Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de abril de 2015

LOUZÁN VOLVE QUITAR AS CASTAÑAS DO LUME A ARAGUNDE






324.000 euros para os concellos de Agolada, Cambados, A Cañiza, Catoira, Fornelos de Montes, A Guarda, Meis e Poio para o pagamento de gasto corrente e investimentos


Estas axudas financiaranse cos fondos do PPOS 2015 despois de que o organismo provincial ampliase o seu orzamento ata 30 millóns de euros
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o venres pasado unha liña de axudas para oito concellos da provincia para colaborar no investimento en diversas actuacións: destinaranse 323.345,90 euros á amortización de préstamos, ó pagamento de débedas e ó financiamento de gasto corrente destes municipios.

Investimentos e gasto corrente

Con cargo ós fondos ampliados do PPOS 2015, o pagamento das subvencións farase de maneira anticipada unha vez aprobada esta concesión, se ben as axudas dirixidas ó financiamento do gasto corrente terán que se previamente xustificadas para ser recibidas.

Os concellos poderán destinar a cantidade que lles corresponda a investimentos de calquera obra que figure dentro da súas competencias, incluso cofinanciada por outra Administración. Poderán destinar tamén o 30 % do que se lles asigne a gasto corrente, é dicir, a amortización de débedas con entidades ou acredores, pagamento de débedas e gasto corrente ou gasto corrente novo.

Ampliación dos fondos PPOS 2015

O pasado mes de febreiro a Deputación de Pontevedra aprobou a ampliación do orzamento do Plan Provincial de Obras e Servizos (PPOS) 2015 ata os 30 millóns de euros.

Inicialmente a institución provincial dotou este plan con 12 millóns de euros, que foron incrementados con outros 18 despois de recibir a liquidación dos orzamentos do ano pasado e decidir destinar esta cantidade ó PPOS 2015.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.