Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta canal rias baixas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta canal rias baixas. Mostrar todas las entradas

24 de junio de 2015

FÁTIMA ABAL DESVELA PARTE DO SEU EQUIPO






Nunha entrevista en Canal Rías Baixas

O goberno cambadés continúa a negociar o pacto que dea estabilidade ao cuatripartito. 
Despois do encontro do luns, hoxe ás 8 e media da noite as catro formacións tiñan prevista unha nova xuntanza para, desta volta, atar os flecos que aínda quedan pendentes. Segundo a alcaldesa, o acordo está próximo, e unicamente faltan por definir cuestións concretas do pacto programático, redactalo de xeito formal e asinalo. A Canal Rías Baixas, Fátima Abal adiantaba información do reparto que farán das áreas de goberno. O novo goberno contará tamén con
tres tenencias de alcalde. A primeira estará ocupada polo nacionalista Víctor Caamaño, mentres que José Ramón Abal de Cambados Pode, e Tino Crodal de Somos Cambados, serán o segundo e terceiro tenente de alcalde respectivamente.





Fonte:Canal Rias Baixas


3 de junio de 2015

O HOME DO MOMENTO FALA PARA TELESALNÉS






En Cambados, catro forzas políticas procuran unha alternativa de goberno ao Partido Popular. Pois ben, hoxe Canal Rías Baixas puido falar, en exclusiva, con quen ten a chave do vindeiro goberno cambadés: José Ramón Abal, candidato de Cambados Pode, que aspira a ser alcalde.

 O home máis desexado, políticamente falando, en Cambados rompeu o seu silencio diante das cámaras de Canal Rías Baixas. Os 455 votos e 1 concelleiro que acadou nas municipais fan que a súa figura emerxa no complicado puzzle postelectoral dun concello que, pola primeira vez en case trinta anos, pode cambiar de signo político.Pero no fondo da cuestión está o primeiro punto do programa electoral de Cambados Pode, que di que non apoiarán ningunha candidatura que non sexa a súa propia. Para cumprir co escrito, Jose Ramón Abal teno claro, e suxire que el debería ser o vindeiro alcalde de Cambados. Ainda así, prefire falar máis de equipo que de individuos.En todo caso, restan dez días para a toma de posesión da nova corporación municipal e, nese tempo, pode pasar de todo, porque Abal non se pecha ningunha porta, nin sequera a do PP.Nos vindeiros días, as catro forzas do posible cambio volveranse reunir para seguir avanzando. Pero o punto máis espiñento non é cuestión baladí: é poñerlle rostro ao novo alcalde da vila do Albariño.

A NOVA DE TELESALNÉS



30 de abril de 2015

QUEDARÁ CAMBADOS SEN DEBATE A 5?








Haberá debate entre os candidatos das 5 formacións políticas que se presentan en Cambados para as vindeiras eleccións locais?

Ao igual que en 2007 e en 2011 Dito&Feito Comunicación colabora con FECA na organización dos debates electorais públicos que se celebrarán en Vilagarcía (luns 4  Auditorio) e O Grove (xoves 7 Casa dá Cultura) e que estarán moderados por Carlos Crespo. No 2011 en Cambados celebrárase un debate no Auditorio da Xuventude no que o público "popular" adicouse a insultar e a cortar as intervencións dos candidatos da oposición, sobre todo a Domingo Tabuyo. Supoñemos que porque era o que máis concelleiros tiña nese intre, 5 por 3 do BNG e un máis de calquera dos dous houbera "derrocado" o goberno do PP.


Imaxes: La Voz De Galicia
CORES DE CAMBADOS é partidario, como moitos cambadeses de que se celebre ese debate a 5 para que os cambadeses podamos vivilo en directo e sacar conclusións. TeleSalnés non quere facelo tampouco, incluíndo aos 5 candidatos, e fará un debate a 3 e polo que se ve nin FECA nin a empresa de comunicación conseguirán, si é que plantexaron esa posibilidade, que os cambadeses poidamos velo. A bo seguro sería un debate interesante e non habería case con seguridade a posibilidade de que os "Barras Bravas" do PP insultasen pois xa estamos sobreaviso. Aínda que xa sabemos que hai cambadeses moi fáciles de movilizar sobre todo cando quen o pide é o PP, pero o número vai menguando.

Aínda queda tempo para organizalo pero si o fan que poñan micros para todos e non como a anterior vez que so había un para Caamaño e Tabuyo e aínda que todos sabemos que o noso alcalde é máis ancho, que repartan mellor as mesas.





10 de diciembre de 2014

PLADESEMAPESGA VOLTA DENUNCIAR A UNHA CAMBADESA




Facémonos eco da nova publicada hoxe por XornalGalicia, na que o xornal volve a poñer o dedo acusatorio na cambadesa. Reproducimos aquí parte do artigo.

Din os denunciantes que "temos coñecemento de que a Sr.a P. Ch. está a trasladar diñeiro público en beneficio propio das partidas publicitarias do departamento que preside a Sr.a P. Ch. como Xefe de Prensa".
Xornalista que realizou os seus estudos superiores na Facultade de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade forma parte do equipo de redactores de TVSB CANAL RÍAS BAIXAS, tamén guioniza vídeos sectoriáis e institucionáis e encárgase dá supervisión desta páxina web". www.canalriasbaixas.com
Onde ao parecer se acredita a presenza da Sr.a Pastora Charlín na Web de Canle Rías Baixas á que contrata un, banner publicitario do Gabinete de Prensa da Consellería de Medio Rural e do Mar.
Curiosamente a Sr.a P. Ch. comparte negocios de subvencións, da Deputación de Pontevedra dende o ano 2009 polo que se publicita un banner para www.canalriasbaixas.com por valor de 22.260 euros ao que hai que sumar outros servizos por un importe total de 90 mil euros, ao que hai que sumar os anos 2011, 2012, 2013, 2014 cuxa xestión e guión lle corresponde á Sr.a Pastora Charlin.
Dende a plataforma marítima recordan o Artigo 2. Letra a) do número 1 do artigo 2 redactada polo número 1 da disposición final terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público («B.O.E.» 13 abril).Vigencia dende: 13 maio 2007. Artigo 12. -1.
a) O desempeño de actividades privadas, incluídas as de carácter profesional, sexa por conta propia ou baixo a dependencia ou ao servizo de Entidades ou particulares, nos asuntos en que estea a intervir, interviñese nos dous últimos anos ou teña que intervir por razón do posto público.


Pero a iso hai que sumar as cifras de verdadeiro espanto por un banner da Deputación de Pontevedra do que a Sra Charlin xunto a outros anuncios publicitarios se podería estar lucrando:
91.740,00 Euros con cargo á partida 09/111.111.226.20.


Todo o artigo aquí

1 de marzo de 2013

IDEAS PARA DARLLE USO A OS TERREOS ABANDONADOS POLO CONCELLO DE CAMBADOS




Despois de ler o artigo en La Voz de Galicia  edición de Arousa sobre uns terreos no Polígono de 7 Pias, saco poucas cousas en claro.

Artigo de hoxe sobre os terreos do polígono   Voz de Galicia

O extrano e que nunca subiron o prezo porque do 2003 a 2013 tiña que ter variado o prezo e subir dende o 2003 e baixar dende o comezo da crise. Penso que o PP inclúe eses terreos para que lle cadren as contas e nada máis.

Fai unha semanas as cooperativas Horsal e Hortumia facían un chamamento para captar novos socios. Sr. Aragunde potencie a agricultura como unha saída laboral e para aumentar a oferta de productos da horta no mercado, algo que segundo as cooperativas ten mercado, pois xa poden empezar por crear con eses terreos un banco de terras para que a xente interesada en buscar un futuro para eles e os seus fillos poida traballalas
.
 Outra solución era alugarllos a os promotores do viñedo no Pinal de Maza e huberan deixado o Pinal como estaba para que o arranxaran os do Obradoiro de Emprego e facer un espazo de lecer, para rutas de sendeirismo, xardíns etc etc.
 En fin o PP debe pensar que a xente, ou polo menos algúns, non temos memoria.
Artigo de TeleSalnés no que as cooperativas piden máis socios. AQUÍ

13 de abril de 2012

O XUVEN ASUME O ROL DE FAVORITO




 
Faltan dous días para o primeiro encontro de playoff a LEB Prata na historia do Xuven e pouco a pouco o nerviosismo vai medrando. O sábado pola mañá partirá a expedición cambadesa cara terras cántabras a onde ten pensado chegar a media tarde. Acompañando ó equipo, medio centenar de afeccionados que arrouparán ós de Yago Casal.


 
O rival non rematou a temprada do mellor xeito posible. O SAB Torrelavega perdeu os últimos tres partidos que xogou e continúa a notar a baixa do seu home máis importante, Jorge León, apartado das canchas por unha grave enfermidade. Esa é unha das razóns polas que o Xuven parte como favorito e dende o Pombal asúmese ese rol. Non se deixarán arredar por un pabellón xigantesco para estas categorías con capacidade para 5.500 persoas. 

  
O maior perigo do Torrelavega ven dende os seus homes exteriores, que anotan con facilidade. En declaracións  a TeleSalnés, para Jorge Castiñeiras unha das claves é controlar a estes xogadores e a outra, manter a cabeza fría e pensar que hai un partido de volta por diante.
Castiñeiras puido ver ó equipo adestrar nos últimos días e o atopa tranquilo e confiado, como di sentirse el mesmo. No estrcitamente deportivo, a mellor nova é a volta de Manu Fernández, recuperado xa da súa doenza nunha costela.
A partires das 12:15 da mañá do domingo comezará a reescribirse a historia deste Xuven no Pavillón Vicente Trueba. Buscarán un bo resultado que lles permita de novo regalarnos imaxes coma estas dentro de dez días no Pombal.

20 de marzo de 2012

Éxito rotundo da I edición de 'Albariño e Vieiras, excelente maridaxe'



VIEIRAS E ALBARIÑO



Tonino Botana e J L Aragunde


Unhas oitenta persoas déronse cita na primeira edición destas xornadas que superaron tódalas expectativas dos organizadores.
Adegueiros, restauradores, hostaleiros, profesionais do sector, etc. Ata un total de 80 persoas déronse cita nas xornadas promocionais enogastronómicas ‘Albariño e Vieiras, excelente maridaxe’ que se celebraron os días 16 e 17 de marzo en Cambados.
Unhas cifras que desde o concello valoraron moi positivamente e que se apreciaron tanto nas actividades técnicas como nas demostracións culinarias. Pola súa banda, a afluencia ós concertos tamén foi consideradas.

 
 
Uns resultados que, sen dúbida, superaron tódalas expectativas de participación. Ademais, segundo Mané Galiñanes, conseguiron un dos obxectivos que pretendían con estas xornadas: desestacionalizala promoción destes produtos da época estival.
Ante este éxito, desde o concello xa confesaron que esta será a primeira de moitas outras edicións. Ademais, adiantaron que están traballando noutras iniciativas de promoción. Por unha banda, estarán na feira Enotur que se vai a celebrar en Madrid e, por outra, agardan poder acoller este ano o Congreso Nacional da Asociación Española de Ciudades del Viño.

17 de febrero de 2012

Cando cobrarán os Bombeiros dos parques do Salnés?

Os Bombeiros dos parques do Salnés, en Ribadumia e Vilagarcía poderían ter que esperar entre unha e dúas semanas...
... para cobrar a súa nómina do mes pasado. A entrada da empresa concesionaria do servicio, Celtaprix, en concurso de acreedores cambia o panorama legal e fai máis difícil axilizar os pagos. Desde a nova Xerencia Provincial dos Bombeiros da Provincia de Pontevedra esta situación é insólita porque eles están a pagar puntualmente este servicio.
O que pasa é que Celtaprix presta moitos outros servicios que non está a cobrar, de aí a súa situación legal arestora en mans dos administradores concursais. Deputación de Pontevedra e Xerencia dos Bombeiros abordaron hoxe esta situación delicada e difícil de explicar: intentarán, dentro da legalidade, presionar á empresa para que os cartos que eles paguen polo mes de xaneiro estea destinado ós pagos das nóminas dos bombeiros, e non a outros sectores da empresa.
Polo de agora están a atender en persoa as inquietudes dos traballadores e, ó tempo, buscando solucións legais a este entorto. Estas novidades chegan xusto hoxe cando o Consello da Xunta ven de adelgazar a administración paralela. Esta mañá aprobouse a reformulación de 72 entes, entre eles o Consorcio de Bombeiros do Salnés que xa desde mediados do mes pasado está de feito a funcionar baixo a xerencia provincial.