Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de junio de 2016

O XADREZ TOMA OS COLEXIOS E SEGUIRÁ ACTIVO NO VERÁN











Os pasados xoves 16 e venres 17 de xuño tiveron lugar nos centros IES Ramón Cabanillas e IES Francisco Asorey,  unhas sesións de partidas simultáneas de xadrez.
A actividade, na que participaron arredor duns 30 alumnos de cada centro e de todas as idades, levouse a cabo a cargo de Miguel Palacios e José Ramón Rey. O obxectivo consistía en promocionar as clases de xadrez que se levan impartindo en Cambados dende principios de mayo e que se impartirán polas mañás durante todo o verán na Fábrica de Peña, e tamén informar da existencia dun torneo de partidas rápidas programado para a tarde do 30 de xuño do que informaremos nuns dias.
Miguel e Joserra son dous Monitores de Dinamización e Tempo Libre. Aspiran a crear un clube oficial de aquí a finais do verán. Vense respaldados polo Concello de Cambados e coordinados por Xadrez Galego (unha das entidades máis importantes vinculadas ao xadrez), quen está a formar a Miguel Palacios nas materias de Monitor Base de Xadrez e de Coordinador de Proxectos.

O programa de verán constará 4 horas semanáis de clase repartidas en 2 días á semana. Tamén incluirá a realización dun torneo e unha sorpresa ao finalizar cada mes.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.