Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
21 de agosto de 2014
COMO TRABALLAN "LA VOZ DE GALICIA" E O CONCELLO DE CAMBADOS
Unha ex-traballadora de "La Voz de Galicia", tras leer o artigo que onte publicamos LA VOZ DE GALICIA O LA VOZ DE SU AMO dounos a sua impresión do que viveu de primeira man no seu momento.
Cando a oposición cambadesa entrega un escrito, segundo a nosa informante, no rexistro do concello, en breves instantes pasa as mans dalgún concelleiro ou directamente ao alcalde. Estes dependendo de que sexa o escrito estudian as posibles solucións e emiten de seguido a sua correspondiente nota de prensa a os xornais que chega incluso antes as redaccións, que as notas da oposición.
No caso que nos ocupa e despois de máis de tres anos de espera é fácil decirlle aos veciños que pronto se acometerán as obras. Esta resposta xa a escoitaron de boca do alcalde todas as veces que os veciños falaron con el no seu despacho e que non foron poucas.
Postos en contacto cun membro dos Socialistas de Cambados, asegurounos que si adiantándose o concello, vale para que os veciños teñan as infraestructuras necesarias, a anticipación dos medios e do propio concello reflicte que non están a facer mal o seu traballo.
O socialista tamén nos indicou que tomarán nota e a partires de agora farán as cousas doutro xeito.
De todas as maneiras CORES DE CAMBADOS non muda unha coma do artigo publicado onte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.