Na madrugada do próximo sábado 26 de marzo ao domingo 27 comezará o horario de verán e os reloxos deberán adiantarse unha hora (ás 2.00 serán as 3.00) para cumprir así coa Directiva Comunitaria 2000/84/CE que rexe o cambio de hora. Ata o último domingo de outubro non volverán cambiarse, para gozar de máis horas de luz natural e aforrar na artificial. Non en balde, segundo as estimacións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), entidade pública empresarial do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, o aforro en iluminación en España polo cambio de hora pode chegar a representar un 5% do consumo eléctrico en iluminación, equivalente a uns 300 millóns de euros.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), salienta que o cambio de hora previsto para esta fin de semana –co comezo do horario de verán, na madrugada do sábado ao domingo deberanse adiantar os reloxos unha hora (ás 02.00 horas serán as 03.00 horas)–, representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico, e do 3% para o sector servizos, alcanzándose unha diminución no consumo eléctrico total no conxunto de Galicia próximo ao 0,4%.
O cambio de hora comezou a xeneralizarse de forma desigual a partir de 1974 por mor da primeira crise do petróleo. Entón algúns países decidiron adiantar os seus reloxos para poder aproveitar mellor a luz natural do sol e consumir así menos electricidade en iluminación. A directiva aplícase desde 1981 e cada catro anos renovouse de forma sucesiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.