Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de junio de 2019

O PP NON GAÑA O OITAVO CONCELLEIRO EN CAMBADOS


A Xunta Electoral Central tomba os recursos interpostos por Partido Popular e Somos Cambados, que cruzaron reclamacións de impugnación de votos recibidos por ambas as partes. O PP reclamaba que lle validasen media ducia de votos que foron declarados nulos na xornada electoral das municipais. A Xunta Electoral Central non varía en ningún momento a resolución anterior da Xunta Electoral de Zona, que xa dixera non as reclamacións do PP. Polo tanto o Partido Popular queda con sete concellerías, o PSOE catro edís, Somos Cambados, tres actas, o BNG, duas, e Cambados Pode, unha. Somos reclamaba un voto semellante a un do PP para que no canto de ser 8 os necesarios foran nove os votos, si admitían ambos.
Con esta decisión da Xunta Electoral Central non hai camiño pola vía electoral, polo que ordena á Xunta de Zona a proceder ao reparto de concellerías que saíu o pasado 26 de maio.
O PP podería acudir a xustiza ordinaria para variar o resultado, pero parece que non acudirán a ela.

Ábrese agora definitivamente a porta a un tripartito de esquerdas que foi o mandato dos cambadeses nas urnas. O PP reclamaba como bos uns votos do seu mesmo partido pero correspondentes á candidatura das eleccións europeas, que apareceron no sobre branco das municipais e na urna tamén das municipais. Con todo, a Xunta Central ratificouse na doutrina de que deben ser considerados nulos por ser papeletas doutro proceso electoral e, por extensión, doutra candidatura.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.