Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de abril de 2015

O BNG PIDE UN CONCELLO DO POBO PARA O POBO






Concello do Pobo ao servizo do Pobo
En moitas ocasións o BNG denunciou a utilización partidista que o PP ven facendo do concello. De xeito inxusto  sempre tentou dar a imaxe de que concello e PP era a mesma cousa; estratexia que o BNG leva denunciado desde hai anos. Así, por exemplo, o BNG  ten denunciado  que, a cotío,  se utilizara o concello para empregar ás persoas afíns ao PP. Hai pouco, incluso, puidemos comprobar como se modificaba a RPT (Relación de Postos de Traballo) para beneficiar a traballadores/as afíns, colaboradores do PP nos procesos electorais, en detrimento dos poucos que non o son. Este tipo de prácticas levou ao BNG a propoñer a revisión e control dos procedementos de contratación ou selección de traballadores e traballadoras  e á elaboración de listas de contratación para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo no concello. Non é de recibo que se repitan ás imaxes de persoas pelexando á saída do concello porque consideran inxusto e inaceptable a elección  de determinadas persoas para cubrir ofertas de emprego temporais.
Pero a utilización partidista do concello de Cambados vai moito máis alá e así, nos actos institucionais, o PP sempre se esquece de que hai concelleiros doutras opcións políticas  que representamos a unha parte importante da cidadanía e que polo tanto compre a nosa presenza neles. E seguindo nesta argumentación de indiferenciación entre PP e concello,  tamén queremos facer unha referencia a aquela impresentable revista municipal (“A Calzada”) que pagabamos entre todos/as e que era utilizada como propaganda do PP nas eleccións, chegando incluso a mostrar algunha fotografía que teñen reutilizado nos panfletos políticos do PP. E semella que seguen a actuar, nesta mesma liña, pois  esta semana algúns veciños/as preguntáronlle ao BNG como nunha rede social do PP e do concello se tiñan publicado as mesmas noticias practicamente ao mesmo tempo, como se fora a mesma persoa a encargada de controlar ámbalas redes sociais (“seguro que son imaxinacións da xente”). De tentar que Aragunde nos aclare esta dúbida todos intuímos a resposta de que iso son imaxinacións nosas. No BNG temos moitas imaxinación, por certo.

En calquera caso, un Concello debe ser do Pobo e estar ao servizo do Pobo e non do PP (nin doutro, claro) e iso será unha das moitas cousas que cambiarían cun goberno municipal do BNG no concello de Cambados.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.