Onte as catro e pouco da tarde todos ou case todos os medios (blogs e xornais) , pois algún xa deixou clara a sua postura, palabras textuais, "yo escribo para la mayoría que vive en Cambados" reciben un correo cunha nota de prensa dos Socialistas de Cambados.
Nesa nota fanse eco das queixas dos veciños de A Revolta (Castrelo), e demandan que se finalicen as obras de instalación de sumidoiros e auga que levan dende as últimas eleccións municipais paradas.
Pois ben nun acto de servilismo, de desvergoña, de baixada de pantalóns "La Voz de Galicia" publica a nova case as sete da tarde e según pon aínda que a hora que aparece na versión dixital é as 16:58 menos de unha hora despois de recibir o correo dos Socialistas, pero dándolle volta a tortilla e con este titular: "Cambados completará el saneamiento en A Revolta, tras años de espera".
Xa son moitas veces nas que este xornal na sua edición de Arousa fai o mesmo coas notas de prensa da oposición cambadesa, antes de publicar calquer cousa consultan coa alcaldía e o xefe de prensa do concello para ver que teñen que contestar e facer xa esa contestación pública sin agardar a que as preguntas cheguen a pleno. O malo desto é que moitas preguntas quedan sen resposta ou non son tan rápidos para dalas, por exemplo as concernentes a Festa do Albariño
Pois non, a nota foi entregada onte no rexistro pero a edición dixital deixa entrever que foi antonte, para iso sinalan a hora da publicación.
AQUÍ podedes ver a nova tal e como a publica "La Voz de su Amo".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.