Sen embargo, a maioría absoluta que ostenta o Partido Popular
nas Cortes, e da cal se queren servir para aprobar estes orzamentos en vísperas das
eleccións xerais, fai que o voto favorable do PP sexa imprescindible para poder aprobar
calquer tipo de enmenda. É por esto que dende a formación que encabeza Fátima Abal lle piden ao PP de
Cambados que esixa aos seus deputados e senadores o apoio para esas enmendas, Á vez que avanzan que os deputados e senadores socialistas sí apoiarán calquera
enmenda que vaia a favor de Galicia, e polo tanto tamén de Cambados, presente quen a
presente, demostrando así altura de miras e un auténtico compromiso coa nosa vila.
Os socialistas lembran que entre as súas enmendas figuran medidas para a rexeneración
da ría de Arousa, tan necesaria para os nosos mariñeiros, ou o saneamento da rede de
sumidoiros.
Tamén se presentan enmendas para a construcción dun novo cuartel da
Garda Civil ou para a continuación e rehabilitación da senda fluvial do Umia.
Tamén serán presentadas polos socialistas medidas de ámbito maior pero que afectan a
Cambados, como son a reclamación dunha aportación financieira para un Plan Integral
de Emprego de Galicia, ou un Plan de Reindustrialización e Apoio á Competitividade
Industrial de Galicia.
Os socialistas temen que, unha vez máis, o Goberno que preside Mariano Rajoy volva a
marxinar a Cambados, e por eso lle reclaman aos populares “que, por unha vez,
antepoñan o interese xeral de Cambados aos intereses de partido”. Fátima Abal afirma
que “ocorra o que ocorra, os socialistas estaremos sempre en tódalas administracións
defendendo inversións para Cambados, colaborando man a man con todos os deputados
e senadores socialistas para conseguir inversións para a nosa vila”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.