Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta Concello de Cambados. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concello de Cambados. Mostrar todas las entradas

9 de diciembre de 2020

PROCESO DE SELECCIÓN DOS ALUMNOS-TRABALLADORES DO OBRADOIRO DE EMPREGO


PROCESO DE SELECCIÓN DOS ALUMNOS-TRABALLADORES DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CAMBADOS RUTA XACOBEA CAMIÑO DE SANTIAGO”

Os candidatos/as preseleccionados/as pola Oficina de Emprego, para as prazas de Alumnos-Traballadores/as que estivesen interesados/as en participar no proceso selectivo das prazas convocadas, deberán acudir as dependencias do Departamento de Persoal (situado na rúa Ourense. Primeiro andar) no dia e hora que se indica na citación que recibiron da Oficina de Emprego:

Para o módulo de Albaneleria o día 14 de decembro de 2020

Para o módulo de Xardineria-Forestal o día 15 de decembro de 2020

Máis información https://wp.me/p74tPV-1rK



7 de diciembre de 2020

CAMBADOS DESTINARÁ A CÁMARA AGRARIA PARA USOS SOCIAIS


A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ratificou este venres o seu apoio aos concellos da provincia coa aprobación de novas partidas por preto de dous millóns de euros. En concreto, máis de 1,3 millóns de euros irán dirixidos a Cambados, Ponte Caldelas, Caldas de Reis e Sanxenxo, no marco do Plan Concellos, e case medio millón de euros serán destinados á renovación das instalacións de iluminación exterior de 43 concellos.

No que respecta ao Plan Concellos para Cambados foi concedida unha subvención por cambio de finalidade por un importe de 99.612,50 euros, cos que o concello mercará o antigo local da Cámara Agraria. O inmoble, cunha superficie construída de 204 metros cadrados, empregarase para levar a cabo a prestación de servizos de competencia municipal ou actividades socio-culturais. 

Iluminación sostible

A aposta pola sostibilidade é un dos eixes transversais cos que traballa a institución provincial. Neste eido a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación da contratación das obras de renovación das instalacións de iluminación exterior en 43 concellos. Estas actuacións están recollidas nos expedientes de axuda concedida polo Instituto de Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). O proxecto tamén inclúe a iluminación nos Bens de Interese Cultural (BIC) dos concellos de Baiona, Caldas de Reis, A Guarda, Meis, Poio, Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa. As actuacións serán financiadas pola Deputación, con 458.169,32 euros, os concellos e os fondos FEDER. Trátase de proxectos singulares de entidades locais que favorecen o paso a unha economía baixa en carbono no marco operativo de FEDER para o crecemento sostible 2014-2020.


1 de diciembre de 2020

CLAUSURADOS OS OBRADOIROS DE EMPREGO CO ANUNCIO DE DOUS NOVOS NO 2021

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, destacou hoxe, durante o acto de clausura do obradoiro de emprego Ruta Marítima Camiño de Santiago II, o “absoluto compromiso” do Goberno galego coa formación e a inserción laboral no Concello de Cambados, xa que anunciou o comezo inminente doutras dúas iniciativas destas características para favorecer a reactivación económica e incrementar os niveis de ocupación.

A representante autonómica revelou que a Consellería de Emprego e Igualdade vén de aprobar o obradoiro de emprego dual Rutas Xacobeas, que se desenvolverá cos módulos de Xardinaría e Forestal, e a iniciativa para xóvenes Cambados Emprendedor II, que impartirá Dinamización de Actividades de Tempo Libre e Culturais e Limpeza de Espazos Abertos, Instalacións Industriais e Xestión de Residuos. Ambas terán lugar durante nove meses e formarán, en total, a 40 persoas -vinte delas de ata 30 anos no caso da segunda- grazas a un investimento de 776.000€.

A delegada territorial engadiu que os esforzos continuados da Xunta nesta área “permiten que a nosa comunidade teña moito mellores datos de ocupación laboral que a media de España” e ademais deixou claro que a creación de emprego sitúase, no actual contexto da pandemia, no podio de prioridades xunto coa Sanidade e a Educación: “Estamos a redobrar os esforzos en formación e na inserción laboral especialmente nestes momentos tan complicados pola crise sanitaria, xa que temos como obxectivo principal o impulso, canto antes, da reactivación”.

Luisa Piñeiro, que estivo acompañada na clausura pola alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, tamén quixo agradecer ao persoal desta iniciativa laboral e aos vinte alumnos-traballadores “o seu traballo ao longo deste ano, a súa responsabilidade e o bo desempeño que realizaron durante as súas prácticas para mellorar as tres rutas do Camiño de Santiago ao seu paso por Cambados e para as labores de limpeza e prevención de lumes no monte da Pastora”. Ademais, animou aos participantes a que aproveiten as oportunidades que lles brinda a súa gañada formación e a experiencia deste ano “para adentrarse con forza no mercado de traballo”.

En canto a este clausurado obradoiro de emprego Ruta Marítima Camiño de Santiago II, desenvolveuse dende o pasado mes de novembro e recuperou as súas semanas de paralización polo estado de alarma decretado fronte á covid-19 grazas a un acordo da Xunta, que pretendía non prexudicar nin menoscabar a súa formación polos efectos da pandemia.

Así, celebrouse durante doce meses cun investimento de 336.446€ e contou coa participación dunha vintena de desempregados de Cambados que realizaron a súa actividade formativa nos módulos de Carpintaría de Madeira e Xardinaría-Forestal.

O acto de clausura, que tivo lugar na Praza de Fefiñáns, tamén contou coa participación do director, Enrique Ferreiro, a titora, docentes, persoal e os alumnos do obradoiro e culminou coa entrega de diplomas acreditativos. 


PACTO DAS ALCALDÍAS (PACES)


O Concello de Cambados forma parte da rede de entidades locais que comparten un obxectivo común reducir as emisión de gases de efecto invernadoiro para o 2030 así como aumentar a resilencia do seu territorio fronte aos perigos derivados do cambio climático.

Para isto, o Concello propón unha serie de medidas e estratexias a implementar co fin de alcanzar obxectivos concretos tales como contratación pública de produtos e servizos aplicando criterios de baixa pegada de carbono, eficiencia enerxética e impulso das enerxías renovables, mellorar a rede de abastecemento de auga, construcción de redes para separar augas pluviais e fecais, saneamento incentivos fiscais no IVTM para vehículos eficientes e non contaminantes, recollida separada dos biorresiduos para compostaxe ou servizo de loita contra a pobreza enerxética en familias vulnerables levado a cabo polos servizos sociais entre outras medidas de mitigación.

9 de noviembre de 2020

CAMBADOS NON TERÁ CABALGATA DE REIS NIN FESTAS NO SALÓN PEÑA

Que este Nadal ía ser atípico xa o presumíamos todos.

Cando apenas levamos 3 días coas novas resticións e sin saber canto tempo estaremos así, o 4 de decembro tomarase a decisión de continuar ou non e que concellos poden librarse desta"condena", si por razóns positivas non o fixeron antes, o Concello de Cambados ven de descartar a celebración da tradicional cabalgata de Reis. O concelleiro de Cultura, Tino Cordal, anunciaba este mediodía que non se celebrará o tradicional paseo dos Reis Magos así como a ludoteca e as festas que como en anos anteriores (agás o nadal pasado) se viñan celebrando no salón Pena. Malia todo, os Reis Magos si farán parada en Cambados. O Concello estuda a maneira en que os Reis Magos poidan facer unha parada na praza de Fefiñáns e e facer outras polas parroquias cambadesas. Só un cambio radical en positivo nestes case dous meses tata a data podería facer mudar de idea ao equipo de goberno local.

Unha novidade que o Concello estuda é a da posibilidade de crear unha Aldea de Nadal na praza de Fefiñáns e como non a colocación de iluminación de nadal polas rúas de pobo e as parroquias, como se está a facer nos últimos días..

O Concello tamén cancela os actos previstos para este mes porque. "a pesares de que a cultura é segura, o Concello ten que dar exemplo e concienciar á poboación cambadesa", indicou Cordal.


6 de noviembre de 2020

XUNTA E CONCELLO AVANZAN NA TRANSFERENCIA DA FACHADA MARÍTIMA AO GOBERNO DE CAMBADOS


A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, reafirmou esta mañá a “colaboración absoluta” do goberno galego co Concello de Cambados durante a súa primeira visita institucional a este municipio e exemplificou ese clima de entendemento ante o inminente inicio das obras de mellora do centro de saúde e do comedor escolar do colexio de San Tomé.

O goberno galego cofinancia ambas actuacións cunha aportación global de 110.000€ que permitirá realizar unha remodelación do punto médico, que a propia delegada aclarou que non interferirá na actividade asistencial ao desenvolverse en quendas de tarde e noite, e a construción do comedor escolar e dunha aula educativa na citada escola.

Ademais, na xuntanza de traballo mantida coa alcaldesa, Fátima Abal, que agradeceu a súa presenza, tratouse a posibilidade de que a Xunta acometa unha obra de separación de augas pluviais e fecais nunha zona da estrada PO-550 na saída cara Meaño e diversas cuestións vencelladas con Portos de Galicia.

Así, Luisa Piñeiro recolleu a solicitude para a posible sinatura dun convenio que permita revertir os terreos da fachada central do casco urbano en favor do Concello, xa que actualmente están en mans da autoridade portuaria, e tamén a realización de xestións para axilizar o Plan Especial de Infraestruturas entre Portos e o Concello co obxectivo de que se poida acometer a reforma da Praza de Abastos.

A representante autonómica valorou moi positivamente a reunión e amosouse convencida de que haberá un “bo ánimo de colaboración” entre ambas administracións que reafirmará o “compromiso” da Xunta con Cambados.


5 de noviembre de 2020

INICIAN OS TRABALLOS DE PROTECCIÓN DO ILLOTE DE SAN SADURNIÑO



O Concello de Cambados deu inicio ás obras de protección sobre o Illote de San Sadurniño para frear a erosión provocada polas mareas.

Co fin de telo preparado antes da chegada da época de temporais, empezou a instalación dos gavións, compostos por pequenas pedras cubertas cunha rede metálica.

Ademáis, aproveitando a actuación xa se iniciaron tamén as primeiras excavacións arqueolóxicas que, nunha segunda fase do proxecto, en primavera do ano que ven, permitirán profundizar e divulgar o valor patrimonial dun dos espazos máis turísticos do municipio.
De momento, as indagacións das arqueólogas xa deron con varios achádegos de cerámica da época medieval.


O municipio puxo en marcha un proxecto divulgativo e patrimonial vinculado ás ruínas da Torre de San Sadurniño. Cambados é considerado un auténtico museo ao aire libre. Este municipio, naceu da unión de tres antigas vilas independentes: San Tomé, Fefiñáns e Cambados. As particularidades de cada unha delas mantivéronse no tempo, formando un dos conxuntos urbanos máis singulares das Rías Baixas. Fronte ao hoxe barrio mariñeiro de San Tomé do Mar álzase a silueta da torre de San Sadurniño, ou máis ben o que queda dela. Situada no pequeno illote da Figueira, as ruínas desta torre únense a terra firme por unha ponte duns 170 metros de longo. Ao ser unha zona de marisqueo, se hai marea baixa tamén se pode chegar camiñando. A panorámica desde a súa entrada é envexable, recollida pola Illa dá Toxa á súa esquerda, e a Illa de Arousa a man dereita. Por todo iso, o concello de Cambados quere poñer en marcha, a partir de primavera, un plan de promoción do valor desta zona, declarada Ben de Interese Cultural en 1994. O proxecto inclúe unha parte divulgativa, coa que se quere achegar en primeiro lugar a historia de Cambados ao seu pobo, e outra patrimonial, que pretende sacar a relucir os posibles restos da antiga capela e outras vivendas. As dúbidas sobre a súa creación As ruínas da Torre de San Sadurniño son o último vestixio do que no seu día puido ser unha fortaleza. Construíuse, segundo o famoso cronista José Caamaño Bournacell, na segunda metade do século X, na época do bispo compostelán Sisnando. Aínda que para o historiador cambadés, Sindo Mosteiro, a edificación construíuse moito despois, a principios do século XVI, como torre xurisdicional para usos administrativos. As interpretacións do historiador, incluídas no seu libro A Torre e a sombra, rompen con moitos dos feitos coñecidos sobre Cambados. Desde o concello apoian esta versión e mesmo solicitaron á Deputación de Pontevedra unha subvención para cambiar os paneis informativos das ruínas.



1 de noviembre de 2020

IV SIMPOSIO LGTBI GALICIA – WEBINAR CAMBADOS 2020


A cuarta edición do Simposio Internacional LGTBI Galicia como en anteriores convocatorias nace do convencemento de que se debe seguir traballando desde o concello de Cambados pola “naturalización” do colectivo, sempre en favor da igualdade.

Os obxectivos para lograr son como en anteriores edicións, abrir os ollos ás necesidades do colectivo e ás novas iniciativas de éxito a nivel nacional e internacional , reivindicar dereitos e visibilizar as dificultades coas que se atopa o colectivo LGTBI .

Como nas anteriores edicións o simposio consistirá nun programa que contará con representantes de diferentes países que expoñerán os seus diferentes puntos de vista respecto a cuestións referidas á “naturalización” social en canto a orientación sexual refírese. Nesta ocasión debido a situación sanitaria covid19 o formato do simposio non poderá ser presencial e mudarase ao formato webinar no que poderán interactuar todas as persoas que se inscriban de maneira gratuita

Neste IV Simposio a concellería de igualdade do concello de Cambados mostrará as boas prácticas que fomentan o respecto pola diversidade sexual e xénero a nivel local, nacional e internacional.

Esta acción organizada pola concellería de igualdade coa colaboración da Xunta de Galicia, Ministerio de igualdade e Pacto de estado está programada para realizarse o sábado 7 de novembro a partir das 9:45h

Máis información e inscricións gratuitas en   igualdade@cambados.es

Telf. whatsapp 682660580

O CONCELLO DE CAMBADOS TOMA MEDIDAS ANTE O GRAN AUMENTO DE CONTAXIOS NA VILA


Logo de ter coñecido os datos de casos positivos de Covid hoxe no noso municipio, 43 (nove máis que onte), o concelleiro de Sanidade, Tino Cordal, cre que é preciso facer un chamamento á máxima responsabilidade e precaución por parte da cidadanía, que debe evitar saídas, reunións e contactos non necesarios.

Como concelleiro de Seguridade Cidadá, púxose en contacto co Xefe da Policía Local para reforzar a súa presenza na rúa. O Concello ponse a disposición da Garda Civil para facer os controis que eles consideren oportunos.

En calidade de concelleiro de Cultura anuncia a cancelación de todas as actividades a partires de mañá luns, incluíndo ensaios de asociacións culturais (grupos folclóricos, bandas de música etc), durante, en principio, dúas semanas.

Finalmente, Tino Cordal manifesta que é partidario dun confinamento xeral da poboación, non só en Cambados, senón en toda Galicia, durante, inicialmente, quince días. Porque "entendo que é a única maneira de deter o alarmante avance da pandemia".


UNS COBRAN UNS BOS SALARIOS E IMPIDEN QUE OUTROS COBREN POR TRABALLAR


Un ano máis, no exercicio de transparencia, os deputados do Parlamento de Galicia amosan os seus patrimonios ante a cidadanía. Fano colgando a súa declaración na páxina web da institución. Entre os datos, están os seus soldos, a cota líquida paga no exercicio anterior da declaración da renda, os bens inmobles, o saldo bancario tanto corrente e de aforro, os vehículos, o importe das accións cotizadas, e o que teñen pendente de cancelar en canto a préstamos. Resulta curioso que
mentras ou BNG local non lles deixa cobrar aos concelleiros do Goberno de Cambados polo seu traballo, tendo que pasar alguns problemas para conciliar ou seu traballo e a vida familiar, a líder do BNG en Cambados atesoura unha boa cantidade de cartos no banco grazas ao que cobra da política, na que leva uns cuantos anos. Non queda atrás o outro parlamentario cambadés. J.M. Cores Tourís, con vivendas, garaxes, 3 coches e unha suculenta conta corrente. Pero siguen negando o pan e a sal a quen está moitas horas adicadas ao concello en detrimento da sua vida persoal e laboral. Nestes momentos, de pandemia precisamos que os representantes políticos o sexan a cantidade de horas máis grande posible i esto so é posible cando poidan compaxinar traballo e adicación ao concello e aos cambadeses.

Con esta situación non sería estrano ver movementos en vindeiras datas que transformarían a vida política cambadesa.



29 de octubre de 2020

A XUNTA DESTACA EN CAMBADOS O PAPEL CLAVE DOS GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO



A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, participou hoxe na inauguración da xornada Talento azul. Compartindo experiencias para avanzar cara o crecemento sostible dos nosos territorios costeiros, onde puxo en valor o labor realizado polos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) para mellorar a economía das zonas costeiras de Galicia e fixar poboación no territorio. Por iso, destacou, son elementos clave para acadar o relevo xeracional na cadea mar-industria da comunidade.

A representante do Executivo galego explicou durante este encontro, organizado polo GALP Ría de Arousa, que a remuda xeracional é un dos retos máis importantes que ten o conxunto de Galicia -incluído o sector marítimo-pesqueiro- nos próximos anos. Neste sentido, salientou que é fundamental facer atractivos para a xente nova os oficios vencellados co mar e incidiu en que os GALP contan cun papel determinante neste obxectivo pois teñen demostrado que son un instrumento moi útil para a creación de emprego e riqueza vencellados ao mar dun xeito sustentable e respectuoso cos recursos.

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro lembrou que os grupos de acción local do sector pesqueiro fomentan a aprendizaxe e a cooperación entre territorios para avanzar no eido da economía azul e subliñou que a xornada Talento azul se enmarca neste obxectivo pois permite coñecer o labor realizado nos distintos territorios costeiros de Galicia. “Aproveitamos así as distintas experiencias e todos os recursos que nos dá o mar porque é importante compartir os éxitos e os fracasos para avanzar en beneficio do conxunto da comunidade”, destacou Susana Rodríguez.

Nesta liña, a representante da Consellería do Mar explicou que as accións desenvolvidas polos GALP veñen a constatar a importancia do mar como motor da economía de Galicia e contribúen a mellorar as condicións de traballo e de futuro das persoas que viven do mar. Por iso, insistiu, teñen un papel transcendental para superar o desafío que supón a remuda xeracional no eido marítimo-pesqueiro.

Xornada ‘Talento azul’

Este encontro está promovido polo GALP Ría de Arousa e consiste nunha sesión de traballo na que os oito GALP de Galicia presentarán os proxectos máis destacados dos seus territorios e intercambiarán experiencias e impresións sobre como avanzar no crecemento azul para acadar o desenvolvemento socioeconómico das zonas costeiras.

Os grupos de acción local do sector pesqueiro puxeron en marcha desde 2016 preto de 400 proxectos que mobilizaron un investimento total próximo aos 60 millóns de euros. Estas accións xeraron máis de 360 empregos directos a tempo completo e arredor de 2.100 postos de traballo nas actividades vencelladas co seu desenvolvemento, o que contribuíu a impulsar a economía local das zonas beneficiadas. 

27 de octubre de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA VISITAR OS CEMITERIOS DE CAMBADOS SEN RISCO DE COVID


Ante o previsible aumento de usuarios dos cemiterios municipais a medida que se achegue o 1 de novembro, Día dos Defuntos, desde o Concello de Cambados publicouse un cartel no que aparecen distintas recomendacións para evitar contaxios por Covid-19 nos camposantos.

Ademais das consabidas máscaras e distancia de seguridade, establécense grupos dun máximo de catro persoas e recoméndase non exceder a media hora na visita, entre outras medidas.

No municipio de Cambados funcionan seis cemiterios: o de Santa Mariña e Fefiñans (Cambados), o de Vilariño, o de Corvillón, o de Castrelo, e o de Oubiña, sendo todos parroquiais.

As recomendacións son as seguintes: usar máscara en todo momento; manter a distancia de seguridade de dous metros; desinfectarse as mans ao entrar e saír do cemiterio; o tempo máximo de visita recomendable é de 30 minutos; máximo de catro persoas nos grupos de visita; respectar o horario de mañá para prioridade das persoas maiores; e levar cada un os seus propios utensilios e botellas de auga para encher os vasos.

O tenente de alcalde delegado de Seguridade Cidadá e Sanidade, Tino Cordal, lembrou a recomendación de que a visita aos camposantos fágase de maneira graduada e así evitar as aglomeracións que se adoitan dar os días 31 de outubro e 1 de novembro. Nas pasadas semanas realizáronse distintos traballos nos cemiterios do municipio para que luzan o mellor posible. Este esforzo municipal tense que complementar cun comportamento responsable por parte dos usuarios nun momento en que están repuntando os casos de coronavirus en toda Europa. Por iso, desde o Concello piden ás persoas que vaian visitar os nosos seis cemiterios que por favor respecten as medidas que establecidas no cartel. 


24 de octubre de 2020

ELISA E MARCELA MAÑÁN NO AUDITORIO DE "A XUVENTUDE"


O teatro volve a Cambados. Como cada outono, o Concello programa, en colaboración coa Rede Galega de Teatros e Auditorios, un ciclo que, nesta ocasión, inclúe catro títulos en cartel.

As funcións serán ás sete da tarde cunha entrada a 3,5 euros e 2,5 euros na modalidade reducida para moz@s, pensionistas e xubilados. Por motivos de seguridades reducíuse o aforo a 60 butacas de 250.

O ciclo compóñeno 4 pezas teatrais. A pasada semana representouse, Vida de Cans a cargo da compañía Talía Teatro.

Esta semana é o turno de Elisa e Marcela a cargo de A Panadaría   

Sinopse

Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

Coprodución da Panadaría co Centro Dramático Galego, a Deputación de A Coruña, Concello de Vimianzo e o Concello de Rianxo.

Mellor espectáculo nos Premios María Casares 2018 e tamén mellor dirección, mellor texto orixinal e mellor actriz protagonista ( Areta Bolado) nos mesmos premios. Premio Luisa Villalta para iniciativas culturais pola igualdade. XIV Premio LGBT Marcela y Elisa entregado polo colectivo ALAS  A Coruña. rPemio do público MIT de Ribadavia 2018 e Fetega do Carballiño 2018. Premio ex aequo á Mellor Actriz ( Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman) no FETEGA 2018.

Elenco:  Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.


22 de octubre de 2020

O CONCELLO DE CAMBADOS PROPOSTO PARA UN PREMIO DA DEPUTACIÓN DE OURENSE


As catro fundacións que defenden o legado dos escritores e intelectuais galeguistas Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Losada Diéguez e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao recibirán o Premio Otero Pedrayo 2020.

Diso informou a Deputación de Ourense nun comunicado, no que explica que así o acordou este mércores o xurado do galardón tras escoitar a proposta formulada polo presidente da institución provincial, Manuel Baltar. Baltar defendeu o "encomiable esforzo e dedicación que levan a cabo estas fundacións para manter vivo o pensamento e a obra destes grandes" das letras galegas, "intelectuais da Xeración Nos, que puxeron a Galicia en Europa". O presidente da Deputación de Ourense, que comunicou aos presidentes das fundacións a decisión, tamén propuxo ao xurado outorgar senllas mencións de honra para o Museo Arqueolóxico de Ourense, "institución de carácter público que soubo recoller o maxisterio de Florentino L. Cuevillas", e para o Concello de Cambados, " sustentador do museo na casa natal de Ramón Cabanillas, no barrio de Fefiñáns".

CAMBADOS HABILITA A BIBLIOTECA LUIS REI PARA A PRESENTACION DAS AXUDAS AO ENSINO E ASESORAMENTO AS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO



– Incrementase a 31.300 euros as axudas a ensino e transporte escolar para este ano, e mantéñense en 120.000 euros as axudas a entidades sen lucro, o prazo de presentación das axudas finaliza o vindeiro 5 de novembro.

– Cambados habilita a Biblioteca Luís Rei mediante o servizo de cita previa para presentar no Rexistro do Concello as axudas ao ensino e transporte escolar e asesorar as axudas ás entidades sen fins de lucro.

O Concello de Cambados vai habilitar durante os vindeiros 15 días na Biblioteca Luís Rei o servicio de Rexistro Municipal para a presentación das axudas ao ensino e transporte escolar e asesorar as axudas ás entidades sen fins de lucro, e desta maneira evitar aglomeracións no Rexistro do Concello de Cambados como medida de prevención ante o Covid-19.

O ano pasado máis de un cento de veciños foron beneficiarios das axudas ao ensino e transporte escolar do Concello de Cambados, o que provocaba certa acumulación de xente no Rexistro municipal para presentar a solicitude destas axudas, xa que coincidía co resto de veciños que viñan realizar outro tipo de tramites administrativos. Para que non se volva a repetir esta situación, e máis estando nunha situación de pandemia onde non son aconsellables as concentracións de persoas, o goberno municipal decidiu habilitar como Rexistro de entrada do Concello de Cambados a Biblioteca Luís Rei mediante cita previa, para que aqueles veciños que o desexen poidan presentar as axudas de estudio e transporte escolar sen ter que facer colas e de forma moito máis segura. Desta forma a veciñanza que queiran realizar a presentación da solicitude ou asesorarse nas mesmas, conforme as bases das axudas que están publicadas no portal de transparencia, dende maña poden solicitar cita previa no teléfono da Biblioteca Luís Rei, no 986 52 00 08. Neste número tamén se vai realizar a cita previa para o servizo de asesoramento a aquelas entidades sen animo de lucro que están interesadas en presentarse na convocatoria de Axudas do Concello de Cambados deste ano.

Este servizo e compatible coa presentación telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Cambados, pero para o que é preciso dispoñer de Certificado Dixital, e do que moitas familias carecen. Por tal motivo, o Goberno municipal decidiu habilitar unha nova vía de presentación das axudas para ensino e transporte escolar destinadas a poboación con carencias económicas, co obxecto de paliar os gastos que supón a escolarización pública, ensinanzas artísticas e a formación universitaria en familias con menos recursos económicos do Concello de Cambados.

As axudas ao ensino e transporte escolar deste ano presentan varias novidades, así por unha banda, incrementase o montante total das axudas a 31.300 euros (importe que cuadriplica as axudas ao ensino de fai 5 anos). A este incremento no importe total das axudas, sumase tamén o incremento no importe das axudas a cada estúdiante. Así as axudas ao Ensino Primario e Secundario, Bacharelato, FP, Universidade e Ensinanzas Artísticas Superiores e Conservatorios increméntanse este ano a 150 euros/alumno/a, chegando as de alumnado con Necesidades Educativas Especiais aos 200 euros. Tamén se incrementaron as axudas para transporte, así os estudantes que cursen estudios fora de Cambados percibiran unha axuda de 150 euros e no caso de estar a máis de 30 quilómetros o centro educativo, a axuda ao transporte vai ser de 200 euros.

Ademais ás bases das axudas ao ensino e o transporte escolar de este ano van a chegar a máis familias de Cambados, xa que outra das novidades é que se incrementan os limites de renta per capita, así este ano as familias que teñan ingresos inferiores a 7.000 euros por membro da unidade familiar poden acceder as mesmas.

Por ultimo as axudas para o ensino deste ano van a servir, ademais de financiar os gastos que se viñan subvencionando de material escolar e deportivo dos estudantes en pasados cursos, como novidade nesta convocatoria para a adquisición de material de prevención da Covid-19 (mascarillas, xel, etc…) e de tablets ou PCs para realizar as tarefas escolares na casa.

O prazo para a presentación das axudas é dende maña 22 de outubro ata o vindeiro 5 de novembro, polo que o Goberno municipal, preocupado pola situación de crise sanitaria que estamos a vivir, está a facer tódolos esforzos posibles para incrementar e facilitar a presentación das axudas a veciñanza e entidades sen fins de lucro do noso municipio. Froito desta implicación e marcado carácter social do Goberno municipal de Cambados, incrementáronse as axudas ao estudio e transporte escolar neste ano que van chegar a un maior número de familias de Cambados, ademais de manter o noso compromiso social coas entidades sen fins de lucro nesta situación de pandemia. 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2020/2021

SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O ANO 2020

16 de octubre de 2020

UN NOVO CICLO DE TEATRO ARRANCA ESTE DOMINGO EN CAMBADOS


O teatro volve a Cambados. Como cada outono, o Concello programa, en colaboración coa Rede Galega de Teatros e Auditorios, un ciclo que, nesta ocasión, inclúe catro títulos en cartel.

As funcións serán ás sete da tarde cunha entrada a 3,5 euros e 2,5 euros na modalidade reducida para moz@s, pensionistas e xubilados. Por motivos de seguridades reducíuse o aforo a 60 butacas de 250.

O ciclo compóñeno 4 pezas teatrais.

Vida de Cans-  A cargo da compañía Talía Teatro   18/10

Elisa e Marcela-  A a cargo de A Panadaría   25/10

Bernarda-   De Malasombra   Producciones   1/11

Curva España-  Espectáculo a cargo de Chévere    29/11

A primeira das representacións será este vindeiro domingo, Vida de 


 Cans
 un espectáculo de teatro a cargo da compañía Talía Teatro

Elenco: Toño Casais, Dani Trillo e Artur Trillo

Tres cans. Tres actores, tres cans, ou tres acotres que fan de can sen deixar de ser actores, sen deixar de ser cans.

Están recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo... pero recinto. Ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados... pero recluídos. Fóra do recinto está a liberdade. Cos seus desacougos, as súas incertezas, os seus problemas, os seus perigos... pero liberdade. Cada un dos tres afronta o conflito segundo a súa personalidade.  Ou segundo a súa canalidade. E todo vai derivando cara unha traxedia que nunca deixa de ser comedia.

Comedia absurda. Comedia paródica. Comedia metafórica

O CONCELLO DE CAMBADOS PROXECTA A EXCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA DA TORRE E A SÚA DIVULGACIÓN PATRIMONIAL


Hai case 7 anos, concretamente o 8 xaneiro do 2014, Cores de Cambados publicaba a aparición de restos dun posible castro na illa da Figheira, o que todos coñecemos como illote da Torre.

Alertados por un veciño acudimos a súa chamada para contemplar o que parecían restos de vivendas ou dunha fortificación. Na nosa ignorancia non podíamos detallar con precisión o que alí se vía. Houbo incluso desde a dereita mediática quen nos acusou de reinventar a historia. Demostrouse despois que que a ignorancia era a deses escribidores.

Naquel momento gobernaba o PP e non se fixo nada por sacar a luz a realidade, fora a que fora. O que se fixo foi botar terra, area neste caso, sobre os restos.
Máis adiante co cambio de goberno tentouse investigar máis. Protexéronse os restos dunha maneira algo máis eficaz agardando a unha ocasión máis propicia económicamente.

Agora o Concello de Cambados proxecta unha actuación sobre o illote de San Sadurniño que permita a protección do espazo e ao tempo a súa divulgación patrimonial.

Con esta finalidade, o goberno municipal porá en marcha dúas intervencións que foron presentadas onte polos Concelleiros de Obras e Patrimonio, Samuel Lago e Xurxo Charlín, e a historiadora Alicia Padín.

A primeira, que comezará nos vindeiros días, será a creación dunha barrera física, para frear a erosión provocada polas mareas, mediante gavións de pequenas pedras cubertas cunha rede metálica.

Os traballos, que o Concello quere ter rematados antes de que empecen os temporais, xa foron adxudicados á empresa Covsa por un importe de 8.500 euros.

Pero ademáis desta actuación, o Concello quere profundizar sobre o valor patrimonial do illote e da Torre de San Sadurniño, non só a nivel turístico senon, sobre todo, entre a propia cidadanía de Cambados.

Para elo, aproveitando que se cumplen vinte anos dende a declaración do casco histórico como Ben de Interés Cultural, BIC, porase en marcha un proxecto arqueolóxico e divulgativo.

Por unha banda, cando volva o bo tempo, na próxima primavera, iniciarase unha excavación arqueolóxica que determine con máis exactitude a época do enclave, fenicio, castrexo, romano ou medieval segundo diversas teorías.

O proxecto, que se irá desenvolvendo en varias fases, incluirá a instalación de novos paneis informativos, para os que o Concello solicitará unha subvención da Deputación.

O custe restante, ainda sen orzamentar, será sufragado con fondos municipais.

Ao mesmo tempo, se a situación da pandemia o permite, organizaranse visitas guiadas para escolares e asociacións co fin de que a veciñanza de Cambados coñeza e valore este espazo do seu patrimonio.


Artigo de Cores de Cambados do 2014

Mareas vivas, vento do oeste e mar de fondo......


CUARTETO CARAMUXO ESTE SÁBADO EN TORRADO


CUARTETO CARAMUXO

Este sábado, no Parque de Torrado ás 20h.

-Con estritas medidas de seguridade, no Parque Torrado.

 -Aforo limitado con entrada gratuita.

-Con moitas precuacións pero a cultura non debe parar!


O Cuarteto Caramuxo é un sexteto formado por catro clarinetistas, un acordeonista e unha percusionista que reinterpretan música popular galega.

O repertorio da banda toma como base as melodías recollidas nos cancioneiros populares galegos, ademais de composicións de autores contemporáneos feitas expresamente para o grupo, residindo a súa singularidade na instrumentación e nos arranxos.
A filosofía dos Caramuxos resúmese nunha interpretación con gusto e sen maior pretensión que gozar da música.


15 de octubre de 2020

FÁTIMA ABAL DE BAIXA CEDE TEMPORALMENTE O BASTÓN DE MANDO A TINO CORDAL


Mañán no BOP saldrá publicada a delegación de funcións como alcalde accidental de Fátima Abal no  primeiro tenente de alcalde Tino Cordal. O motivo non é outro que unha baixa médica motivada por uns problemas de saúde da edil socialista. A alcaldesa leva desde onte ao mediodía aillada ante a dúbida de padecer a COVID-19, con moita tos e que prácticamente a deixou sen voz. Feita a proba PCR pertinente esta deu negativo.
Por tal motivo foille dada a baixa para recuperar a voz e o estado de saúde normal.

A alcaldesa quere tamén tranquilizar as persoas que estiveron estes días con ela pois, como decíamos anteriormente a proba da COVID foi negativa.


6 de octubre de 2020

A XERENCIA DE PONTEVEDRA-SALNÉS COMPROMÉTESE CO CONCELLO DE CAMBADOS


O xerente da Área Sanitaria Pontevedra-Salnés comprometeuse a solucionar varios asuntos pendientes co Concello de Cambados relativos ao Centro de Saúde da localidade. De feito algúns deles xa parece que teñen a solución. O primeiro que preocupaba ao goberno local era o tema das obras que se van a facer no Centro de Saúde, toda vez que as obras van afectar ao normal funcionamento do Centro. Quedou claro que o PAC ao funcionar de tarde-noite as obras desa parte executaranse pola mañá. E no Centro de Saúde como a actividade se desenrola de mañán todas as obras que se van a executar faranse por la noite.

Outro tema tratado foi o das citas e as colas que se están formando no Centro de Saúde. Aconséllase pedir as citas, e dado que o teléfono acostuma a estar bastante colapsado, a través do número de teléfono que funciona 24 horas, ou facelo través do servicio de internet. Tamén se vai a establecer unha primeira consulta telefónica para ver que síntomas ten o paciente para despois, dependendo da situación que teña cada un dos pacientes, se lle dará cita para un dia concreto. Sería desexábel que cada persoa que ten que acudir o fixese a hora que ten a programada é decir que no se vaia ao Centro de Saúde con media hora ou 40 minutos de antelación. Algo que acontecía na situación anterior á pandemia. E na que se podía ver o Centro ateigado de xente ao acudires moito tempo antes da cita a fin de evitar este tipo de situacións. Algo que desde a Xerencia da Área se quere evitar. E tamén na entrada, sobre todo coas condicións climatolóxicas que imos a ter cara o inverno.

Por outro lado había queixas pola falta de médicos. A día de hoxe hai catro médicos que por motivos de baixa médica, incluso alguna de longa duración e noutro caso por xubilacion, que non foron cubertas. É decir, de 9 medicos hai catro vacantes. Consultado tamén o xerente por esta situación, respostou que solicitou un informe para ver se alguna de estas vacantes e pódense cubrir inmediatamente. No caso dunha das baixas parece que está moi próxima alta e que será o propio médico quen se reincorpore a súa praza en días. Estas foron as resposta do Xerente da Área, Jose Ramón Gómez ao respecto.

Mañán haberá novas informacións sobre se se vai que levantar nalgún dos 5 concellos do Salnés as restriccións. Xa que agora reunirase o comité médico os martes e xoves polas tardes.