Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta La voz de Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta La voz de Galicia. Mostrar todas las entradas

18 de julio de 2017

CHEGA A CAMBADOS "30 ANOS DE LA VOZ EN AROUSA"














Chega a Cambados, concretamente a Exposalnes, a Exposición "30 anos La Voz de Galicia- Arousa"
Desde mañá mércores 19 de xullo ás 13 hrs. 
Exposición que celebra ou 30 aniversario dá creación dá edición Arousa do periódico La Voz de Galicia.
Esta será visitabletodo xullo. 
Horario: de martes a venres de 10.00 a 14.00
h. e de 17.00 a 20.00 h. Sábados, domingos e festivos de 10.30
a 14.00 h. e de 17.00 a 20.00









22 de abril de 2017

"MULLERES DE VIÑO" NO FORO DA VOZ EN CAMBADOS













O vindeiro xoves 27 de abril, ás 20:00, o Auditorio da Xuventude acollerá o foro “mulleres de viño”, que contará coa presenza de Paula Fandiño, enóloga de Mar de Frades; Katia Álvarez , enóloga de Martín Códax; Dolores Calvo, presidenta da cooperativa Condes de Albarei; Esther Daporta, sumiller do restaurante Yayo Daporta e María Fernández Tesouro, blogger. O foro estará moderado por Fernanda Tabarés.
Estas cinco profesionais do sector vitícola analizarán o papel que a muller desempeña na cultura enolóxica.

“Este é o momento das mulleres. Formamos parte dunha xeración que está mellor preparada que ningunha e estannos comezando a dar oportunidades”. Quen fala é Katia Álvarez, enóloga de Bodegas Martín Códax e unha das dez mellores da súa profesión en España, segundo a web inglesa The Drink Business. Ela será unha das cinco participantes no Foro Voz que o xoves, día 27, se celebrará no marco de Cambados Cidade Europea do Viño. A nosa vila acollerá un debate no que quedará claro que o colectivo feminino ten moito que dicir na vinicultura actual.

A muller sempre estivo presente no sector enolóxico. Pero o seu era, como en tantos outros eidos, un papel aparentemente secundario, limitado ao coidado da vide e á recolección da uva. Esta imaxe é cousa do pasado. E ainda que queda moito por facer, cada vez son máis as mulleres que conquistan postos tradicionalmente reservados aos homes. As cinco profesionais que contarán a súa experiencia en Foro Voz non só conseguiron chegar arriba; tamén triunfaron. É o caso de Katia Álvarez e de Paula Fandiño, dúas enólogas que destacan na súa profesión ata o punto de figurar entre as dez mellores de España. As dúas dirixen os departamentos de enoloxía das súas respectivas adegas, Martín Códax no caso de Álvarez e Mar de Frades no de Fandiño.
Estas dúas profesionais compartirán debate cunha das poucas presidentas de cooperativa en Galicia. Porque, se ben as mulleres son maioría entre as socias deste tipo de organizacións, rara vez ocupan os postos relevantes. En Condes de Albarei son conscientes delo, e levan anos ofrecendo formación ao colectivo feminino para que se atreva a desempeñar cargos de responsabilidade. A súa iniciativa abreuse camiño e Dolores Calvo é a súa presidenta.

Nun mundo de homes móvese tamén Esther Daporta. A cambadesa dirixe a sala no restaurante Yayo Daporta e ven de recibir recentemente o premio á mellor sumiller de Galicia, que outorga o Instituto Galego do Viño. Será outra das participantes no Foro Voz, xunto con María Fernández Tesouro, blogueira gastronómica e influencer. Moderado pola directora de Voz Audiovisual, Fernanda Tabarés, o debate dará comezo ás oito da tarde, no auditorio de A Xuventude. A entrada é libre ata completar aforo. A iniciativa está patrocinada pola Deputación de Pontevedra, o consello regulador Rías Baixas e Condes de Albarei. Conta, ademáis coa colaboración do restaurante Pandemonium, Conservas de Cambados e as adegas Mar de Frades e Martín Códax.









28 de agosto de 2016

AS ENQUISAS PUBLICADAS HOXE DAN RESULTADOS MOI DIFERENTES PARA O 25-S







Datos globais e por provincias da enquisa electoral de Sondaxe comparados cos
resultados dos comicios autonómicos de 2012 | 
Fonte:Electograph.



"Segue o empate entre o PP e unha hipotética coalición multipartira", destaca La Voz de Galicia no seu titular. Segundo este xornal, o PP obtería 37 escanos, En Marea 18, o PSdeG-PSOE 15 e BNG 5. Outro dato salientable desta sondaxe é que "en Marea desbancaría o PSOE como líder dunha hipotética coalición multipartita".Tamén indica que "Cidadáns perde fol e queda moi lonxe de entrar no Parlamento" nun contexto no que medran os indecisos e a posibe abstención. Canto a valoración de líderes, o mellor situado é Alberto Núñez Feijoo, o único que aproba.
A nova enquisa repite os resultados da publicada hai tres semanas, que xa indicaba que a pesar de que os populares gañarían os comicios, produciríase un empate técnico entre o PPdeG e as forzas de esquerdas, que xa sumaban 38 escanos.
La Región destaca que "o PP repetiría maioría absoluta" e que o "PSdeG aguanta sen sorpasso". O PP lograría entre 38 e 41 escanos e o PSOE entre 17 e 19. En Marea, a diferenza da enquisa de La Voz, sitúase entre os 11 e os 12 escanos, a considerable distancia dos socialistas; o BNG lograría entre 5 e 6 e Cidadáns de 0 a 2 deputados, con posibilidades de entrar no Hórreo.
Finalmente, La Razón indica que "Feijóo mantén a maioría absoluta".  Ao PP atribúelle 39 deputados. Aquí o PSOE mantén o segundo lugar con 17 escanos por diante de En Marea, con 15. Seguen os contrastes coas outras enquisas: o BNG aparece con 2 deputados e asegúralle presenza parlamentaria a Cidadáns tamén con 2.







24 de julio de 2015

VOZ TELEVISIÓN RECTIFICA







O programa "VIA V" de Voz Televisión meteu a pata na noite do mércores cando dixo comparando cos aforros en materia de festexos dos novos gobernos da Coruña ou Barcelona que Cambados aforrara 60.000 € na cancelación da Festa do Albariño no canto de decir na Gala da Festa do Albariño. Ver a partir do minuto 4:50 .
Logo de eso e segundo a propia cadea do Grupo "LA VOZ" recibeu algunha chamada que fixeron que no dia de onte tiveran que rectificar e anunciar o concerto de James do venres 31 como vedes nas imaxes.


PROGRAMA DE FESTAS ALBARIÑO´15



3 de julio de 2015

AO XORNAL "LA VOZ DE GALICIA" MÉTENLLA DOBLADA




Parte do artigo de "La Voz de Galicia" 
"Maña viernes se termina el plazo para concurrir al concurso con el que Cambados pretende elegir el cartel que se encargará de anunciar los festejos en honor al Albariño. Y, a estas alturas, un único diseño se ha presentado al mismo. Por eso desde el equipo de gobierno quisieron ayer animar a los vecinos a participar activamente en esta iniciativa. El premio es un cheque de trescientos euros".

Segundo informan desde o concello informan de a cifra de carteis presentados sibre pasa os 80 e incluso algún dos autores así o confirmou en facebook. 
Non sabemos, aínda que sospeitamos que pudo difundir a nova ao xornal pero queda evidente que non contrastan a información. Non pode ser que en dous dias pasaran de un so cartel a máis de 80.



29 de abril de 2015

457.000 MENTIRAS




"La Voz de Galicia" publica unha nota de prensa do goberno municipal de Cambados na que coma sempre o equipo de Luís Aragunde non dí toda a verdade.

Que un concello teña superávit non é malo. Pero que ese superávit sexa a conta de non ofrecer servicios nin prestar as axudas aos veciños é malo, moi malo. 
Si non se pagan facturas, si dias despois de aprobar o presuposto se fan duas modificacións de crédito, si se pensa en pedir axuda aos veciños para arranxar o Cristo de Santa Mariña, si 400 familias quedan fora das axudas a libros ou material escolar, si para contratar xente hai que agardar a que a Deputación o faga, si non se fai nada ou case nada e o pouco que se fai é con cartos doutras administracións é normal que non haxa superávit.
E si engadimos o despilfarro en horas extras, gratificacións e gastos en contratar asesores externos o superávit sería moito máis grande.


ARTIGO DE "LA VOZ DE GALICIA"




10 de octubre de 2014

QUEN MINTE O CONCELLO OU "LA VOZ"?





Agora tócalle a quenda ao Concello, que continuará a urbanización destas rúas con medios propios. As beirarrúas construiranas os operarios municipais e para a iluminación pública aproveitaranse os farois que foron retiradas o ano pasado da avenida de Galicia, segundo informou o rexedor.
Esto que vindes de ler é parte dun artigo publicado o dia 9 de setembro de 2014  as 04:57 polo xornal  "La Voz de Galicia" e no que se anunciaba o fin do asfaltado e o resto de traballos a executar das rúas Atlántico e XOÁN PAULO II e que podedes ler íntegro aquí.
Foto de "La Voz de Galicia"
Fai uns intres "La Voz" publicaba outro artigo no que insistía en que as obras eran cousa de operarios municipais. Toda vez, que salvo contadas excepcións os operarios non traballan pola tarde... quen será esa persoa que está a traballar alí?. Cobrará polo seu traballo? O asfaltado tiña que ser feito pola empresa que construeu os edificios e así rezaba no contrato. Porqué o fai a Deputación?

As declaracións do alcalde, que estivo acompañado por Louzán ese dia e que publica o xornal, non se corresponden coa realidade. 
A persoa que estaba a traballar esta tarde nas beirarrúas levaba un uniforme dunha empresa que traballa habitualmente para o concello e que nos sepamos o traballador, de raza negra para máis datos, non pertence á plantilla de traballadores do concello.
Foto de "La Voz de Galicia"


Todo pode deberse a un erro de interpretación, pero dous artigos? E a foto do lado na que se ve perfectamenteao traballador ao que nos referimos antes?

Doble engano, as obras tiñan que ser feitas pola empresa que urbanizou esa parcela e si a fai o concello como eles din, e que non é legal, porqué contrata empresas para facelo?.






21 de agosto de 2014

COMO TRABALLAN "LA VOZ DE GALICIA" E O CONCELLO DE CAMBADOS






Unha ex-traballadora de "La Voz de Galicia", tras leer o artigo que onte publicamos LA VOZ DE GALICIA O LA VOZ DE SU AMO dounos  a sua impresión do que viveu de primeira man no seu momento.

Cando a oposición cambadesa entrega un escrito, segundo a nosa informante, no rexistro do concello, en breves instantes pasa as mans dalgún concelleiro ou directamente ao alcalde. Estes dependendo de que sexa o escrito estudian as posibles solucións e emiten de seguido a sua correspondiente nota de prensa a os xornais que chega incluso antes as redaccións, que as notas da oposición.

No caso que nos ocupa e despois de máis de tres anos de espera é fácil decirlle aos veciños que pronto se acometerán as obras. Esta resposta xa a escoitaron de boca do alcalde todas as veces que os veciños falaron con el no seu despacho e que non foron poucas.

Postos en contacto cun membro dos Socialistas de Cambados, asegurounos que si adiantándose o concello, vale para que os veciños teñan as infraestructuras necesarias, a anticipación dos medios e do propio concello reflicte que non están a facer mal o seu traballo.
O socialista tamén nos indicou que tomarán nota e a partires de agora farán as cousas doutro xeito.

De todas as maneiras CORES DE CAMBADOS non muda unha coma do artigo publicado onte.


 

20 de agosto de 2014

LA VOZ DE GALICIA O LAVOZ DE SU AMO?





Onte as catro e pouco da tarde todos ou case todos os medios (blogs e xornais) , pois algún xa deixou clara a sua postura, palabras textuais, "yo escribo para la mayoría que vive en Cambados" reciben un correo cunha nota de prensa dos Socialistas de Cambados.
Nesa nota fanse eco das queixas dos veciños de A Revolta (Castrelo), e demandan que se finalicen as obras de instalación de sumidoiros e auga que levan dende as últimas eleccións municipais paradas. 
Pois ben nun acto de servilismo, de desvergoña, de baixada de pantalóns "La Voz de Galicia" publica a nova  case as sete da tarde e según pon aínda que a hora que aparece na versión dixital é as 16:58 menos de unha hora despois de recibir o correo dos Socialistas, pero dándolle volta a tortilla e con este titular: "Cambados completará el saneamiento en A Revolta, tras años de espera".
Xa son moitas veces nas que este xornal na sua edición de Arousa fai o mesmo coas notas de prensa da oposición cambadesa, antes de publicar calquer cousa consultan coa alcaldía e o xefe de prensa do concello para ver que teñen que contestar e facer xa esa contestación pública sin agardar a que as preguntas cheguen a pleno. O malo desto é que moitas preguntas quedan sen resposta ou non son tan rápidos para dalas, por exemplo as concernentes a Festa do Albariño
Incluso na nova poñían, e citamos textualmente: Precisamente ayer, el PSOE de Cambados hizo pública la moción que va a presentar al pleno de la semana próxima por la que pide, precisamente, el remate de las obras de alcantarillado en este punto así como «que se lle dea de forma definitiva o servizo de auga a tódolos veciños do lugar da Revolta».
Pois non, a nota foi entregada onte no rexistro pero a edición dixital deixa entrever que foi antonte, para iso sinalan a hora da publicación.

AQUÍ  podedes ver a nova tal e como a publica "La Voz de su Amo".



7 de mayo de 2014

DESCULPAS BARATAS?






Toda a fachada litoral, desde San Tomé ata o inicio do porto de Tragove, estivo ás escuras debido a un apagón masivo no alumado público. O xoves non había luz e o domingo pola noite aínda persistía esta situación.


Desde o Concello achacan a situación a unha avería que, segundo explican, xa se deu orde de reparar. Entre tanto non se resolva, os viandantes que aproveitan as primeiras horas da noite para camiñar deberán seguir agudizando a vista para saber onde pisan, algo que non é fácil tendo en conta que o problema dos excrementos nas beirarrúas persiste.

Así describe a "Voz de Galicia" a situación lamentable de oscuridade do Paseo Marítimo tan usado cando as temperaturas e a ausencia de choiva o permiten.
Habería que aclarar que é moi extrano que todo o paseo se quede sen luz tendo en conta que a luz que ilumina o mesmo ten varios puntos de encendido. Algo que non explican ao xornal desde o concello ou a periodista non tivo a ben preguntar por si esta situación xa non se da.
Para ser un artigo bastante extenso non dou aclarado nada do sucedido e refírnse ao feito coma unha avería.

Cecáis a razón do apagón sexa outro e non queren decilo.




21 de octubre de 2013

UNHA ENQUISA PAGADA POR TODOS





De celebrarse hoxe eleccións en Galicia, Feijóo e todo o seu equipo de goberno iríanse ás filas do INEM, segundo a enquisa do diario a Voz de Galicia, diario totalmente afin e protector do Partido Popular de Galicia cuxas subvencións de diñeiro público sen concurrencia pública son de auténtico escándalo, o que pon en evidencia a calimitosa forma de gobernar do Partido Popular en Galicia utilizando os medios de comunicación para censurar as súas tropelías.

Non era necesario unha enquisa para detectar o que xa en medios de comunicación alleos ás actividades do PP,  veñen informando desde fai moito tempo que Feijóo e o seu equipo na Xunta de Galicia levaron á comunidade autónoma a cifras de auténtico escándalo en "corrupción, paro, pobreza, indigencia, chiringuitos, turismo institucional a costa do público, enganos, incapacidade, enfrontamentos, destrución social, recortes, despìlfarro dos recursos públicos, amiguismo, censura, manipulación, roubo dos votos electorais cun programa para enganar ao cidadán e aplicación de todo o contrario.
E o que nas ruas se ven palpando unha forte oposición a este governo sectario i enchufista algo que sucede tamén en certos concellos e  deputacións governadas para os amigos e non para os cidadáns.

O penúltimo escándalo "made in Feijóo" o "despilfarro" da Xunta de Galicia a o crear o governo un praza de libre designación para "un porteiro maior da residencia do Presidente da Xunta".

Sres de La Voz de Galicia, poderíanse aforrar o diñeiro que reciben xa que non é necesario unha "enquisa" con toda seguridade financiada co diñeiro público de todos os galegos, só hai que ver as subvencións que lles dan, a maioría por designación directa en convenios sen cocurrencia pública, para que nos conten esas memeces que xa son "voz populi".


1 de marzo de 2013

IDEAS PARA DARLLE USO A OS TERREOS ABANDONADOS POLO CONCELLO DE CAMBADOS




Despois de ler o artigo en La Voz de Galicia  edición de Arousa sobre uns terreos no Polígono de 7 Pias, saco poucas cousas en claro.

Artigo de hoxe sobre os terreos do polígono   Voz de Galicia

O extrano e que nunca subiron o prezo porque do 2003 a 2013 tiña que ter variado o prezo e subir dende o 2003 e baixar dende o comezo da crise. Penso que o PP inclúe eses terreos para que lle cadren as contas e nada máis.

Fai unha semanas as cooperativas Horsal e Hortumia facían un chamamento para captar novos socios. Sr. Aragunde potencie a agricultura como unha saída laboral e para aumentar a oferta de productos da horta no mercado, algo que segundo as cooperativas ten mercado, pois xa poden empezar por crear con eses terreos un banco de terras para que a xente interesada en buscar un futuro para eles e os seus fillos poida traballalas
.
 Outra solución era alugarllos a os promotores do viñedo no Pinal de Maza e huberan deixado o Pinal como estaba para que o arranxaran os do Obradoiro de Emprego e facer un espazo de lecer, para rutas de sendeirismo, xardíns etc etc.
 En fin o PP debe pensar que a xente, ou polo menos algúns, non temos memoria.
Artigo de TeleSalnés no que as cooperativas piden máis socios. AQUÍ

2 de mayo de 2012

MANIFESTACIÓNS DO 1º DE MAIO EN GALICIA



Milleiros de persoas saíron hoxe á rúa en Galicia nas distintas manifestacións convocadas este reivindicativo 1 de maio, marcado polas protestas contra a reforma laboral e os axustes do Goberno.
Un ano máis, os sindicatos decidiron convocar manifestacións por separado nas distintas cidades e vilas, aínda que tanto CCOO e UXT -que calculan en 125.000 persoas os asistentes ás súas marchas- como o sindicato nacionalista CIG elixiron A Coruña para celebrar os seus actos centrais.

Nesta cidade a protesta máis multitudinaria foi a convocada por UXT e CCOO, ao congregar a máis de 30.000 persoas, unha cifra que a Policía Local rebaixou a 14.350.

Baixo a lema "Traballo, dignidade, dereitos. Queren acabar con todo", a marcha partiu pasadas as 12:00 horas da praza da Palloza e nela participaron representantes políticos do PSdeG, encabezados polo seu secretario xeral, Pachi Vázquez.



Tamén foi multitudinaria a manifestación da CIG, á que asistiron unhas 10.000 persoas, segundo o sindicato, e 2.300, segundo a policía local. A esta marcha sumouse o secretario xeral, Xesús Seixo, e dirixentes nacionalistas como o portavoz no Congreso, Francisco Jorquera.

En Vigo, tamén a protesta máis multitudinaria foi a convocada polos dous sindicatos e congregou a milleiros de persoas. Partía ás 12 horas da intersección de cálelas Vía Norte e Urzáiz, para finalizar na praza da Estrela.

Mentres, a CIG reunía a unhas cinco mil persoas que saíron do cruzamento da Doblada e culminaba na Porta do Sol, en defensa de emprego digno e en contra da reforma laboral.




Outra resposta maioritaria ás concentracións celebrouse en Ferrol, onde 13.000 persoas, segundo a policía local e varios miles máis segundo os convocantes, se sumaron á protesta dos sindicatos estatais, e á da CIG, por separado.

Tras a pancarta de CCOO saíron á rúa cerca 8.000 persoas, aínda que os sindicatos cifraron a asistencia nunhas 20.000 persoas, nunha das marchas máis numerosas do último lustro, en plena crise do sector naval na ría ferrolá. Mentres, a CIG congregou a máis de 5.000 persoas, segundo fontes oficiais, nunha mobilización paralela que arrincou na avenida de Esteiro, unha protesta que o sindicato calcula maior.

En Santiago, a praza de Praterías encheuse en dúas ocasións co intervalo dunha media hora, coas protestas que, por separado, celebraron CCOO e UXT e a CIG.



A primeira das marchas foi secundada por miles de persoas, que partiron da Alameda con consignas como "Esta reforma ímola parar", "máis investimento e menos recortes", ou "A culpa de quen é? dos que votan ao PP", mentres tamén houbo berros en favor dunha folga xeral.

Esta marcha, á que asistiron dirixentes socialistas como o exalcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, deputados e concelleiros, así como membros de Esquerda Unida, concluíu na praza de Praterías, onde se leu un manifesto común.

A protesta da CIG, tamén multitudinaria e á que se sumaron dirixentes nacionalistas como a portavoz do BNG no Parlamento, Ana Pontón, entre outros dirixentes, clamou igualmente en favor dunha folga xeral.

En Pontevedra, ao redor de 6.000 persoas marcharon pola cidade nas dúas manifestacións convocadas. As actividades organizadas polo Concello con motivo dos 'maios', os chuvascos intermitentes e a ponte non impediron unha asistencia considerable ás marchas.



A manifestación da CIG, á que como é habitual asistiu o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e tamén o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, terminou con chamadas a reformular o papel da Unión Europea e críticas ao Goberno pola súa postura respecto do sector naval.

Na marcha de UXT e CCOO, o portavoz deste último sindicato, José Luís García Pedrosa, chamou á unidade sindical para futuras actuacións. "Non hai razóns para que non se dea", dixo,

En Lugo, ao redor dun milleiro de persoas, segundo os sindicatos -unhas cincocentas para a Policía Local-, participaron na protesta de CC.OO e UXT, que percorreu un tramo da Rolda da Muralla -a vía perimetral que rodea o monumento romano-, entrou no centro histórico pola porta de San Fernando, pasou polas prazas de San Marcos, Santo Domingo e Maior e terminou o seu periplo na de Armanyá, fronte á Subdelegación do Goberno.

A convocada pola CIG, secundada por unhas 400 persoas, partía media hora máis tarde e seguiu un trazado diferente, para terminar tamén nun lugar distinto, a Praza da Soidade.

Mentres, en Ourense, os asistentes foron uns 3.600, segundo datos da Policía Local, sumáronse ás concentracións, a máis numerosa a dos sindicatos de implantación estatal.




Namentras en Arousa a CIG convocara a súa protesta para o mediodía, na Casa do Mar. De alí partiron unhas 600 persoas, segundo os cálculos da policía local, que percorreron coreando consignas o espazo que lles separaba da praza de Galicia, onde se leu o manifesto final.

Pola súa banda, CC.OO. e UGT partiron de Ravella con quince minutos de atraso con respecto ao horario previsto, por aquilo de esperar aos atrasados. Unhas mil persoas, tamén segundo a policía, camiñaban tras as pancartas de ambos os sindicatos. De regreso á Casa Consistorial, tomou a palabra o aínda secretario xeral da Unión comarcal de Comisións Obreiras en Arousa, Fernando Ramos, e falou despois Marisa Rodríguez, de UGT.
En ambas as protestas, moitas voces que se preguntaban, igual que ocorrera semanas atrás, por que os sindicatos non concorreran xuntos a esta convocatoria, e que lamentaban que, nun momento como o actual, non houbese unidade de acción entre as organizacións.
Todo parece indicar que próximamente haberá outra concentracións e que serán convocadas polos tres centrais de maneira conxunta. A unión fará destas movilizacións algo moito máis positivo para os traballadores.

30 de marzo de 2012

TITULARES DA PRENSA SOBRE A FOLGA

                                     TITULARES DA PRENSA SOBRE A FOLGA

Como veredes cada xornal ten unha impresión diferente de como foi a folga de onte. Nos tratamos de resumir en titulares o sentir de cada un. Sen dubida cada xornal fala da folga coa obxetividade que eles entenden. Cada un de vos sacará as conclusións que lle parezan oportunas.



LA VOZ DE GALICIA:

La huelga se hizo fuerte en los núcleos urbanos y en la gran industria

Las centrales sindicales advierten: «Tensaremos el pulso al Gobierno si no rectifica»


FARO DE VIGO


Más de 100.000 personas respaldan las manifestaciones contra la reforma laboral en la urbe olívica.
DIARIO DE AROUSA 

La huelga general vacía los polígonos y logra un 90 por ciento de seguimiento en la industria



Los sindicatos reúnen a 8.000 personas en las dos manifestaciones de Vilagarcía 



ABC

El Gobierno gana el primer pulso a los sindicatos

El seguimiento de la huelga se apreció en la industria pero no en las calles y, de media, solo uno de cada cinco trabajadores secundó el paro

LA RAZON 

29-M: día laborable

La huelga general fracasa: los sindicatos consiguen menos seguidores que en el «paro light» contra Zapatero. (Con foto de seis parados na que se dí que non fan folga que queren traballar, case igual que outros 5millóns)







EL PAIS

La protesta crece, el Gobierno resiste

Moderado seguimiento de la huelga, más en la industria y menos en el comercio

PUBLICO.es

Cientos de miles de personas exigen al Gobierno que rectifique

Manifestaciones multitudinarias secundan la huelga general contra la reforma laboral y evidencian el descontento social contra los recortes. Los sindicatos dan un mes para negociar al Ejecutivo, que minimiza la repercusión de los paros.

Queremos amosarvos as portadas dos catro xornais de tirada nacional que fan referencia especialmente ao fracaso, segùn eles, desta folga. Chama poderosamente a atención que a comparen coa anterior, en tempos de Zapatero. E sobre todo destacan os incidentes producidos por piquetes pouco informativos, que por desgracia sempre aparecen.

 

 

 

 

Para este blog unha folga xeral sexa secundada maioritariamente ou non é sinal de fracaso. Fracaso nas conversacións anteriores a ela, fracaso dos gobernos que non fixeron nada ou moi pouco por evitala. Fracaso dos sindicatos (non depende totalmente deles) pois non conseguen que os seus plantexamentos sexan escoitados. 

Podes ver cada xornal premendo en cada titular.

28 de marzo de 2012

OS SINDICATOS ANIMAN Á MOBILIZACION

                                                                                                                                 Os sindicatos apuran as súas mensaxes de mobilización para que o vindeiro xoves a folga xeral conte cun amplo respaldo. Chaman á conciencia dos traballadores presentando a reforma laboral do actual goberno do PP como un documento político, no que se plasma a súa ideoloxía conservadora, pero que en ningún momento, din desde UXT, foi redactada pensando nos traballadores. Chamamento especial fan ó sector da hostalería, ós autónomos e pequeno comercio a secundar a folga, porque eles, din en UXT, acabarán sendo os principais prexudicados pola reforma ó reducirse a capacidade adquisitiva da poboación.




Tralas asembleas e reunións con traballadores que veñen mantendo nos últimos días, na UXT aseguran que unha gran parte da poboación está concienciada da necesidade de tomar parte na folgar. Incluso sectores máis afastados dos ámbitos sindicais. É por isto que desde UXT e CCOO confían en que a folga xeral será un éxito.
Ambas formacións insisten en que a reforma laboral trunca o pacto social, dando carta branca ós empresarios, desprezando o pacto de moderación salarial incluído no acordo que sindicatos e patronal asinaron o pasado 25 de xaneiro, ademais de culpar ó goberno central de empregalo como arma para calar ás formacións sindicais.

Ollo ás coaccións
Esa impresión de amplo apoio á folga é compartida polo sindicato CIG, que convoca o paro á marxe de UXT e Comisións. Nun escrito remitido ós medios aseguran que nas distintas empresas polas que están a pasar chamando á folga, estanse a atopar cunha boa acollida por parte dos traballadores, sobre todo nos sectores da construción, metal e da industria, nos que agoiran que os paros serán maiores. No polo oposto atópase o sector servizos así como o pequeno comercio ou a hostalaría, onde as manifestacións de seguimento de folga son ambiguas ou fanse con reservas.
O sindicato nacionalista advirte tamén de que se están a atopar con indicios de coacción a traballadores nalgunhas empresas, ó obrigarlles a asinar un documento manifestando se secundarán ou non a folga. Desde a CIG alertan que se trata de unha coacción á liberdade dos empregados e unha infracción administrativa, polo que se pode denunciar.
Ademais, inciden en que só as empresas que prestan servizos esenciais á comunidade están obrigadas a manter servizos mínimos, medios que ten que determinar a Autoridade Laboral. Á marxe destas entidades, nos demais centros de traballo só se poden impor servizos de mantemento de instalacións, pero nunca para manter a cadea produtiva. 

O dereito a folga tense que respetar ao igual que o dereito ao traballo, polo tanto agardemos que a de mañán sexa unha xornada de reivindicación dos traballadores fagan ou non folga.


Cartel dun comercio anunciando unha folga anterior
  
 

20 de marzo de 2012

Éxito rotundo da I edición de 'Albariño e Vieiras, excelente maridaxe'



VIEIRAS E ALBARIÑO



Tonino Botana e J L Aragunde


Unhas oitenta persoas déronse cita na primeira edición destas xornadas que superaron tódalas expectativas dos organizadores.
Adegueiros, restauradores, hostaleiros, profesionais do sector, etc. Ata un total de 80 persoas déronse cita nas xornadas promocionais enogastronómicas ‘Albariño e Vieiras, excelente maridaxe’ que se celebraron os días 16 e 17 de marzo en Cambados.
Unhas cifras que desde o concello valoraron moi positivamente e que se apreciaron tanto nas actividades técnicas como nas demostracións culinarias. Pola súa banda, a afluencia ós concertos tamén foi consideradas.

 
 
Uns resultados que, sen dúbida, superaron tódalas expectativas de participación. Ademais, segundo Mané Galiñanes, conseguiron un dos obxectivos que pretendían con estas xornadas: desestacionalizala promoción destes produtos da época estival.
Ante este éxito, desde o concello xa confesaron que esta será a primeira de moitas outras edicións. Ademais, adiantaron que están traballando noutras iniciativas de promoción. Por unha banda, estarán na feira Enotur que se vai a celebrar en Madrid e, por outra, agardan poder acoller este ano o Congreso Nacional da Asociación Española de Ciudades del Viño.

27 de enero de 2012

OFERTA DE CURSOS EN CAMBADOS

El Concello de Cambados ha organizado una nueva remesa de cursos para cuya inscripción está abierto el plazo. En el centro social de A Merced se va a impartir el día 11 de febrero un curso de manipulador de alimentos, de 10.00 a 13.00 horas, y con un precio de matrícula de 25 euros. Además, los lunes y miércoles de los meses de febrero y marzo se celebrará el curso de repaso de inglés en dos turnos: de 10.30 a 12.00 horas y de 17,30 a 19.00 horas.
Los días 23, 24, 30 y 31 de marzo se celebrarán charlas sobre habilidades de comunicación social y en febrero se recupera el taller práctico de pictogramas (lenguaje con imágenes). Se celebrará los días 11 y 13 y esta segunda edición responde al «gran éxito de participación» que tuvo el celebrado el año pasado especialmente para las personas que tratan con niños que sufren autismo. Los interesados en obtener más información pueden recabarla en el centro municipal de información juvenil (OMIX) situado en A Merced, o llamando al teléfono 986542663.