Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de agosto de 2016

AS ENQUISAS PUBLICADAS HOXE DAN RESULTADOS MOI DIFERENTES PARA O 25-S







Datos globais e por provincias da enquisa electoral de Sondaxe comparados cos
resultados dos comicios autonómicos de 2012 | 
Fonte:Electograph.



"Segue o empate entre o PP e unha hipotética coalición multipartira", destaca La Voz de Galicia no seu titular. Segundo este xornal, o PP obtería 37 escanos, En Marea 18, o PSdeG-PSOE 15 e BNG 5. Outro dato salientable desta sondaxe é que "en Marea desbancaría o PSOE como líder dunha hipotética coalición multipartita".Tamén indica que "Cidadáns perde fol e queda moi lonxe de entrar no Parlamento" nun contexto no que medran os indecisos e a posibe abstención. Canto a valoración de líderes, o mellor situado é Alberto Núñez Feijoo, o único que aproba.
A nova enquisa repite os resultados da publicada hai tres semanas, que xa indicaba que a pesar de que os populares gañarían os comicios, produciríase un empate técnico entre o PPdeG e as forzas de esquerdas, que xa sumaban 38 escanos.
La Región destaca que "o PP repetiría maioría absoluta" e que o "PSdeG aguanta sen sorpasso". O PP lograría entre 38 e 41 escanos e o PSOE entre 17 e 19. En Marea, a diferenza da enquisa de La Voz, sitúase entre os 11 e os 12 escanos, a considerable distancia dos socialistas; o BNG lograría entre 5 e 6 e Cidadáns de 0 a 2 deputados, con posibilidades de entrar no Hórreo.
Finalmente, La Razón indica que "Feijóo mantén a maioría absoluta".  Ao PP atribúelle 39 deputados. Aquí o PSOE mantén o segundo lugar con 17 escanos por diante de En Marea, con 15. Seguen os contrastes coas outras enquisas: o BNG aparece con 2 deputados e asegúralle presenza parlamentaria a Cidadáns tamén con 2.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.