Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de junio de 2017

CAMBADOS RECIBE DA DEPUTACIÓN PRETO DE 130.000€ DO PLAN CONCELLOS











A Deputación de Pontevedra destina preto de 130.000 euros a Cambados no marco do "Plan Concellos 2017"

A institución provincial leva entregado o 67% do total destinado a Cambados dentro do Plan, cun investimento situado en máis de 620.000 €
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través de sendas resolucións presidenciais, cinco novas achegas ao concello de Cambados no marco do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial achegará as seguintes cantidades: 35.000 € para o parque infantil de Beleco, 30.000 € para rematar as melloras das beirarrúas da avenida de Vilariño, 24.222,73 euros para dotar de infraestruturas aos núcleos de Veiga e Fonte do Couto, 20.000 € que permitirán dotar de mobiliario as oficinas municipais e, por último, outros 20.000 euros que permitirán facer un traslado do servidor do concello e a súa páxina web. En total, a suma destas cinco achegas supoñen un investimento de 129.222,73 euros.
Ao abeiro do "Plan Concellos 2017", anteriormente a institución provincial xa destinara a Cambados outros 147.712,14 euros en liña 1 para a humanización das rúas Ourense e Pontevedra, 138.554,85 € en liña 2 para o pagamento de gastos correntes dos seus servizos municipais e para as actividades do Samaín, o Magosto, o Nadal, a Semana Santa, a Festa da Vieira, as Letras Galegas, a Festa dos Maios e o Entroido e, finalmente, 207.565,98 € cos que Cambados puido contratar a 30 persoas que desenvolveron as súas profesións nos distintos servizos municipais da vila.
Coa suma desta nova achega, Cambados xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 67,4% do total do investimento que lle corresponde dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 623.055,70 euros dun total de preto de 925.000 €.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.