Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de diciembre de 2012

O SECTARISMO DE LOUZÁN




Deputación de Pontevedra celebrou o venres Xunta de Goberno. Nesta última sesión por este ano 2012 destacamos a aprobación de dez proxectos incluídos dentro do Plan de Investimentos da Deputación que suporán unha achega total de case un millón setecentos mil euros. Estes cartos beneficiaran a varios Concellos da Provincia, entre eles varios das Rías Baixas, como son Poio, Meaño, Ribadumia e Caldas.

No caso de Poio, os algo máis de setenta e tres mil euros que achega o Ente Provincial serán empregados na execución da rede de saneamento da Puntada. Nos Concellos de Meaño e Ribadumia a partida sumará preto de 169.000 euros.

No tocante a Caldas o orzamento que aporta a Deputación ascende a 192.300 euros destinados a construír unha pista de tenis e unhas piscinas na zona da Tafona; unha actuación da que o Presidente Provincial cuestionou a súa prioridade nestes tempos. Dende eiqui queremos decirlle a Louzán que si lle parecen excesivas estas peticións do Concello de Caldas, para que lle-las conceden?. Acaso non é excesivo o gasto nas pousadas e sen embargo presume delas?. Acaso se o PP governase en Caldas e fixeran a mesma petición non estaría fachendoso por colaborar co Concello de Caldas?.

"Amigo Rafael Louzán contra o vicio de pedir a virtude de non dar". Si o Alcalde de Caldas considera necesaria a piscina, pero os seu conveciños non, xa llo dirán cando toque e deixese de sarcasmos e ironías que non é vostede o máis indicado para falar de gastos innecesarios
Nesta xunta de goberno provincial aprobáronse tamén as bases que regulamentarán as subvencións á cultura durante o vindeiro exercicio 2013.
Outros asuntos aprobados nesta Xunta de Goberno, entre outras cousas, foron a achega provincial destinada á reforma da Confraría do Grove ou os últimos acordos para mellorar o acceso o pontevedrés Hospital de Montecelo pola estrada de Ourense, desde o cruce do Marco.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.