O concello de Cambados e Xadrez Galego organizan unha xornada de promoción do xadrez na rúa, mañá sábado día 2 na Praza do Concello de 20:30 a 22:00 horas. Será unha xornada aberta a todo tipo de públicos e será de carácter gratuito. Os interesados poderán informarse, aprender as regras básicas, xogar e analizar partidas amistosas, con “handicap”, reloxo, por internet, co móbil, contra o programa de ordenador e, ademais, retar a mestres e campións. Esta xornada estará coordinada por Miguel Palacios.
Tamén che pode interesar... TORNEO DE PARTIDAS RÁPIDAS DE XADREZ EN CAMBADOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.