A Consellería do Mar, a través de persoal do ente público Portos de Galicia, de Gardacostas e do Intecmar, vén de organizar conxuntamente con Salvamento Marítimo e a Confraría de Pescadores de Cambados un exercicio de loita contra un vertido contaminante, a partir dun simulacro. A actividade, que contou coa presenza do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán e o tenente alcalde e concelleiro de Medioambiente de Cambados, Víctor Caamaño, tivo lugar esta mañá no porto de Tragove, do municipio cambadés, e permitiu obter novos datos relativos ao funcionamento de equipos para establecer protocolos de resposta ante accidentes ambientais.

Segundo explicou o presidente de Portos, “este tipo de exercicios desenvólvense de xeito regular para comprobar a capacidade de resposta dos efectivos e o grao de coordinación e efectividade do seu traballo conxunto”. Neste caso, a actividade permitiu “testar o estado e o bo funcionamento dos equipos e instruír ao persoal participante na utilización dos medios para a loita contra a contaminación no mar por hidrocarburos”, engadiu Durán Hermida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.