Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de noviembre de 2015

NOVO PLAN DE CONCELLOS´16 DA DEPUTACIÓN










Por vez primeira a Deputación de Pontevedra deulles información aos 60 concellos da provincia de Pontevedra e aos seus cidadáns de cada un dos proxectos en marcha e, en consecuencia, da posta en funcionamento do Plan Concellos 2016, o novo plan que incrementa en 16 millóns de euros os fondos que recibirán todos os municipios da provincia de Pontevedra con respecto ao pasado ano.
Co obxectivo de transmitir esa información desde a Deputación envióuselles a todos os concellos información dos criterios de repartición do Plan Concellos 2016 coa finalidade de que analizasen as cifras e indicasen, de ser así o caso, alternativas ou modificacións a este. Ningún concello, nin sequera os gobernados polo Partido Popular e que agora cuestionan o plan, enviaron modificacións ou queixas relativas aos criterios antes da súa aprobación.
Novamente, e unha vez aprobado, desde a institución provincial informouse a todos os concellos do investimento que recibirán, en concorrencia, a través do Plan Concellos 2016, sendo, nos 62 municipios da provincia de Pontevedra, superior ao do ano 2015. Todos os concellos da provincia, independentemente da súa cor política, recibirán maiores recursos económicos. Así, o Plan Concellos representa para os municipios da provincia un investimento de 16 millóns de euros máis que no ano 2015, xa que, a maiores de incrementar en 10 millóns de euros os fondos de concorrencia, incorpora os 6 millóns de euros de libre disposición que o anterior presidente tiña como instrumento para unha repartición arbitraria, clientelar e caciquil na que os municipios non gobernados polo PP non recibían nin un euro mentres que o diñeiro chegaba unicamente aos "amigos", aos concellos gobernados polo Partido Popular. 
Recordamos casos vergoñentos coma Agolada, con 2.651 habitantes, que recibía de libre disposición 648.753 euros, o dobre do que lle correspondía por concorrencia; Meis, con 5.033 habitantes, que recibía 380.000 euros por concorrencia e un 103 % a maiores, é dicir 389.982 euros, de libre disposición; Ribadumia, cunha poboación de 5.103, que recibía de concorrencia 373.838 euros e de libre disposición un 60 % máis de fondos, é dicir, 224.657 euros; ou Vilagarcía de Arousa, con 37.712 habitantes, que recibía por concorrencia competitiva 1.169.397 euros e un 36 % a maiores de libre disposición, é dicir, 416.657 euros. No ano 2015 ningún concello da provincia de Pontevedra que non gobernase o PP recibiu un só euro do diñeiro de libre disposición que o ex-presidente Louzán tiña para os seus amigos.
Con esta nova Deputación cómpre destacar que se eliminan os fondos de libre disposición para incorporalos aos que se dan por concorrencia, coa finalidade de beneficiar a todos os concellos da provincia de Pontevedra independentemente do partido político que os goberne.
Ademais do Plan Concellos, deses 16 millóns de euros máis con respecto ao 2015 que a Deputación de Pontevedra repartirá de forma equitativa entre os 60 concellos da provincia, todos os municipios tamén se verán beneficiados de novos plans que, como xa coñecen os alcaldes e todos os grupos políticos provinciais, incrementarán os investimentos da institución provincial nos concellos. Así, os municipios recibirán fondos a través do Plan de Infraestruturas, do Plan de Turismo, así como de máis liñas de subvencións por concorrencia destinadas a clubs deportivos federados, deportistas de elite, federacións, asociación culturais, asociacións de medio ambiente, entidades sociais, etc. Todos eses investimentos non forman parte do Plan Concellos e os alcaldes coñecen esta información de maneira directa desde a Deputación. E, aínda máis, tamén por vez primeira haberá novas axudas mediante a asistencia técnica a todos os concellos da provincia a través da posta en marcha dun departamento propio na Deputación de Pontevedra que existe en todas as deputacións españolas e, ata o momento, non se creara na nosa provincia.
En resumo, a maiores dos investimentos que os concellos percibirán en 2016 correspondentes ao Plan Concellos, moi superiores aos do ano pasado, os municipios tamén incrementarán notablemente as cantidades que ingresarán por parte da Deputación a través dos novos plans e liñas de subvencións, así como do servizo de asistencia técnica municipal que a institución porá en marcha durante 2016, unha información que lles foi comunicada a todos os alcaldes desde o primeiro momento.












Por comarcas...



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.