aKj_nwdqotshsihvHBj-hg9glz6XMvXPD9pSr2lGWpSntWuZGZ8JA/s200/Screenshot_58.png)
Na mesa 1 Miguel gañou a Rafa, quen tras xogar moi ben a apertura, precipitouse e deixouse un cabalo por mover rápido.
Na mesa 2 Iago picou nunha celada de Gabriel, quen acadou peza por 2 peóns e mellor posición, pero o Cambadés soupo remontar a partida gracias a un ataque ao rei.
Na 3, Carmen tivo a partida gañada nun momento pero Miguel desquitouse do ataque da xogadora Pontevedresa e pasou a un final gañado.
Na 4 Sergio acadou unha peza de ventaxa ao inicio da partida frente a Fidel, e conseguiu transformala en victoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.