Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de febrero de 2016

O PLAN DE COMPOSTAXE DA DEPUTACIÓN EXEMPLO EN EUROPA







O Plan Compost Revitaliza da Deputación de Pontevedra ven de ser proposto pola Comisión Europea como experiencia relevante de compostaxe na UE. Os datos deste programa provincial posto a andar polo vicepresidente César Mosquera serán publicados no boletín da Oficina Europea de Estatística, coñecido como Eurostat, e poderán ser consultados dende os 27 países membros.
O propio vicepresidente explicou hoxe que o motivo da selección debeuse a que a CE precisa información de proxectos reais que sexan alternativa ao tratamento de residuos obrigado por normativa. "O Plan Compost é a primeira experiencia europea das súas características. Moitos plans non teñen o volumen e a importancia requeridas pola Comisión Europea, pero nós agardamos chegar a unhas 250.000 persoas en catro anos, un cuarto da poboación da provincia. O noso procedemento está resultando modélico, un referente e un foco ao que van poder mirar outras localidades", subliñou Mosquera.
 Compostaxe de algas
 O vicepresidente provincial tamén anunciou onte a aposta da Deputación de Pontevedra pola compostaxe de algas. Sinalou que varias confrarías da ría participarán nas conferencias da ‘Facultade de Compostaxe' para expoñer o traballo que están facendo puntualmente neste sentido. De feito, Mosquera apuntou que o problema da compostaxe de algas, a día de hoxe, é que non está ordenado, polo que hai moito traballo de soporte técnico-loxístico e asesoramento por facer.  "Parécenos interesante actuar neste sentido, xa que non hai nada dende a Xunta nen outras administración. Os concellos de Poio e Pontevedra levaban as algas das Praia a Ecocelta, que producía un compost de alta calidade, pero pouco máis", explicou o nacionalista.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.