Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de marzo de 2016

PARTIDAS DE XADREZ NA PRAZA DO CONCELLO






O vindeiro sábado 2 de abril celebraranse na Plaza do Concello unhas partidas simultaneas de xadrez.  No caso se mal tempo serían dentro do propio salón de Plenos

Simultáneas: as partidas simultáneas de xadrez (exhibición simultánea de xadrez) é un evento de promoción onde un destacado xadrecista (Mestre ou superior) xoga múltiples partidás de xadrez á vez contra xogadores novos ou afecioados. Trátase dunha proba que representa un gran esforzo técnico, físico e intelectual.
Este tipo de exhibicións poden organizarse con diversas variables e a sesión máis común é:
Participantes: 20 opoñentes.
Duración: aprox. dúas horas.
Control de tempo: non se otilizan reloxos para evitar maior esixencia deportiva.
Sistema de xogo: o Mestre/exhibidor xoga todas as partidas coas pezas brancas e vai de taboleiro en taboleiro nunha orde fixada; o Retador, efectúa o movemento na súa presenza, así ata a seguinte quenda.
O exhibidor, antes de realizar a súa xogada, adoita tomarse unha pequena pausa para pensar.
Colocación: Os taboleiros adoitan estar ordenados nun gran círculo ou cadrado. Recoméndase situar unha mesa e unha cadeira central con suficiente bebida, para que descanse e se hidrate o Mestre.
Condicións especiais:
-O público pode colocarse por detrás dos participantes, nunca na zona central.
-Ocasionalmente, os Mestres dan exhibicións simultáneas de xadrez "á cega". Neste caso, o exhibidor, cos ollos vendados, é asistido por un árbitro ou intermediario, que indica os movementos dos seus opoñentes e realiza sobre o taboleiro as súas xogadas.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.