O vindeiro 2 de xullo terá lugar na praza do Concello un torneo de partidas rápidas de xadrez. O evento está programado para as 20:30. A organización deste torneo levarase a cabo por parte de Miguel Palacios e José Ramón Rey, contando coa entidade "Xadrez Galego" como coordinadora e co Concello de Cambados como promotor da actividade. Para participar é preciso apuntarse previamente vía móbil ou watsapp no 652544207 ou ben falando por mensaxe privado no facebook de Miguel Palacios González.
Este torneo forma parte do conxunto de novas actividades relacionadas co xadrez que se están a desenvolver na vila. Así ponse fin ao programa do mes de xuño, que contou cun total de 16 horas de clase e dúas simultáneas nos institutos cambadeses. As clases continuarán en xullo polas mañás e o prazo de inscripción ao curso permanecerá aberto.
Cambados contará tamén o día 2 coa ilustre presencia do Mestre Internacional de Xadrez e Director de "Xadrez Galego" Roberto Páramos, que coordinará o transcurso do torneo e con quen os participantes poderán charlar nunha merenda programada para o peche da actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.