Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de junio de 2017

DOUS ANOS DE GOBERNO (2): VÍCTOR CAAMAÑO











Un dos eixos que vertebran o modelo de goberno en Cambados pivota ao redor do BNG encabezado polo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Educación e Cultura Víctor Caamaño. Certo que esta formación fuxe dos personalismos para se centrar nos programas asemade o pulo de Víctor, María Xosé Cacabelos e Teresa Prado é notorio, porque teñen o que en política coñecemos coma principios ben fortes. Mar, agro, medio ambente, participación veciñal, deporte e patrimonio son tamén competencias que asumíu para mudala faciana da nosa vila.

Levan no seu ADN seren catalizadores das demandas dos veciños e veciñas que aspiran a deixar atrás o caciquismo do PP local e pretenden facer do Concello un lugar de encontro desde onde crear unha nova maioría social. O bloque gobernando ou na oposición sempre deixou claro que é imperativo facer pedagoxía para trocalo anterior modelo e acadar un concello diferente que teña coma principiais alicerces o traballo arreo, a firmeza e a honradez, na percura dunha maior calidade de vida para os veciños, poñendo en valor os recursos propios que ten a nosa terra e a nosa Cultura.

MODELO AO SERVIZO DAS PERSOAS
Coma en toda Galiza traballan para ter un Concello libre e democrático onde non teña cabida algunha a corrupción que representa o Partido Popular. Os seus principais apoios son os veciños que non se resignaron e loitaron a pé de rúa, porta por porta e desde a oposición (agora no goberno) por eliminaren esa lacra. Son un espello para aqueles que detestan o transfuguismo e rompela vontade do pobo que é o depositario da soberanía, un dos leitmotivs do seu programa. Comprometéronse co seu electorado nalgunhas cuestións que tiveron unha repercusión mediática moi potente, como o caso da Peonalización da Praza de Fefiñáns e a retirada da estatua de Manuel Fraga. 


REBELDÍA, esta sería a verba axeitada para definir o que é o BNG non seu conxunto, un partido que loita contra as desigualdades e ten coma ronsel a xustiza social. Non era de “xustiza” ter un monolito adicado a un Fascista; por moito que mudara de pel despois nunca pedíu perdón por aquela etapa, nunca se arrepentíu e coma reflicte Víctor un goberno de esquerdas non podía pasaren por alto iso, e polo “alto” foi Fraga. E da Praza de Fefiñáns o desencontro con Xosé Ramón Abal encheu moitas portadas. Certo que no pacto de goberno estipulaba como condición “sine qua non” Cambados Pode que esta lexislatura non se cerraría ao tráfico (por motivos de sobra coñecidos) a Praza porén o BNG quixo amosar o seu compromiso cos seus votantes. É coma aqueles manifestantes que en EE.UU daban voltas cunha pancarta ao redor dunha central nuclear. Un poli que por alí estaba, canso de ter que ficar alí vixiando, achegouse a un e díxolle: “Non vos decatades que co que estades a facer non vos van facer caso algún”. Resposta: “Sí, seino, pero estando aquí amoso que non estou de acordo con isto”.
Ese é o xerme da democracia e o equipo do BNG de Cambados quere un goberno democrático e libre, e se iso significa practicala asertividade e dicir non estou de acordo con isto, faino, e coma isto calquera cousa. 

FESTA DO ALBARIÑO.-
Unha das teimas da dereita ven sendo que o BNG “nacionalizou” a Festa por antonomasia da nosa vila. O Capítulo Serenísimo, o Consello Regulador, o Partido Popular nunha palabra está doente porque priváronlles ao perdelo goberno de Cambados de montalo “sarao” ao que nos tiñan acostumados. Son dúas visións contrapostas, e a nostalxia e a xenreira por parte dos segundos provoca que se critique calquera cambio na súa organización: todo está mal, o cartel, o programa de actos, as actuacións musicais … agás o pregoneiro non se salva nen o apuntador. Hai debate: sí, penso que habería que consensuar de aquí en adiante o programa de concertos, preguntar aos veciños que lles gostaría ollar, dese xeito evitábase que sempre esteamos coa mesma tonada, así como lle daren maior valor ao Cartazo do Albariño. Unha Festa de interese turístico nacional non pode ter un concurso para elexir un cartel cun premio de 500 euros, é unha imaxe moi pobre. Non sei que fotógrafo profesional nen que empresa de comunicación pode estar interesada nalgo así de tal xeito que o cartel premiado este ano xa está no centro da tormenta. Comparto que hai que darlle unha oportunidade aos nosos artistas, aos novos valores, porén para iso xa están outros certames, non me parece apropiado para un evento desta magnitude. O que foi a supresión do desfile con “modelo incluída”, o que no Xantar cada quen pague o seu prato e que se vele pola seguridade está ben feito, son (entre outras cousas) decisións axeitadas.
En definitiva o BNG non deixa a nadie indiferente. Cometen erros coma todos pero en nengún caso se pode poñer en tela de xuízo o seu compromiso cos demais e que se deixan a pel nesa tarefa. Están coas xentes do mar recollendo e sementando as súas propostas, coa do campo, poñendo en valor un sector productivo crave na economía de moitas familias, en contínua conversa cos comerciantes e hosteleiros, escoitando que se pode facer para melloralo tecido produtivo e cun especial énfase na Cultura, sobre todo a nosa, a Galega. Divulgala, dinamizala, fomentala, é unha obriga dos poderes públicos e estano a facer dun xeito modélico, inmellorable. Nunca houbo tal cantidade de actividades, exposicións, conferencias, todas co denominador común de poñer en valor as nosas ideas, artes, ciencias e costumes que forman e caracterizan o estado social do noso pobo.


Por Óscar Núñez









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.