Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de abril de 2018

A DEPUTACIÓN RETIRA A SÚA COLABORACIÓN COA ORGANIZACIÓN DUN ENCONTRO DE EX MILITARES EN BARRO



A Deputación de Pontevedra retirou a súa colaboración coa organización dun encontro de ex militares, previsto en Barro para finais deste mes de abril, unha vez coñecido que o citado encontro era na realidade unha xornada de homenaxe ao xeneral franquista Millán Astray, titulada como IV Maniobras Simuladas "Millán Astray", organizadas pola "Hermandad de Antiguos Caballeros Legionarios".

A colaboración da Deputación limitouse á impresión de 200 carteis que se tramitaron da mesma forma que se fai co resto de solicitudes de colectivos e asociacións da provincia cando piden carteleira para a realización de actividades sociais, culturais, recreativas o deportivas. Na solicitude de colaboración os organizadores indicaron únicamente que se trataba dun encontro de confraternidade nacional de ex militares, sen comunicar en momento algún a verdadeira natureza do evento de homenaxe a Millán Astray, nin o nome da xornada.

A institución provincial esixiu á organización a retirada da publicidade institucional dos carteis de divulgación do evento, e expresou o seu malestar por non ter sido informada con veracidade sobre o contido da actividade.
O goberno da Deputación de Pontevedra ven desmarcándose, desde a súa chegada de todos aqueles actos que se aparten do recoñecemento ás persoas que loitaron pola democracia en España, e segue a promover a recuperación da memoria histórica e os actos de homenaxe á loita antifranquista. De ningunha forma imos a consentir que se vincule á nova Deputación con actos ou supostos enxalzamentos de dirixentes franquistas. O goberno da institución provincial defende, sen lugar a dúbidas, ás mulleres e homes que deixaron as súas vidas e a súa liberdade na loita contra o golpe militar, e a longa noite de pedra que supuxo a ditadura.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.