O pasado sábado 2 de abril tivo lugar en Cambados o evento de xadrez organizado polo Concello de Cambados e Xadrez Galego co obxectivo de promover o xogo ciencia.
A actividade, desenvolveuse de 11:00 a 13:30h, consistiu nunha sesión
de simultáneas impartidas polo mestre internacional Roberto Páramos e
polo subcambión de España e bicampeón de Galicia na categoría sub-10,
Rubén Fernández López.A experiencia resultou un rotundo éxito dado que o índice de asistencia superou as espectativas, atopándose o cupo de participantes cheo e contando con múltiples recambios que se foron incorporando.
Cambados amosou o gran nivel dos seus xogadores amateurs acadando un total de 6 empates e unha victoria fronte os fortes xogadores vigueses. Cabe destacar as actuacións de Alejandro Prado e de Luca Rey Chimera.
Este evento é o primeiro de varios previstos para mellorar as condicións do xadrez na vila mediante a organización de clases, torneos e diversas actividades para tódolos públicos, facendo especial fincapé an mellora do xadrez base cambadés.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.