ELEICIÓNS 2015: PEDRO SÁNCHEZ
Pedro Sánchez candidato do PSOE á Presidencia do Goberno chegou ao debate de A3 Media coa certeza de que ía ser obxecto de ataques por tódolos francos e non polo seu proxecto político senón pola traxectoria do seu partido ao longo de 22 anos. A posta en escena que a Directora de Comunicación Nuria Gallovart (o PSOE é conscente do valor que hai que lle dar á comunicación, nada que ver con Rajoy que ollou o debate na casa rodeado dunha postal propia do Día de Acción de Gracias) foi arriscada: nin máis nin menos que defender a capa e espada o legado dos Executivos Socialistas, tarea ímproba porén se hai algo no que erran os populistas e que a corrupción (agás que señas do PP, que no seu libro de contas hai haber pero non hai déficit - ollan moitas películas de Cantinflas) é producto das personas que empregaron a política para un lucro cesante e non dos partidos nos que hai de todo, xente honrada e honesta e outra que non é tal, nada que non saibamos todos (Pablo Iglesias non ten pasado, e Albert, e iso é unha baza ao seu favor enorme e aínda así co pouco que levan escándalos uns cuántos, e os que virán porque coma tantas veces levo referido a cobiza non é propio dunhas sigas, é un pecado capital. Pos aínda que nervoso porén é inexperto nestas lides xogou a baza dos contidos e non se arredou a pesares da inquina dos comentarios que lle viñan enriba e dito seña de paso os otros tres non estaban pola labor de analizalo programa electoral do PSOE, senón atacalo polo seu pasado, algo do que Pedro pouca culpa ten: en todo caso a política é coma o xadrez: podes facer unha apertura que sabes fixo que non vai a quedala partida en tablas de ningunha das maneiras. No curso do debate de A3 Media alternou (moi sabio) pasado e futuro para situárense no centro do tableiro e defender coma fixo Fátima Abal en Cambados un proxecto renovado coa experiencia duns gobernos nos que España deu un paso adiante. Aguantou a duras penas o ataque sostenido dos seus oponentes pola carga quue aceitou tomar coma propia e non renegar da mesma e defendeu a labor dos ex-presidentes Felipe González, maxistral no espazo de TV Espello Público ao día seguinte e ao outro que agora hai xente se decata non era o touro que matou a Manolete, José Luis Rodríguez Zapatero. De ámbolos dous lembrou as partes da súa xestión máis atinadas.
O xefe de Executivo Mariano Rajoy foi referente permanente de Pedro a pesares de ter en diante á súa nº 2. Contra o vaticinio de moitos internautas que ven posível unha pinza PSOE / CS Pedro Sánchez non ten ningunha clase de química (nin de ideas) con este partido inventado polos Empresarios, unha vez dan a Mariano coma finiquitado dada a valoración que del proferiu a sociedade Española a traveso das enquisas, e con Artur Mas perden cartos a esgallo un día sí e outro tamén. Lembrei fai pouco tempo de tódolos xeitos a algún Blog que de cando en vez se alimenta das súas propias emocións que este Catalán non é un calquera, coñece as teclas que hai que tocar. Os banqueiros non fían os seus cartos así coma así, e moito máis despós da crise. Colocouse Albert nunha posición transversal co galo de chegar á maior parte da xente posível. Esa foiu a súa posta en escena: salíu coma no que no Xadrez se coñece coma Saída Española e de aí o nervosismo de Pedro, porque as consignas dos seus asesores era non permitir de nengun xeito que o político dos Bancos seducira aos sectores progresistas aos que ten a tarefa nada doada de tentar convencer para que saían da súa indecisión ou da proclividade de votar a Rivera, unha vez é o partido de MODA, e voten ao PSOE.
A andanada millor preparada e que está no programa de CS foi cando díxolle “as dereitas propoñedes o copago de todo menos respirar ...” Coa fórmula de empregalo plural o líder Socialista empurraba unha e outra vez a Rivera ao campo do PP. Houbo intres de rifa dialéctica ante a intención clara de colocaren na misma liña ao PP e ao PSOE, algo cansino e que é un mantra que circula por aí, e que coma todo prexuízo calquera pode empregar coma lle conveña aínda que sabe no seu subsconscente que non é certo.
Os puntos de ataque de Sánhez aos seus tres oponentes foron poucos porque a sociedade está cansa de líderes que se cren en posesión da verdade absoluta e os cala a quilómetros. Todo o contrario: moita retranca, humor, e unha posición non extremista, porque as verdades absolutas por moito que lles doa aos outros tres non existen e a cidadanía escoitou tal ristra de prometo, xuro por Snoopy e tal que non se fían nin de Iglesias, nin de Soraya, nin de Albert que dito seña de paso minte moi ben, tanto ou máis que os banqueiros das tarxetas black, das preferentes, e de tódolos productos tóxicos aos que o Banco de España nun feito escandaloso lles deu carta branca para enganar a todo quisque saltándose os principios da boa fe e da transparaencia para facer da usura, da extorsión, e dos desfuizamentos o seu pan de cada día, e ante a fame o personal picou en grande parte no sedal porque alimentas aos teus con plaśtico vai ser que non ...
Non vou a falar apenas nada de Soraya porque é algo lamentable que esta señora de alta alcurnia se presente cunha tarxeta de visita onde di unha cousa é falar e outra gobernar. Menuda, outra que coma Aragunde en Cambados vai e solta: “Ser Alcalde /Vicepresidenta é moi difícil”. Pos está en proporción co soldo que percibides meu rei e miña Soraya, e si vedes que vos “sobrepasa” que pase o seguinte; onde estades hai xente millor preparada e con máis argumentos que se está pudrindo no paro, milleiros de estudantes que teñen que estar vivindo con salarios de esmola que os Empresarios saben que éste ou o seguinte vai a aceitar (coma si queren coller un rubio e cos ollos azuis, todo agás ser da Unión Soviética e ter ideas sindicalistas, eso non).
O que é o anecdotario de ocurrencias, frases tan manidas que xa cansan (portas xiratorias, caverna mediática, casta, e demáis paridas) nin mentalo porque aquí todos van a coller cacho e vale todo con tal de colocarse nunha boa posición (unha cousa coma referiu con bó criterio o líder Socialista é o que se promete e outra é chegar e facelo).
Coma corolario e en liña co apuntado na súa intervención foi repetir o axioma de pasado e futuro. “Represento a millóns e millóns de militantes e votantes socialsitas co orgullo de que fixemos xuntos os maiores avances e transformacións de España, e voltarémolo a facer. Está claro que cre no que di, outra cousa é o escenario que dictaminen as furnas o 20-D. Se me preguntan quen gañou francamente tanto me ten: eu coma todos o que queremos é que dunha vez por todas haia alguén que seña coherente co que di e o que o seu programa electoral reflicte, e sobre todo que o faga.

Un artigo de Óscar Manuel Núñez.
Próxima entrega: Pablo Iglesias.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.